Arquivos da etiqueta: 3ª Rexional

A Previa: “Mondoñedo FC – SDC Roupar”

Hoxe sábado nova oportunidade para os homes de Hermelino de sumar os tres puntos en liza.

Mondoñedo FC – SDC Roupar

Sábado 19 as 16:30 h

Estadio Viñas da Veiga Mondoñedo

Visita Mondoñedo a SDC Roupar, actualmente 8º clasificado con 7 puntos, xusto a metade que o Mondoñedo que segue instalado na 1ª posición con 14 puntos.

O Roupar chega nesta 7ª xornada logo de 2 victorias (1-0 fronte ao Celta Barreiros e 1-2 na súa visita ao colista Cazás), 2 derrotas (na seu feudo fronte ao forte Abadín por 0-2 e tamén na súa casa contra o S. Antonio por 1-3), un empate (fronte ao Folgueiro por 1-1 tamén como locais) e unha xornada de descanso.

Falamos con Hermelino acerca do rival e coméntanos que ve o Roupar como un equipo moi bo, que sabe xogar e que o seu posto na clasificación non reflicte a realidade deste equipo. Sabedor o míster local de que os visitantes contan con 5 homes veteranos nas súas filas que lle dan o suficiente empaque como para telos moi en conta. Ademáis Hermelino contanos que é sabedor de que o Roupar perdeu algún partido sen merecemento para elo. Considerase este partido, como moi importante, ademáis de polo bo facer do rival, tamén para volver a sumar de tres en tres.

Seguir lendo A Previa: “Mondoñedo FC – SDC Roupar”

Empate con sabor a derrota

Hoxe domingo o Mondoñedo tivo un novo compromiso na súa andadura polo grupo 11 de 3ª rexional.

Os mindonienses visitaron o campo do Folgueiro, en Vicedo, e voltaron dalí cun so punto, un punto que sabe a derrota.

Na aliñación titular temos que salientar a falta de Miguel, por motivos persoais, a cal Hermelino reaccionou poñendo a Carro no centro da defensa, mandando a Álvaro a banda esquerda, e dando entrada no 11 inicial a Fabián, un Fabián que no descanso tivo que ser sustituído por problemas físicos, no seu lugar entraría Rosendo, xa recuperado da súa lesión e que desfrutou de novo de minutos. Seguir lendo Empate con sabor a derrota

A Previa: “UD Folgueiro – Mondoñedo FC”

Esta fin de semana o Mondoñedo FC afronta unha nova xornada de liga no seu grupo de 3ª rexional; desta volta o rival a batir será a UD Folgueiro.

UD Folgueiro – Mondoñedo FC

Domingo 14 as 16:30 h

Campo de fútbol: Boavista, O Vicedo (se vos queredes acercar a este campo tendes toda a información de como chegar facendo click aquí)

Novo enfrontamento contra un equipo da parte alta da táboa, mostramos un pequeno análise da UD Folgueiro: Seguir lendo A Previa: “UD Folgueiro – Mondoñedo FC”

O Mondoñedo deixa escapar os primeiros puntos, pero segue invicto

O Mondoñedo deixa escapar os primeiros puntos da liga, logo de empatar a 2 no seu partido desta xornada fronte ao Celta Barreiros.

Tarde de fútbol no Viñas da Veiga, partido de máxima rivalidade entre dous equipos que chegaban de xeito ven distinto ao choque, pero xa nos avisaba Hermelino na previa, que a clasificación do Barreiros non quería decir nada. Destacar tamén a baixa de última hora de Noly por precaución.

Comezou ben o partido para os locais, no minuto 6 Jacobo poñía o 1-0 tras unha boa xogada de equipo. A partir de ahí e durante os vindeiros minutos da 1ª parte o Mondoñedo tivo varias e boas ocasións para aumentar a súa vantaxe, daba a sensación de que ia ser un encontro tranquilo. Pero nada máis lonxe da realidade. O Barreiros neste 1º tempo chegou en dúas ocasións a área do Mondoñedo, ambas a contra pero non foi capaz de perforar a porta de Adrián. O partido estaba a ser vistoso, nunha tarde de temperatura agradable e cunha feble choiva. Así chegabamos ao descanso. Seguir lendo O Mondoñedo deixa escapar os primeiros puntos, pero segue invicto

“A Previa”: Mondoñedo FC – Celta Barreiros

Estreamos novo apartado no tocante a sección deportiva deste blog.

Dende esta xornada, e sempre que nos sexa posible, intentaremos ofrecervos “A Previa“, unha pequena entrada na que falaremos do próximo partido do Mondoñedo FC e do seu rival; nada máis ilustrativo que comezar coa primeira.

Mondoñedo FC – Celta Barreiros.

Sábado 6 as 16:30 h.

Maña sábado, volve o fútbol ao Viñas da Veiga; rinde visita ao líder do grupo 11 de 3ª rexional, nada máis e nada menos que o Celta Barreiros.

A este partido ambos equipos chegan en situacións ben distintas. Seguir lendo “A Previa”: Mondoñedo FC – Celta Barreiros