Arquivos da etiqueta: 3ª Rexional

O único destacable, os tres puntos

Nova xornada no grupo 11 da 3ª rexional, onde o Mondoñedo tiña unha difícil saída ao campo de 2º clasificado, o Novas Raices del Galdo

O partido desputado onte domingo no campo de Trasvías en Galdo, non foi nin de preto o mellor partido do Mondoñedo. 

Desde o principio do encontro ambos equipos buscaron o seu lugar sobre o céspede. O equipo mindoniense atopouse con un Galdo moi forte físicamente. Nestes minutos iniciais de tanteo foi o Mondoñedo o que golpeou a porta contraria, Noly deixou un balón franco a Ramallal que dun forte disparo e tras un rexeite marcou, o que a proste sería o único tanto do partido, transcorría o mín 12. Durante o resto da primeira parte foi un querer e non poder do Mondoñedo, chegaba a área rival pero faltaba a definición das xogadas, a mellor ocasión foi para Jacobo a saída dun córner botado por Noly, pero o porteiro local atallou sobre a liña de gol. Pola súa parte o Galdo basaba o seu xogo nos balóns en longo, nun destes e xa no min 35 Adrián porteiro do Mondoñedo foi providencial por dúas veces para salvar a ventaxe ao descanso. No último minuto deste período Noly dun certeiro disparo, frouxo pero moi ben colocado, mandou o balón ao pao. 0-1 fin da primeira parte, e unhas sensacións de superioridade que se reflectian no marcador, pero parecia que podían ser máis amplas. Seguir lendo O único destacable, os tres puntos

Contra vento e auga. Nova victoria do Mondoñedo

Onte domingo o Mondoñedo FC desputou o seu terceiro partido de liga, valedeiro para o grupo 11º da 3ª rexional de Lugo. En fronte estaba o Momán que chegaba a terras mindonienses coa necesidade de sumar tres puntos e non caer máis na taboa clasificatoria. 

Pero o Mondoñedo FC volve a sumar os tres puntos, e segue contando polo momento, todos os seus partidos como victorias. 3 partidos, 9 puntos e líder cada xornada máis sólido, iso sí os rivais veñen pisando forte por detrás a tan so 2 puntos. 

No partido de onte as condicións climáticas influíron moito, choiva incesante e forte vento que causaron serios problemas aos xogadores. A primeira parte transcorreu nun inicio cos dous equipos tanteándose e buscando o xeito de chegar a área rival, e así foi como no minuto 30 Alberto conseguia o primeiro tanto, adiantando ao Mondoñedo. Só lle durou a alegría aos homes de Hermelino 4 minutos, no 34 unha grave indecisión en defensa onde non foron incapaces de sacar o balón, foi suficiente para que o Momán puxera as taboas no marcador, 1-1 resultado co que se chegaría ao descanso.  Seguir lendo Contra vento e auga. Nova victoria do Mondoñedo

Mondoñedo FC, líder en solitario

Novo partido do Mondoñedo FC, nesta tempada, segunda xornada, e segunda victoria, seis puntos e moi boas sensacións.

Ainda é moi cedo para sacar conclusións, tan so se levan desputado dous partidos desta liga en 3ª rexional, pero non cabe duda que o Mondoñedo FC comezou con moi bo pé. Líder en solitario da liga tras dúas victorias, e unhas sensacións sobre o terreo de xogo cada vez mellores.

A víctima nesta segunda xornada foi o Codesido. Os homes de Hermelino visitaron a este complicado rival o domingo e voltaron cun claro 0-2 ao seu favor. Seguir lendo Mondoñedo FC, líder en solitario

Comezo da tempada para o Mondoñedo, FC

Hoxe domingo, comezou unha nova tempada para o equipo mindoniense, o Mondoñedo FC.

Os homes dirixidos por Hermelino, comezan unha nova andaina na 3ª rexional galega, e foi o Viñas da Veiga, campo municipal mindoniense, o que veu o estreo desta tempada. En fronte o Goiriz, equipo correoso e sempre difícil.

O partido rematou cos tres puntos no saco do Mondoñedo, logo do 3-2 final do marcador. Durante todo o encontro, o vento tivo un carácter protagista, xa que o conxunto que xogaba con el a favor tiña un punto extra. Así con este contratempo, chegou o primeiro gol visitante, o 0-1 no marcador sería obra do porteiro, sí do porteiro do Goiriz, que dende a súa propia área lanzou un disparo, que axudado polo vento se coou na portería mindoniense. Logo deste mal comezo, o Mondoñedo refíxose no marcador e logrou o empate a 1-1 no taboleiro, tras un remate de cabeza de Alberto; pero pouco durou a ledicia local do empate, xa que o Goiriz, nun rexeite dentro da área logrou de novo vantaxe, 1-2, este sería o marcador co que se chegaría ao descanso.

Xa na segunda metada, o Mondoñedo, tivo o vento do seu favor, e este foi un punto moi importante para o transcorrer dos minutos. Mediado este período o empate volveu ao marcador cun 2-2, de novo obra de Alberto. Con este resultado chegaríase ata o minuto 85 de partido, onde un erro en defensa do Goiriz, foi aproveitado polo mindoniense Jacobo, para poñer o 3-2 definitivo no marcador.

Deste xeito o Mondoñedo FC, empeza do mellor xeito posible a nova tempada, con tres puntos e unha boa imaxe diante dun difícil rival.

O próximo partido, será vindeira fin de semana, o Mondoñedo visitará a cancha do Codesido.


Agradecemento a “Diego García Carro” pola información facilitada

©Marcos Candia