Arquivo da categoría: Presentación

Polafía en Mondoñedo

A AELG propón visitar Mondoñedo cunha nova Polafía, que terá como tema central a figura de Manuela Rey. Nacida en Mondoñedo en 1842, esta actriz tivo unha carreira rápida e brillante, ata converterse nunha das principais figuras da interpretación en Portugal. Morreu de tifo cando o éxito máis lle sorría, con só 23 anos. Cando era unha nena pasa por Mondoñedo unha compañía dramática itinerante que se hospeda na fonda na que traballaba súa nai, viúva e con dez fillos. Manuela conquista aos comediantes que lle propoñen levala en adopción. Con só seis anos subiu aos escenarios recitando versos e facendo pequenos papeis. Imprimir

Aínda que hai outras versións da súa traxectoria, parece que Manuela chegou a Lisboa en 1856 formando parte dunha compañía de teatro ambulante. Pouco a pouco gaña prestixio. En 1859 xa figura nunha listaxe de biografías de actores e actrices destacadas de Portugal e Brasil que se ía publicar baixo o título Galería artística, da autoría de Machado, Andrade e Ferreira. Ademais de actriz, escribiu algunhas obras, así como cartas, escritos filosóficos e apuntamentos autobiográficos.

As polafías son un proxecto nacido en 2007, tamén da man da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e que, con coordinación de Antonio Reigosa, ten como obxectivo recuperar usos de creación musical e literaria de carácter popular, por medio dunha adaptación das antigas xuntanzas tradicionais (fiadas, polavilas, etc) aos tempos actuais, nos que os recursos técnicos permiten darlle un carácter estábel e con garantía de futuro á creación espontánea dos asistentes.

A principal diferenza, en canto ao desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova proposta é que agora nos axudamos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, ata o uso de internet, para conseguir unha ampla difusión deste patrimonio.

O formato das polafías require a presenza dun mantedor, divulgador ou especialista que introducirá e comentará as principais características das pezas e xéneros  literarios amosados; dun músico, que interpreta  romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Sen embargo, o elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada polafía constitúeno os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores…etc, son os veciños de cada lugar onde se desenvolve a polafía, pois eles son os auténticos protagonistas. O que sucede nas polafías é gravado, editado, catalogado e subido á web da AELG para a súa posta a disposición a toda a cidadanía. Moitas das visitas que recibe esta sección proceden da emigración.

(Antonio Reigosa)

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.016

Presentación do último número do xornal “Mondoñedo”

CONVOCATORIA

Lugar: Casa da Xuventude (Mondoñedo)

Data: 29 de xaneiro de 2016, ás 19:00 horas

O xornal ‘Mondoñedo’, editado desde 1987 pola Asociación de Amigos da Cidade de Mondoñedo culmina unha etapa coa presentación do último número editado baixo a dirección de Xosé Ruiz Leivas, quen preside a asociación e dirixe o xornal desde 2003.

Con tal motivo, as institucións, asociación e persoas que convocan este acto expresan o seu desexo de, ademais de facer a presentación pública deste número, render homenaxe e agradecemento a Xosé Ruiz Leivas, e aproveitar a ocasión para debater sobre un futuro posible para a prensa mindoniense.

Mondoñedo, cidade pioneira na implantación da imprenta en Galicia, onde se imprimiron títulos fundamentais para a historia deste país, onde se editaron máis de 50 cabeceiras de xornais e revistas de todo tipo, e outras moitas doutras vilas, e na que se contabilizan arredor dun cento de nomes de escritores e escritoras nacidos ou vinculados a Mondoñedo, non pode renunciar ao seu fecundo legado literario e xornalístico.

Actividades programadas:

19.00 h.- Presentación do último número do xornal ‘Mondoñedo’

Participan: Elena Candia López, alcaldesa de Mondoñedo; Antonio Reigosa, cronista oficial, Luís Fernández Ansedes, presidente da Asoc. “Abrindo Camiño” e coordinador da plataforma cidadá  “Comarca de Mondoñedo Unida”, e  Xosé Ruiz Leivas, presidente da Asoc. de Amigos da Cidade de Mondoñedo e editor-director do xornal ‘Mondoñedo’.

19.15 h.– Crónicas vivas: Parladoiro para evocar o pasado e propoñer un futuro para a información local. Desde os medios clásicos ás novas tecnoloxías.

