Arquivo da categoría: Presentación

Apostando por Mondoñedo

Mondoñedo, en pouco tempo, acaba de ver nacer tres novos conceptos que, ata o momento, non existían na nosa cidade. 

Primeiro foi unha tenda de intermediación comercial, “Tus Cosas“, na que se mezclan dous conceptos. Por un lado, un servizo de mediación, no que nos poñemos un artigo, e dende Tus cosas, ofrécense para facilitarnos a venta do mesmo, xa sexa na súa tenda, ou a través de catálogos on-line que suben a súa web ou as redes sociais; pero se iso fose pouco, Tus Cosas, tamén ten unha ampla oferta no sector informático, xa que dende fai un días, ofrece na súa tenda, os servizos que ata agora viña dando Mindonet, tales como reparación de pc´s, descargas de Internet, venta de consumibles, etc. Para contactar con Tus Cosas, podedes facelo a través da súa web, no teléfono 678240637, ou por mail tuscosas@hotmail.es.

Despois de Tus Cosas, e fai unhas semanas, aparece en Mondoñedo “Mundo Moda Sport”, unha tenda que nos convida a coñecer unha ampla oferta de productos, innovadora en Mondoñedo, xa que nun mesmo espazo, oferta roupa de home, muller, nenos, ocasións especiais como comunións e por outro lado roupa de sport e artigos deste tipo, como porterías, raquetas, balóns, ou outros complementos para todo tipo de prácticas deportivas, e todo elo nunha mesma tenda. Para poder contactar, dende Mundo Moda Sport ofrécennos un mail paulayrubencb@outlook.es, dous móbiles 610 341 316 e 674 848 635 ademáis do seu perfil en Facebook.

E por último, para completar esta nova oferta comercial en Mondoñedo, este mesmo sábado, tivo lugar a inauguración de “O Lar Máxico“, un local que nos da unha ampla oferta de animación, clube social e servizos de mantemento, onte teñen cabida nenos e maiores, e donde terán a mellor das atencións en cada momento, ofrecendo ademáis talleres, que neste mes de abril son: Taller de memoria, Taller de ximnasia de mantemento e Taller de pintura sobre tela. Para poder contactar con O Lar Máxico, tendes o número de móvil 687 122 533, o mail olarmaxico@hotmail.com ou o perfil en Facebook.

Mediación comercial e informática, roupa e deporte, animación cultural e servizos de entretemento; con todo isto Mondoñedo amplia a súa oferta, e Cultura e Ocio quere dende xa, desexarlle toda a sorte do mundo a todas e cada unha das persoas detrás destes proxectos, que apostaron por esta cidade e que a súa sorte será a nosa. Moito ánimo.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

A exposición “Nimbos de Luz” pasará por Mondoñedo

Estamos de cheo no ano de Xosé María Díaz Castro, que neste 2.014 verá como se lle adica o día das Letras Galegas. Un guitiricense que pasou parte da súa infancia estudando no Real Seminario Conciliar Santa Catalina de Mondoñedo.

Con tal motivo, creouse unha exposición, producida pola división Merlín Comunicacións de Galaxia, coordinada por Xosé Soutullo e patrocinada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que entre outras cidades estará tamén en Mondoñedo, no Real Seminario Conciliar Santa Catalina, no mes de agosto.

 

Dende o blog Criticalia, do crítico Armando Requeixo, a par que estudoso da Figura de Díaz Castro, e recente autor dunha tese doutoral sobre o mesmo, que lle mereceu a máxima calificación de académica de sobresaínte cum laude, podemos ver un Diario Díaz Castro, no que Armando, nos detalla a actualidade en torno a figura do autor Guitiricense, además ofrécenos tamén, información completa sobre a exposición “Nimbos de Luz“.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Crónica 3, o xornal da Mariña

Queremos presentarvos a web Crónica3, un xornal dixital sobre a Mariña Lucense.

Crónica3, atópase entre os medios de comunicación máisi importantes de Galicia, e leva informando dende o ano 2.008, situándose actualmento no posto 9 do Ranking Alexa das web´s informativas galegas.

Dende “Cultura e Ocio” queremos agraceder a Crónica3 a difusión deste blog, e do mesmo xeito animar aos nosos seguidores a visitar a súa web e informarse das novas da nosa comarca.

©Marcos Candia

I Premio de poesía “Leiras Pulpeiro”

O Concello de Mondoñedo deu hoxe a coñecer os gañadores do certame de poesía “Leiras Pulpeiro” que este ano celebra a súa primeira edición.

Con motivo do 100 aniversario do pasamento do ilustre Leiras Pulpeiro, o concello mindoniense instaurou este novo premio, para animar aos creadores e novos talentos no edio da poesía. Nesta primeira edición resultaron gañadores os seguintes participantes:

1º Premio: Xurxo Martínez González, coa súa obra “Nenia e Leiras Pulpeiro” dotado con 1.500,00 €.

2º Premio: Ramón Sandoval Pérez, coa súa obra “Cicatrices do insomnio” dotado con 600,00 €

3º Premio: Olalla López Barro, coa súa obra “O corpo indomábel” dotado con 300,00 €

A entrega de premios terá lugar o vindeiro día 9 de novembro as 12:30 h no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo. A data escollida para esta entrega esta enclavada dentro dunhas xornadas que se celebraran nesta cidade entre os días 9 e 11 de novembro, e que versarán sobre a figura de Leiras Pulpeiro. Unhas xornadas que contarán entre outros coa presenza de ilustres galegos no eido da cultra como: Ramón Reimunde, Xesús Alonso Montero, Armando Requeixo Cuba, Anxo Tarrío Varela, María Dolores Sánchez Palomino, Francisco Fernández Rei, Antón Meilán García o María Camiño Noia Campos ou Justo Beramendi González.

©Marcos Candia

Nova versión móbil da web

Estamos de estrea.

Cultura E Ocio traevos unha nova versión para dispositivos móbiles con sistemas operativos basados en interfaces táctiles.

Este versión está ao voso dispor cando accededes a web dende un móbil táctil; dita versión podedes desactivala. Para facelo tendes que navegar ata o final da páxina ahí veredes un botón que vos di: “Mobile Theme” desactivandoo volvemos a versión para ordenador. Podedes cambiar entre versións tantas veces como queirades, baixando sempre ata o fondo da páxina.

Aproveito esta ocasión, para dar as grazas a rede “Blogaliza.org” por darlle acollida a este blog en Internet, así como a WordPress, por fornecer as plantillas para a web e tamén para a versión móbil.

©Marcos Candia