Arquivo da categoría: Lourenzá

A Tilleira (Lourenzá) en festas

Esta vindeira fin de semana o lugar de  A Tilleira, en Lourenzá, celebrará as súas festas de Santa Cruz 2.014.

A continuación reproducimos o cartaz das mesmas, facilitado pola Comisión, e no que observamos que as festas de Sta. Cruz contarán con importantes actuacións como a do humorista Pepo Suevos ou a cantante laurentina Patri da Silva. Estades todos invitados a acudir.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Concerto de acordeóns en Lourenzá

A Comisión de Festas de Santa Cruz 2.014, está xa a traballar nun novo evento, en colaboración co Concello de Lourenzá, ao que vos invitan a todos. Trátase dun concerto do Grupo de Acordeóns do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, dirixido polo laurentino Lino Rico, e con intérpretes dende os 8 ata os 80 anos; unha nova experiencia tamén para eles.

 

Será o vindeiro domingo día 27, as 20:00 h no Salón de Actos do Concello de Lourenzá.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

As fabas de novo protagonistas en Lourenzá

O Recinto feira de Lourenzá acollerá o vindeiro xoves 17 de abril a 1ª Festa de Fabas de Lourenzá con Callos.

Por un módico prezo de 12 € por persoa de forma anticipada nos locais colaboradores, e 15 € en taquilla, poderase degustar unha ración de fabas de Lourenzá con callos, unha ración de xamón galego ao corte, churrasco, criollo, postre, pan e bebida. Habará ademáis unha gran queimada co seu típico conxuro e café de pota. Ademáis por se fose pouco, estará a Discoteca móbil Cocoloko, haberá sorteos e bar con copas a 3 €.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Álbume fotográfico: Atlético Lourenzá – Muimenta

O Atlético Lourenzá, desputou este domingo 30, no campo de Santa Cruz, un importante partido, na súa loita pola permanencia na 1ª rexional lucense. Enfronte o Muimenta, que se adiantou no marcador, nunha xogada a contra, cecáis a única ocasión clara do equipo chairego. O Lourenzá dominou o balón case todo o tempo, pero non foi capaz de definir as moitas chegadas a área rival, incluso, na primeira metade, e xa co 0-1, os laurentinos marraron un penalti. Xa no segundo tempo, case o final do mesmo Moncho marcou o gol da igualada, e no último suspiro, xusto antes do pitido final o balón marchou a medio centrímetro da base do pao, da portería do Muimenta. Con este empate, e a falta de 5 xornadas o Lourenzá segue con opcións de salvación, vai ser moi difícil, pero non imposible, mentras existan opcións débese loitar por elas, asique moito ánimo.

Este blog, estivo presente no partido, e traevos unha galería de imaxes do mesmo, un choque, no que o Lourenzá mereceu moito máis. Para ver as imaxes, podedes facelo na seguinte presentación, ou ben, facendo click aquí, e accedendo directamente a nosa galería en Flickr.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014