Arquivo da categoría: Lourenzá

Álbume fotográfico: Entroido 2.014 Lourenzá

Se onte foi Mondoñedo co seu desfile de carnaval, no que aquí vos ofrecemos unha galería de imaxes, hoxe foi o turno de Lourenzá, que ofreceu a propios e visitantes un espectacular desfile con moito público e moitos disfraces, que acompañados dunha gran tarde de sol fixeron que este desfile se poida catalogar de excepcional.

Dende Cultura e Ocio, querémosvos ofrecer unha ampla galería, con máis de 80 imaxes do que foi este desfile en Lourenzá. Que podedes ver na seguinte presentación, ou facendo click aquí.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Lourenzá tamén tapea neste nadal

Se fai uns días era a Cidade de Mondoñedo a que presentaba o seu VII Concurso de Tapas e o Mercado Extraordinario, que tivo como gañador a o Bar Mini na tapa creativa por Pectum Maximus Mini Hibiscus Surprise, e o Bar Castro na tapa tradicional e de elección do público ambos por Carrilleira de Tenreira ao Viño Tinto; agora é o turno de Lourenzá que os vindeiros días 14 e 15, achéganos un perfecto cartel para pasar un fin de semana cos veciños laurentinos que sempre nos reciben cos brazos abertos.

Para este fin de semana, ademáis do roteiro de tapas, achegannos unha pulpada e churros, xogos populares e obradoiro de xoguetes ademáis do sorte de 500 € en vales de compra nos locais da ACIA laurentina.

Ao pe destas liñas achegamos o cartaz do evento para que anotedes nas vosas axendas esta saborosa cita na Vila veciña.

Marcos_Candia

Cultura e Ocio © 2.013

XXIII edición da Festa da Faba, Lourenzá 2.013

Un ano máis Lourenzá celebrará a vindeira fin de semana, os días 4, 5 e 6 a súa tradicional festa da Faba, un evento sinalado no almanaque festivo de Galicia e que enche de xente a vila laurentina. 

Cultura e Ocio recopila o cartaz do evento así como o díptico informativo onde se destacan todos os eventos que complementan esta festa,  tales como degustación de tapas con fabas nos locais de Lourenzá, exposicións, deporte, eventos musicais, e a festa do San Marcial. Ademáis sinalar que o pregoeiro da festa este ano, será o cociñeiro natal de Lourenzá Iago Castrillón, premio revelación do certame “Madrid Fusión”. O pregón terá lugar o sábado 5 as 12:00 h no quiosco da música.

Marcos_Candia

Culturaeocio © 2.013