Arquivo da categoría: Leiras Pulpeiro

Luís González Blasco “Foz”, novo membro de Grupo Literario Leiras Pulpeiro

Na tarde de onte, arredor das 17 h, tivo lugar no cemiterio vello de Mondoñedo, e diante da tumba de Leiras Pulpeiro, o nomeamento de Luís González Blasco, coñecido popularmente como “Foz”, como integrante do Grupo Literario Leiras Pulpeiro, que conta xa nas suas filas con 27 compoñentes, amais de 9 en camiño. O mesmo asinou e confirmou a súa entrada neste grupo, sobre os restos do médico e poeta mindoniense. Un acto que rematou co aplauso e en hora boa do resto de membros alí presentes.

Logo deste acto no cemiterio mindoniense, os membros do grupo, e outros moitos chegados namentras a cidade episcopal, xuntáronse na sala de exposicións da Biblioteca municipal, para falar desta nova incorporación, oir as súas verbas e departir sobre o presente e futuro deste importante grupo literario e dos actos actos que desenrolaran no futuro.

Dende Cultura e Ocio queremos rematar este artigo cunha frase que resume o noso sentir:

D. Manuel Leiras Pulpeiro, foi un home, un home que practicou o ben, e grazas a el, hoxe e moitas outras veces, na súa cidade natal, xuntáronse, e xuntaranse, outros homes e mulleres, que fan o ben, e gostan de recordar, a quen como eles, tamén o fixo. Grazas por iso.

Marcos Candia

Cultura e Ocio © 2.013

VI Xornadas do Peregrino

Un ano máis, durante o mes de xullo, Mondoñedo vivirá as Xornadas do Peregrino, desta volta a sexta edición, que será os días 5, 6 e 7 do mencionado mes. Nesta edición, en Mondoñedo, contaremos con importantes persoeiros. Aparte o evento conta con diferentes actividades, entre roteiros turísticos, presentación de libros, mesas redondas, xantar campentres, proxeccións audiovisuais… Unha axenda ben coidada e con moitas actividades para non perderse. Podes descargar o tríptico nas seguintes imaxes, ou velo a maior tamaño facendo click nelas.

©Marcos_Candia

Leiras Pulpeiro, 100 anos despois

Esta pasada fin de semana celebráronse en Mondoñedo as “Xornadas Arredor de Leiras Pulpeiro“, como conmemoración ao 100 aniversario do seu pasamento.

Foron moitos os persoeiros da vida cultural galega os que se deron cita para honrar a memoria do “Médico dos Pobres” (sobrenome co que era coñecido Leiras Pulpeiro) en Mondoñedo.

Dende “Cultura e Ocio” queremos facernos eco da excepcional crónica sobre as xornadas que nos achega Armando Requeixo no seu blog.

©Marcos Candia

Xornadas arredor de Leiras Pulpeiro

Como xa adiantavamos cando falamos da entrega de premios do “I Concurso de Poesía Leiras Pulpeiro”, a cidade de Mondoñedo acollerá unhas xornadas sobre a figura do médico e poeta, Leiras, os días 9, 10 e 11 deste mesmo mes.

Ditas xornadas terán lugar na Casa da Xuventude do concello de Mondoñedo, e nelas participarán importantes persoeiros das letras e a cultura galega. Para poder participar nesta xornadas e preciso anotarse no Concello de Mondoñedo, xa sexa mediante o seu número de teléfono (982 524 003) ou enviando un mail a concellodemondonedo@yahoo.es, a matrícula e completamente gratuíta.

Nas seguintes imaxes tendes o cartel das xornadas, así como un díptico con todos os horarios e participantes de cada un dos actos, facendo click veredes as imaxes con maior tamaño.

©Marcos Candia

I Premio de poesía “Leiras Pulpeiro”

O Concello de Mondoñedo deu hoxe a coñecer os gañadores do certame de poesía “Leiras Pulpeiro” que este ano celebra a súa primeira edición.

Con motivo do 100 aniversario do pasamento do ilustre Leiras Pulpeiro, o concello mindoniense instaurou este novo premio, para animar aos creadores e novos talentos no edio da poesía. Nesta primeira edición resultaron gañadores os seguintes participantes:

1º Premio: Xurxo Martínez González, coa súa obra “Nenia e Leiras Pulpeiro” dotado con 1.500,00 €.

2º Premio: Ramón Sandoval Pérez, coa súa obra “Cicatrices do insomnio” dotado con 600,00 €

3º Premio: Olalla López Barro, coa súa obra “O corpo indomábel” dotado con 300,00 €

A entrega de premios terá lugar o vindeiro día 9 de novembro as 12:30 h no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo. A data escollida para esta entrega esta enclavada dentro dunhas xornadas que se celebraran nesta cidade entre os días 9 e 11 de novembro, e que versarán sobre a figura de Leiras Pulpeiro. Unhas xornadas que contarán entre outros coa presenza de ilustres galegos no eido da cultra como: Ramón Reimunde, Xesús Alonso Montero, Armando Requeixo Cuba, Anxo Tarrío Varela, María Dolores Sánchez Palomino, Francisco Fernández Rei, Antón Meilán García o María Camiño Noia Campos ou Justo Beramendi González.

©Marcos Candia