Arquivo da categoría: Riotorto

Mercados de Riotorto

Riotorto, concello do centro da Mariña Lucense, deleitanos cada ano cos seus “Mercados de Productos ecolóxicos de temporada”.

Nesta mesma semana, concretamente o domingo 13, terá lugar un novo mercado, nesta ocasión o correspondente a tempada de primavera.

Estes mercados, supoñen unha excelente ocasión para mercar productos da terra, cen por cen frescos e ecolóxicos.

A continuación o cartel do evento para completar a información.

Tamén podedes entrar na web do Concello de Riotorto

©Marcos Candia


Cando o ferro é arte

Riotorto celebrará o vindeiro domingo 15 a “VI feira da artesanía do Ferro”.

 

O programa de actos non podería ser máis variado para esta xornada:

 

11.00 h – Apertura da feira

  • Artesanía dos Ferreiros de Riotorto, Obradoiro do Ferro Infantil, Artesáns, Obradoiros de Alfarería, Torneado de Madeira e Carbón Vexetal.
11.15 h – Pasarrúas a cargo da Charanga Aires do Padornelo (Mondoñedo)
  • Obradoiro de Alfarería a cargo de Os de Laura (Buño)
  • Obradoiro de Torneado en madeira a cargo de Jesús Iglesia (Riotorto)
  • Obradoiro de carbón vexetal a cargo do carboeiro Diego da Pasada (Ata as 17.00 h)
12.00 h – ACTO DE INAUGURACIÓN OFICIAL DA VI FEIRA DA ARTESANÍA DO FERRO e PREGÓN
  • Actuación musical dos Gaiteiros de Riotorto e do Coro Parroquial
12.30 h – DEMOSTRACIÓN EN VIVO da artesanía do Ferro:
  • Ferreiros de Riotorto, Ferreiros de A Fonsagrada, Enforjarte (Artesanía da Forxa artística de Pontevedra) e Alberto Leis (Ferreiro de Santiago de Compostela)
13.00 h – Animación de Rúa a cargo da compañía A Boneca Lareta co espectáculo “O Cego e o Lazarillo”

13.00 h – Obradoiro de ferro infantil, a cargo do ferreiro austríaco Friedich Brasmsteidl

13.30 h – Animación de Rúa a cargo de Volta e Dalle co espectáculo Buqueiras

17.00 h – Pasarrúas a cargo da charanga Aires do Padornelo (Mondoñedo)

  • DEMOSTRACIÓN EN VIVO da artesanía do Ferro: Ferreiros de Riotorto, Ferreiros de A Fonsagrada, Enforjarte (Artesanía da Forxa artística de Pontevedra) e Alberto Leis (Ferreiro de Santiago de Compostela)
  • Obradoiro de ferro infantil, a cargo do ferreiro austríaco Friedich Brasmsteidl
  • Animación de Rúa a cargo da compañía A Boneca Lareta co espectáculo “O Cego e o Lazarillo”
20.00 h – Actuación musical a cargo da BANDA DE MÚSICA DE SOBER
Durante toda a xornada:
Obradoiros – Alfarería de Buño – Torneado de Madeira – Carbón Vexetal
Carpa con degustación de Polbo e Comida
Organiza: 
Concello de Riotorto
Asoc. para a promoción social dos “Ferreiros de Riotorto” www.ferreirosderiotorto.com
Apoian:
Deputación de Lugo I Turismo
Deputación de Lugo Vicepresidencia Primeira Cultura
Montes e Vales, Grupo de Desenvolvento Rural
©Marcos Candia