Semana Santa 2.016

Chega un ano máis a Semana Santa a Mondoñedo, que este ano ven marcada pola intención de conquerir para a mesma a catalogación de “Interese Turístico Galego“, para por así en valor as actividades que se levan a cabo durante a mesma na cidade mindoniense.

Deixamos aquí o cartaz da mesma, que comezará co pregón do sábado 19 as 21:00 h na Casa da Xuventude a cargo de D. José María Díaz Fernández, deán emérito da Catedral de Santiago.

As procesións comezarán o Domingo de Ramos as 11:30 h, dende a Igrexa de Santiago a Catedral de Mondoñedo, onde se celebrará a Misa de Paixón do Señor e Bendición de Ramos.

Os actos extenderanse ata o Domingo de Pascua, cando se celebrará as 12:00 h a misa de Resurrección na Catedral.

*Toda a información dos actos podes vela na web da Diócese de Mondoñedo-Ferrol.

Semana Santa, Mondoñedo
Cartel Semana Santa, Mondoñedo 2.016

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.016

4, 5 e 6 de marzo, o ruxir das motos chega a Mondoñedo

Un ano máis, e xa van 27 ediccións, a cidade de Mondoñedo vivirá a súa tradiccional concentración de motos, ben chamada “A Invernal de Galicia”. Este ano será os días 4, 5 e 6 de marzo, e contará como xa é habitual, cunha exhibición dentro do seu cartel, pero terá como novidade, un circuito de minimotos.

A continuación reproducimos o cartaz do evento, así como a nota de prensa cos horarios que nos achega a organización do evento.

12540793_1672117606393517_6958939515776173955_n
XXVII Concentración de Motos de Mondoñedo

INFORME DE ACTIVIDADES PARA O ANO 2016

VERNES, 04 MARZO

20:00: APERTURA DE inscripcións, con pinchos para os inscritos (tortilla, empanadas, xamón ibérico…) e boa música.

22:00: FECHE DE INSCRIPCIÓN.

SÁBADO, 05 DE MARZO

12:00: APERTURA DE INSCRIPCIÓN.

16:00 – 20:00 Mini circuito de Minimotos na Praza do Seminario.

17:00: EXHIBICIÓN acrobática , a cargo de Pol Stunt, Avenida de Bos Aires. 

18:30 – 19:30 Contrarreloxo no circuito de minimotos, con premio dun casco para o gañador, cedido por Motor Bike Lugo.

19:00 : Entrega de premios do concurso de debuxo na Praza da Catedral.

20:00: Desfile con antorchas dos participantes, polas rúas de Mondoñedo en memoria dos compañeiros caídos no camiño.

21:15: Cea no  Polideportivo Municipal Viñas da Veiga (feche de portas ás 21:40 para unha maior organización )

23:30 Comezo de festa verbena , amenizada polo Grupo TEKILA. Durante o resto da mesma levarase a cabo a entrega de premios e trofeos.
* Piloto más veterano
* Piloto máis xoven
* Piloto de máis lexos
*A piloto máis veterana
* A piloto máis lonxana
* A piloto máis xoven
* O grupo máis numeroso Galego
* O grupo máis numeroso non Galego

Domingo, 06 de marzo

10:00: Almorzo para os participantes rexistrados.

11:00: ruta turística pola cidade veciña de Vilalba. Contorno preciso combinado da ruta, horario, etc …., 

A volta da ruta está estimada para ás 13:30.
14:00: Xantar de despedida no Polideportivo Municipal Viñas da Veiga. (Feche de portas ás 14:30 para unha mellor organización)

IMPORTANTE:

*O importe da inscripción completa será de 30€ e 28€ para preinscriptos.

* Número de conta para preinscripcións: 0238 8159 54 0700109109 Banco pastor

* Será preciso enviar un correo electrónico con DNI e nome a : motoclub634@gmail.com para una mellor organización das preinscripcións. 

* Para participar na pinchada do venres será preciso avisar mínimo con unha semán de antelación.

*Cerraranse as portas da cea do sábado ás 21:40 para una mellor organización, e da mesma maneira ás 14:30 do domingo para o xantar.

*Para apuntarse na carrera de minimotos será preciso facelo na taquilla e cun prezo de 2€.

* Cualquera cambio no relatado con anterioridade, por problemas alleos a organización, será avisado o antes posible.

Para cualquera consulta motoclub634@gmail.com

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.016

Vespafaba & Clásicos, Lourenzá 2.016

 Este medio ten o pracer de dar en primicia o cartaz do que será a 2ª Edición do VespaFaba & Clásicos, que terá lugar en Lourenzá o día 1 de outubro deste 2.016.

Será unha concentración de vehículos clásicos ademáis de contar cunha ruta turística pola Mariña Lucense, e unha degustación de productos da zona, xa que este evento coincide coa celebración da Festa da Faba en Lourenzá, declarada de Interese Turístico Galego.

Este ano contará entre outras, coas seguintes entidades colaboradoras:

·Concello de Lourenzá

·Coop Terras da Mariña

·Fabas Maruxa

·Fabas o Pontigo

·Avésporas da Mariña

·Restaurante La Unión

·Mesón O Pipote

·Cafetería Galaxia

·Cafe Bar Cantón

·Cervecería O Recanto

·Cafetería Morrigan

·Cafe Puf Trasgu

·Cafe Bar Cabaleiros

·Café Bar Torreón

·Bar Pulperia O Pitero

·Panadería Otero

·Panadería Freire

·Panadería Neli

·Pastelería Cabaleiros

·Peluquería – Estética Reyes

·Librería Josgua 

·Gestión de Residuos Pitero

Dende a organización do evento desexan dar as gracias a todas estas entidades colaboradoras, así como a outras que desexan manter o anonimato.

