Arquivos da etiqueta: A Previa

Mondoñedo FC, a penúltima final

Trala pasada fin de semana, na que o Mondoñedo FC derrotou por 6-0 a Cervo, e que con ese resultado, saíu dos postos de descenso a 3ª rexional, este vindeiro domingo, 13, e de novo no Viñas da Veiga as 17:00 h, ten a súa segunda final, na loita pola permanecia. Desta volta o rival é o San Román, equipo que o ano pasado acompañou ao Mondoñedo no ascenso de categoría, e que agora pelexa, igual que os mindonienses, por non volver a perdela.

Ao igual que pasou fronte o Cervo, este blog anímavos a todos a acudir ao Viñas da Veiga a animar aos nosos, e así conquerir un novo triunfo. Será o penúltimo partido. A liga rematará no campo do Cospeito o fin de semana do 26-27 de abril. 

#TODOSXUNTOSPODEMOS #FORZAMONDOÑEDO

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Mondoñedo FC, a loita pola permanencia

Faltan tres xornadas para que remate a liga regular na 2ª rexional grupo 7º, onde esta o Mondoñedo FC, que este domingo vive un novo choque, vital, na loita pola permanencia.

Será o domingo 6 as 17:00 h, no Viñas da Veiga, enfronte estará o pechacancelas da táboa o Cervo, que chega a capital do Masma sen nada que perder. 

Dende Cultura e Ocio, animamos a todolos mindonienses a presenciar este partido tan importante, e alentar os pupilos de Martín nesta recta final de liga. 

FORZA MONDOÑEDO

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

A Previa: Mondoñedo FC – SD Pol

A Liga chega ao seu fin. Mondoñedo e Pol, ambos ascendidos, xogaránse este domingo o título honorífico de campión da categoría. Será un partido entre os dous mellores da categoría tal e como indican os seus números, que cerrada unha das mellores campañas para o Mondoñedo FC.

Mondoñedo FC – SD Pol

Domingo 28 de abril as 17:00 h

Colexiado: D. Francisco García Pardo

Campo: Viñas da Veiga

A continuación reproducimos o cartel que o noso amigo Andrés Doural, deseñou para a ocasión. O título de campión en xogo.

Dende logo o partido ten todolos alicientes para converterse nun auténtico espectáculo futbolístico. O Mondoñedo que parte 2º fronte o Pol actual líder da categoría. Unha victoria mindoniense daríalles o título, o empate ou a victoria polense, levaría o campionato para a Terra Cha.

Analizamos, como todas as xornadas, o rival do Mondoñedo, desta volta, e a tenor dos números, un grandísimo rival como colofón a unha estupenda Liga.

O Pol marcha, como dicíamos, no primeiro posto da Liga, con 65 puntos, 2 máis que o Mondoñedo. Conta con 21 partidos gañados, 2 empates e 4 derrotas. 54 goles a favor, sendo así o 4º equipo máis anotador xunto co Barreiros e por detrás do San Román 55 goles, Abadín 57 goles e Mondoñedo, máximo anotador con 64. Pola contra encaixou 22 goles, sendo o equipo menos goleado da categoría, seguido neste senso polo Mondoñedo que encaixou 23 goles.

Os seus datos como visitante na Liga, arroxan un balance de 10 victorias, 1 empate e 3 derrotas. As victorias foron colleitadas en Galdo (1-3), San Antonio (1-2), Covas (0-1), Goiriz (0-2), Momán (1-2), Barreiros (0-1), Folgueiro (0-4), Roupar (0-1), Abadín (0-1) e Cazás (1-2); un empate en Folgueiro (2-2) e tres derrotas todas por 2-1 en San Román, Ourol e Codesido.

Destos datos como visitante destacamos que as tres derrotas do Pol se produciron nas tres primeiras saídas do campionato, nas posteriores o Pol non volveu a perder. Ademáis comentar, que dos últimos 30 puntos en xogo, o Pol fixo pleno, con 7 visitas e 7 victorias e 3 partidos como local e outras tantas victorias. Un aliciente máis para facer especial o partido deste domingo no Viñas da Veiga. 

Por outra banda, falamos con Hermelino sobre a actualidade do Mondoñedo e a preparación para este importante partido como colofón da Liga regular, Hermelino espera “un partido complicado, contra un equipo moi forte defensivamente e que xoga un contraataque rapidísimo. Pola nosa parte trataremos de contrarrestar o seu xogo e tratar de conseguir a victoria en base a unha boa defensa e fútbol combinativo como sempre”.

Para este encontro o míster do Mondoñedo conta con todo o seu plantel a excepción de Jesús que sentiu molestias durante os adestramentos da semana, Manuel por motivos persoais e Genito, que viu o 5º cartón amarelo no encontro co Ourol e cumpre sanción neste partido.

