Arquivo da categoría: Reportaxes

Mosqueiro das Porras

Voltamos cun novo artigo da nosa sección “Historia”, desta volta vamos falar dos “mosqueiros”.

En Galicia todos sabemos da existencia de formacións rochosas cando menos “raras”. Nos montes da Toxiza, pertencentes ao lugar de Tronceda, Parroquia mindoniense dos Remedios, existen varias destas formacións, entre elas “Os Mosqueiros”, dos cales sobresae un entre todos, o “Mosqueiro das Porras”.

Unha obra de arte creada pola natureza, asentada no lugar de “As Porras”, que claramente, da nome a esta formación. Seguir lendo Mosqueiro das Porras

44 anos de historia: “Rapa das Bestas de Campo do Oso”

A Rapa das Bestas en Galicia existe dende fai séculos e é sobre todo un día de festa; os cabalos qeu se baixan ata o curro son todos cabalos galegos de monte, raza autóctona que conserva case intacta unha gran parte da súa pureza. Sen ser de cor castaño ou negro, cunha musculatura potente, de pouca alzada e dotados dunha gran enerxía.

Dende o ano 1.968, cada cuardo domingo do mes de xuño, celébrase unha destas rapas nos montes do “Campo do Oso”, na que se reunen centos de cabezas de gando cabalar, que durante todo o ano pastan libremente arredor do curro do citado lugar; a primeira rapa que se celebrou neste curro estivo amenizada polo cuarteto musical “Brisas del Masma”. Co paso dos anos o espectáculo vai en aumento chegando xa os grupos e as orquestras.

O curro de “Campo do Oso” atópase situado nas ladeiras do monte de Carracedo, próximo á estrada comarcal que comunica a poboación de Mondoñedo coa parroquia de Sta. María de Bretoña, pertencente ao concello de A Pastoriza. Seguir lendo 44 anos de historia: “Rapa das Bestas de Campo do Oso”