Arquivo da categoría: Homenaxe

Homenaxe a Cunqueiro

O próximo día 26 de febreiro, xoves, terá lugar na Cidade de Mondoñedo, a tradicional homenaxe a D. Álvaro Cunqueiro, polo aniversario do seu pasamento.

Este ano como de costume, haberá ofrenda floral na tumba do escritor, as 12 do mediodía, e a continuación lectura da súa obra, que iniciará, desta volta, o novo cronista da Cidade, Antonio Reigosa. Os actos fecharanse as 13 h, no Auditorio Municipal, cun concerto a cargo de César Morán.

cartel cunqueiro

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

“Miscelánea mindoniense” cumpre 4 anos

Se algún día precisades algún dato curioso, raro, descoñecido… sobre Mondoñedo, na súa maioría, ainda que tamén sobre outros lugares, o mellor sitio para atopalo é, sen dúbida, “Miscelánea Mindoniense“, o blog do mindoniense Andrés García Doural (ao que “Cultura e Ocio” xa entrevistou aquí).

Miscelánea Mindoniense, cumpre este domingo, día 27, o seu cuarto ano de vida. Catro anos cheos a reventar de información e curiosidades, sempre acompañadas de fotos e fontes de información, das que Andrés pescuda todos estes datos. Pero ademáis de datos históricos ou curiosos, no blog de Andrés tamén atopamos unha sección especial, adicada a unha das súas grandes afeccións, o fútbol. Andrés ofrécenos reportaxes sobre equipos do pasado mindoniense con fotos das aliñacións; tamén, nalgunha ocasión, se ten animado a comentar os partidos da actualidade futbolística de Mondoñedo.

Dende esta casa, queremos felicitar por esa gran labor a Andrés, e desexarlle que perdure por moito tempo. Ademáis darlle as gracias por todas as veces que ten colaborado con este blog, tanto con imaxes, como con textos.

@Candia_Marcos

I Premio de poesía “Leiras Pulpeiro”

O Concello de Mondoñedo deu hoxe a coñecer os gañadores do certame de poesía “Leiras Pulpeiro” que este ano celebra a súa primeira edición.

Con motivo do 100 aniversario do pasamento do ilustre Leiras Pulpeiro, o concello mindoniense instaurou este novo premio, para animar aos creadores e novos talentos no edio da poesía. Nesta primeira edición resultaron gañadores os seguintes participantes:

1º Premio: Xurxo Martínez González, coa súa obra “Nenia e Leiras Pulpeiro” dotado con 1.500,00 €.

2º Premio: Ramón Sandoval Pérez, coa súa obra “Cicatrices do insomnio” dotado con 600,00 €

3º Premio: Olalla López Barro, coa súa obra “O corpo indomábel” dotado con 300,00 €

A entrega de premios terá lugar o vindeiro día 9 de novembro as 12:30 h no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo. A data escollida para esta entrega esta enclavada dentro dunhas xornadas que se celebraran nesta cidade entre os días 9 e 11 de novembro, e que versarán sobre a figura de Leiras Pulpeiro. Unhas xornadas que contarán entre outros coa presenza de ilustres galegos no eido da cultra como: Ramón Reimunde, Xesús Alonso Montero, Armando Requeixo Cuba, Anxo Tarrío Varela, María Dolores Sánchez Palomino, Francisco Fernández Rei, Antón Meilán García o María Camiño Noia Campos ou Justo Beramendi González.

©Marcos Candia

V Xornadas do Peregrino

A fin de semana do 6 ao 7 do vindeiro mes de xullo, Mondoñedo acollera as “V Xornadas do Peregrino, homenaxe a Leiras Pulpeiro”.

Como xa ven sendo habitual, a “Asoc. Abrindo Camiño, de amigos do Camiño Norte de Santiago”, organiza estas xornadas do Peregrino, que este ano teñen un carácter especial, de homenaxe, cara a figura de Leiras Pulpeiro, como conmemoración do centenario do seu pasamento.

As xornadas inclúen dende visitas guiadas ao Centro Cultural da Alcántara, o Centro de Interpretación do Camiño Norte, a Basílica de San Martiño de Mondoñedo en Foz e outras, ata mesas redondas, coloquios e unha ruta turístico – cultural e etnográfica adicada ao propio Leiras Pulpeiro.

Toda a información sobre estos eventos, horarios, participantes das mesas e demáis podedes atopala nas seguintes imaxes (facendo clic nas mesmas podedes velas ampliadas).

Portada

Info interior

Contraportada

©Marcos Candia


“Que non calen os eidos!” Ciclo Cultural

O vindeiro 9 de novembro, cumpriranse 100 anos dun día marcado na historia de Mondoñedo e Galicia, 100 anos do pasamento de D. Manuel Leiras Pulpeiro (Mondoñedo 25/10/1.854 – 09/11/1.912), creador da famosa obra Cantares Gallegos (1.911), unha obra que ainda hoxe e texto de estudo.

Galicia recordou a Pulpeiro outorgándolle o día das Letras Galegas ala polo ano 1.983, e ahora é a súa cidade Mondoñedo, a que honrará, durante este ano, a súa histórica figura.

Como comezo destes actos, ven de presentarse por parte do Concello mindoniense, un ciclo cultural que baixo o nome Que non calen os eidos! tentará levar a maxia do teatro a todas e cada unha das parroquias da vila, en cada un dos locais sociais ou antigas escolas.

Estas escenificacións correran a cargo dos seguintes grupos:

  • O Bordelo (Cervo)
  • Ardora (San Cibrao)
  • O Batán (Cangas)
  • Raiolas(Alfoz)
  • A Adala (Fazouro)

Todas elas intrepetarán o espectáculo “As verbas do ramo” como xa deciamos, polas distintas parroquias de Mondoñedo; pero a 1ª actuación traera unha novidade, correra a cargo do grupo O Bordelo, e será en Oirán, o próximo 10 de xuño, alí a interpretación que se poderá ver será sobre a obra “R.I.P. Marandaina“, ao igual que o 28 de outubro en Curros; todas as restantes ata a final o día 9 de decembro en Estelo, serán da obra “As verbas do ramo”. Seguir lendo “Que non calen os eidos!” Ciclo Cultural