Participan: Xosé Ruiz Leivas, editor e director do xornal ‘Mondoñedo’, Fran Bouso, profesor e colaborador habitual nos medios de comunicación, e Antonio Reigosa, cronista oficial de Mondoñedo, que fará as veces de moderador.

Durante o acto proxectarase “A liña das letras”, unha documentada revisión a través dunha liña do tempo da interacción entre os escritores e a prensa mindonienses desde mediados do s. XIX ata os tempos actuais, elaborada por Manuel Gago, Armando Requeixo e Javier Álvarez para culturagalega.gal.

Tamén participan colaboradores do xornal (Pedro Díaz, Xe Freyre, José Mª Palacios, Josechu Artiaga, Conce Agrelo, Jesús Chao Falcón, Andrés García Doural, Arturo Bello, Pepe de Noriega, Lorenzo Ares, J. Luis Fernández Queno, Hermes, Luciano do Monfadal …) que de seguro traerán á memoria a Ricardo Pedreira, primeiro presidente da Asociación e director do xornal, a Xosé Díaz Jácome, cronista oficial de Mondoñedo, entre outros.

Organiza: Plataforma  “Comarca de Mondoñedo Unida”

Colaboran: Asociación “Abrindo Camiño”. ACIAM. Amigos da Cidade de Mondoñedo. Circulo Recreativo Casino. Xuvenil “Xoldra”. Deportiva Mondoñedo Ciudad. Pais, nais e alumnado da Escola Municipal de Música. Grupo Literario “Leiras Pulpeiro”. Orfeón da Sociedade de Obreiros. Colectivo Mondoñedo É … Pais e Nais do IES San Rosendo AMOLOU.  Asoc. “As San Lucas” e o concello de Mondoñedo.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.016

Galicia Encantada cumprirá 10 anos

A web de referencia da mitoloxía galega, “Galicia Encantada, Enciclopedia da Fantasía Popular de Galicia”,  cumprirá no próximo mes de marzo a nada desprezable cifra de 10 anos na rede. 

Esta web ten un vínculo moi importante con Mondoñedo, que non é outro que Antonio Reigosa, actual cronista da Cidade, e principal artífice da web.

Para celebrar o aniversario veñen de renovar por completo a estética e organización da web. Con debuxos de Noemí López e novas seccións interactivas; amáis de mellorar as categorías de sempre coa axuda de “Desarrollos Lugonet”.XG00238501

Pero ahí non queda todo, xa que sae a luz o volume “Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías”; con ilustracións tamén de Noemí López e que publica Edicións Xerais de Galicia baixo a colección LibroX. O volume conta con 101 relatos de 52 autores distintos, entre os que destacan nomes como os do portugués Alexandre Parafita, o do brasileiro Romyr Conde, ou Antonio García Teijeiro, Marta Dacosta, Xabier López Rodríguez, Xabier P. DoCampo, Calros Solla, Rafa Quintía , Isidro Novo ou Adela Figueroa.

O libro conta con relatos de toda a xeografía galega, coa temática habitual da web, ademáis de dous poemas orixinais de Marta Dacosta e Antonio García Teijeiro, inspirados no lendario popular galego tradicional.

A primeira presentación do traballo terá lugar o vindeiro martes día 10, na libraría Trama as 19:30 h. 

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

Fala das Musas e outros poemas

O vindeiro venres 30 de xaneiro, dende as 20:30 h, Mondoñedo ten unha cita coa escrita galega, pois terá lugar a presentación do volume “Fala das Musas e outros poemas” de D. Daniel Pernas Nieto, baixo a edición do mindoniense Armando Requeixo.

O Acto terá lugar no Salón de Plenos da casa consistorial de Mondoñedo e nel intervirán:

  • Orlando González Cruz (Alcalde de Mondoñedo)
  • Valentín García (Secretaría Xeral de Política Lingüística)
  • Luís Alonso Giraldo (Director da colección Lancara)
  • Armando Requeixo (editor do libro)

FaladasmusasMondonedoMarcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

VII Xornadas do Peregrino “Abrindo Camiño”

Un ano máis, e xa van sete, Mondoñedo celebrará as “Xornadas do Peregrino, Abrindo Camiño”; será os días 4, 5 e 6 de xullo, cunha axenda chea de eventos e actos para todos os asistentes, con infinidade de colaboradores, charlas, música, paseos, visitas culturais…

Sen máis pasamos a reproducir o cartaz e o tríptico informativo do evento.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014