Para máis información sobre o evento, inscribirse ou colaborar, podedes facelo a través da web de Facebook: “VespaFaba & Clásicos Lourenzá LU” ou no teléfono 689 008 073.

Cartaz do evento, cedido en exclusiva por Francisco Rivas Dasilva

Dende este blog queremos dar as gracias a Francisco Rivas Dasilva, por contar co mesmo como medio de difusión en primicia deste evento que se consolida no calendario de concentracións de clásicos na Mariña.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.016

Mondoñedo e Lourenzá, festexan o entroido

Achégase unha das datas máis festexadas na Mariña Lucense, o entroido, e as vilas de Mondoñedo e Lourenzá non serán excepción.

Na cidade episcopal o desfile de carnaval terá lugar o sábado día 13, polas principais rúas da cidade e como colofón na Praza da Catedral; onde o xurado determinará os premiados, que nesta ocasión, optan a preto de 5.000 € en premios repartidos en varias categorías.

Entroido Mondoñedo

Premios Mondoñedo

Pola súa parte a ACIA de Lourenzá organiza o desfile laurentino, para o domingo día 14 de febreiro; un desfile que este ano reparte tamén, preto de 5.000 € entre os seusparticipantes.

Domingo piñata Lourenzá

Bases Lourenzá

Dúas citas que debes marcar no teu almanaque, para non perderte.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.016

Presentación do último número do xornal “Mondoñedo”

CONVOCATORIA

Lugar: Casa da Xuventude (Mondoñedo)

Data: 29 de xaneiro de 2016, ás 19:00 horas

O xornal ‘Mondoñedo’, editado desde 1987 pola Asociación de Amigos da Cidade de Mondoñedo culmina unha etapa coa presentación do último número editado baixo a dirección de Xosé Ruiz Leivas, quen preside a asociación e dirixe o xornal desde 2003.

Con tal motivo, as institucións, asociación e persoas que convocan este acto expresan o seu desexo de, ademais de facer a presentación pública deste número, render homenaxe e agradecemento a Xosé Ruiz Leivas, e aproveitar a ocasión para debater sobre un futuro posible para a prensa mindoniense.

Mondoñedo, cidade pioneira na implantación da imprenta en Galicia, onde se imprimiron títulos fundamentais para a historia deste país, onde se editaron máis de 50 cabeceiras de xornais e revistas de todo tipo, e outras moitas doutras vilas, e na que se contabilizan arredor dun cento de nomes de escritores e escritoras nacidos ou vinculados a Mondoñedo, non pode renunciar ao seu fecundo legado literario e xornalístico.

Actividades programadas:

19.00 h.- Presentación do último número do xornal ‘Mondoñedo’

Participan: Elena Candia López, alcaldesa de Mondoñedo; Antonio Reigosa, cronista oficial, Luís Fernández Ansedes, presidente da Asoc. “Abrindo Camiño” e coordinador da plataforma cidadá  “Comarca de Mondoñedo Unida”, e  Xosé Ruiz Leivas, presidente da Asoc. de Amigos da Cidade de Mondoñedo e editor-director do xornal ‘Mondoñedo’.

19.15 h.– Crónicas vivas: Parladoiro para evocar o pasado e propoñer un futuro para a información local. Desde os medios clásicos ás novas tecnoloxías.

Participan: Xosé Ruiz Leivas, editor e director do xornal ‘Mondoñedo’, Fran Bouso, profesor e colaborador habitual nos medios de comunicación, e Antonio Reigosa, cronista oficial de Mondoñedo, que fará as veces de moderador.

Durante o acto proxectarase “A liña das letras”, unha documentada revisión a través dunha liña do tempo da interacción entre os escritores e a prensa mindonienses desde mediados do s. XIX ata os tempos actuais, elaborada por Manuel Gago, Armando Requeixo e Javier Álvarez para culturagalega.gal.

Tamén participan colaboradores do xornal (Pedro Díaz, Xe Freyre, José Mª Palacios, Josechu Artiaga, Conce Agrelo, Jesús Chao Falcón, Andrés García Doural, Arturo Bello, Pepe de Noriega, Lorenzo Ares, J. Luis Fernández Queno, Hermes, Luciano do Monfadal …) que de seguro traerán á memoria a Ricardo Pedreira, primeiro presidente da Asociación e director do xornal, a Xosé Díaz Jácome, cronista oficial de Mondoñedo, entre outros.

Organiza: Plataforma  “Comarca de Mondoñedo Unida”

Colaboran: Asociación “Abrindo Camiño”. ACIAM. Amigos da Cidade de Mondoñedo. Circulo Recreativo Casino. Xuvenil “Xoldra”. Deportiva Mondoñedo Ciudad. Pais, nais e alumnado da Escola Municipal de Música. Grupo Literario “Leiras Pulpeiro”. Orfeón da Sociedade de Obreiros. Colectivo Mondoñedo É … Pais e Nais do IES San Rosendo AMOLOU.  Asoc. “As San Lucas” e o concello de Mondoñedo.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.016