Arquivo da categoría: Sen categorizar

3º ano na rede, GRACIAS

Durante estos días, este blog que estades a leer, cumprirá o seu terceiro ano de vida na rede, dende que foi ideado ala por febreiro de 2.012, é de ben nacidos ser agradecidos, e por iso, hoxe vos sodes os protagonistas desta entrada.

Todos os que día a día acudides a esta web para informarvos, leer as nosas novas, ver os cartaz, fotos de eventos, vídeos, entrevistas, relatos da historia… Etc; vos que xa sumades máis de 22.600 visitas, convertíndose este último ano, no récord, con máis de 9.000, todo un éxito, tendo en conta que nos dous primeiros anos, as visitas foran de 6.800 por ano de media.

Ese éxito, é voso, por darnos parte do máis valioso que temos, o tempo, un tempo que agardamos sexa do máis agradable leéndonos.3 anos

Especialmente damos as gracias a todos vos, pero tamén por suposto os nosos colaboradores, que non cesan no seu traballo diario con nos, Armando Requeixo, Antonio Reigosa, Andrés Doural, Fran Bouso, Zalo, Pepe de Noriega, Suso Robles, Acia de Mondoñedo e Acia de Lourenzá, asoacións locais de Mondoñedo e Lourenzá que contan con nos como medio informativo, e un longo etc…

Comeza pois a andaina do 4º ano, no cal procuraremos seguir mellorando e informando para todos vos, que sodes a nosa forza e ánimo para seguir día a día. Gracias por estar ahí.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

2º aniversario desta casa, a vosa casa

Tal día coma hoxe, no 2.012, este blog saía a luz, así pois, Cultura e Ocio cumpre dous anos na rede. Dous anos aos que chegamos con case 13.600 visitas, máis de 6.000 ao ano de media, toda unha honra para este humilde blog. Son xa, con este, un total de 218 os artigos publicados e máis de 600 fotos no noso álbume de Flickr, un álbume que ten case 50.000 visitas as súas instantáneas nestes dous anos.

Debemos dar as gracias, unha vez máis, a todos e cada un de vos por facer deste blog outro medio de comunicación máis no voso día a día. 

De xeito especial, este blog, da tamén as gracias a todos e cada un dos seus colaborades, que dun ou outro xeito traballan con esta casa, todos de maneira totalmente desinteresada:

  • Armando Requeixo, autor de Criticalia, que colabora con esta casa aportando os artigos da Etnografía Mindoniense de Lence Santar.
  • Andrés García Doural, autor de Miscelánea Mindoniense, que presta os seus traballos históricos de Mondoñedo e as súas xentes, e imaxes do seu arquivo, para esta casa.
  • Pepe de Noriega, autor de Os de Noriega, que cede traballos do poeta Noriega Varela para este blog.
  • Suso Robles, que colabora con esta casa facilitando os cartaz da maioría dos eventos da nosa cidade.
  • A Asociación Cultural O Pasatempo, que nos fai partícipes de todas e cada unha das súas actividades.
  • A Taxi Pepe Mondoñedo, que nos cede espectaculares imaxe da nosa cidade captadas nas suas viaxes de traballo.
  • A todos as web/blog que nos teñen enlazados ou falan desta casa nalgún dos seus artigos.  
Cultura e Ocio comeza, a partir de maña o terceiro ano na rede, un ano no que pretendemos seguir medrando e chegando a máis e máis xente, para que Mondoñedo sexa coñecido en todos os recantos deste mundo virtual e tamén do real.
Benvidos pois ao 3º ano de Cultura e Ocio.
Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Bo Nadal e Ventura para o 2.014

Chega o Nadal! E o 2.014 xa está a volta da esquina. Cultura e Ocio quere celebralo con todos vos, fai uns días era unha fermosa carta que compartía con nos o noso amigo Zalo, e agora traemos a nosa postal para este final de ano e videiro 2.014. 

Con esta queremos desexarvos un moi feliz Nadal e que o 2.014 cumpra todos os vosos desexos e soños. 

Ademáis de todo iso, queremos dar as gracias a todos os que estades ahí que nos leedes día tras día e que aumentades esta comunidade que supera xa, amplamente as 11.000 visitas.

Marcos Candia

Cultura e Ocio © 2.013

Día de Galicia

Hoxe 25 de Xullo de 2.013, debía ser un día de festa en toda Galicia, pero onte a tarde-noite, a ledicía da véspera do día grande de Galicia, converteuse en pena, tristeza, rabia e impotencia. Ainda a esta hora non é exacto o número de víctimas do tráxico accidente ferroviario acaecido nas inmediacións de Santiago.

Dende este humilde Blog, queremos solidarizarnos con todos e cada un dos familiares dos viaxeiros do tren accidentado, así como dar as grazas ao pobo galego, pola súa rápida resposta ante a necesidade, a todos os servizos sanitarios que están alí presentes, forzas de seguridade, voluntarios… A CRTVG pola súa espectacular cobertura da traxedia durante horas e horas de directo que continuan no momento de escribir estas liñas.

Do mesmo xeito, queremos recordarlle ao resto de canles televisivas nacionais que GALICIA EXISTE. Que non é normal que unha canle de emisión nacional, véxase Telecinco, A3, TVE, etc, non interrompa a súa programación habitual para dar cobertura a feitos deste tipo.

Ogalla feitos como este nunca tiveran ocorrido. Agora é o momento de apoiar e respetar a familiares e achegados das víctimas.

25 de xullo, día de Galicia, día da solidaridade dun pobo que demostra unha vez máis a súa HUMANIDADE e capacidade de esforzo.

ORGULLOSOS DE SER GALEGOS.