Deste xeito a convocatoria de Hermelino, está formada por 17 homes, a espera de que maña faga un último descarte antes do partido

Adrián – Fabián – Rosendo – Miguel – Pepe – Campovello – Alberto – Carro – Felipe – Noly – Juan – Lucas – Ramallal – Portela – Álvaro – Dani e Jacobo

©Marcos_Candia

A Previa: SD Ourol – Mondoñedo FC

Penúltima xornada de Liga para o Mondoñedo FC. Un Mondoñedo que xa conseguiu o seu ascenso matemático a pasada xornada diante do Praia de Covas. Agora o Mondoñedo debe pelexar por sen campión de grupo, para elo ten sumar, polo menos, un punto máis que o Pol, 2º na clasificación empatado cos do Viñas da Veiga; podería valerlle ao Mondoñedo tamén o empate a puntos cos polenses, pero neste caso, so se na última xornada o Mondoñedo gaña ao Pol, que visitará o Viñas da Veiga, por unha diferencia superior aos tres goles (na 1ª volta, o Pol venceu no seu campo ao Mondoñedo por 3-0).

SD – Ourol – Mondoñedo FC

Domingo 21 de abril as 17:00 h

Colexiado: D. Abraham Vázquez Alemparte

Campo: “O Coto”, Ourol. Se queres animar ao Mondoñedo na súa pelexa polo campionato, aquí tes toda a información de como chegar.

O Mondoñedo, xa é felizmente equipo de Segunda Rexional, para a próxima tempada. Pero quedan ainda 2 xornadas do actual curso, onde como diciamos, o Mondoñedo xógase a praza de campión de Liga. Nesta xornada visitan a difícil cancha da SD Ourol.

O Ourol marcha 6º na Liga, clasificado xa matemáticamente para o Play Off de ascenso. Ten 48 puntos, colleitados tras 14 victorias, 6 empates e outras tantas derrotas. No seu haber conta con 47 goles a favor e 32 en contra, sendo así o equipo con menos goles a favor, e máis en contra, dos seis primeiros.

Na primeira volta, o Ourol sucumbiu por 5-1 no Viñas da Veiga. Sendo así o Mondoñedo, o único equipo, esta tempada, que conseguiu marcarlle máis de 4 goles ao Ourol. Un Ourol que está nunha traxectoria descendente; comezou moi ben a liga, sumando 15 dos primeiros 18 puntos en xogo para eles, sen embargo dos últimos 6 partidos so sumou os tres puntos en tres deles, empatando outros dous diante equipos teóricamente “inferiores” e deixándose os tres puntos diante do Abadín, rival directo no Play Off.

Como local o Ourol sumou 8 victorias, 2 empates e 2 derrotas, que pasamos a detallar. Gañou fronte o Pol (2-1), Codesido (5-0), Galdo (2-1), San Antonio (3-2), San Román (4-2), Praia de Covas (4-2), Goiriz (3-1), Celta Barreiros (2-1) e Roupar (3-1). Empatou fronte o Abadín (1-1) e o Cazás (2-2). E sufrio as 2 derrotas diante do Folgueiro e o Momán (ambas 1-2).

Se analizamos, rápidamente, os seus datos como local, atopámonos con que ningún equipo da zona alta da Liga foi quen de gañar en “O Coto”, onde tan so o Abadín (5º) sumou un punto, caendo derrotados o Pol (2º), o San Román (3º) e o Celta Barreiros (4º).

Será pois un partido complicado para o Mondoñedo, que xa xogara coa relaxación de saberse ascendido antes do partido, pero tamén coa tensión de lograr o campionato de Liga.

Hermelino para este partido non pode contar con varios homes. Alberto que segue sancionado. Jacobo que non está recuperado da súa lesión. Juan e Manuel que por motivos persoais non poden estar nesta cita. Tampouco conta o míster con Ramallal por decisión técnica. Deste xeito a convocatoria para este partido queda do seguinte xeito:

Adrián – Rosendo – Fabián – Miguel – Pepe – Genito – Álvaro – Felipe – Lucas – Campovello – Carro – Noly – Portela – Jesús e Dani

©Marcos_Candia

A Previa: Mondoñedo FC – AD Praia de Covas

Esta, como sabedes non é unha previa como as de sempre, é especial, e este factor ESPECIAL, dallo o traballo dos xogadores do Mondoñedo e de Hermelino, ao longo de toda esta tempada, o encontro desta fin de semana, pode supoñer o ascenso de categoría do Mondoñedo FC.

Mondoñedo FC – AD Praia de Covas

Domingo 14 de abril as 17:00 h

Colexiado: D. Juan Carlos Polo Fernández

Campo: Viñas da Veiga (SÚMATE ANIMAR AO TEU EQUIPO)

Como vimos decindo, se o Mondoñedo suma tres puntos estará xa na 2ª rexional, pero para iso, é preciso, gañar a un moi bo equipo a AD Praia de Covas. Un equipo de xente moi nova, con moitas gañas e que, sobre todo no seu feudo, xoga un gran fútbol, moi limpo e rápido. A pesar de todo isto o Praia de Covas aparece no posto 14º da clasificación, penúltimo, con 20 puntos tras 5 victorias, 5 empates e 16 derrotas. Conta con 36 goles a favor por 66 en contra. Dos últimos 30 puntos en xogo logrou 9. Antes da súa estatística como visitante, comentar que o Praia de Covas no partido da 1ª volta contra o Mondoñedo, caeu derrotado no seu feudo por un axustado 0-1, tras un golazo de Noly nos últimos minutos dun partido que estivera moi igualado.

O Praia de Covas visita Mondoñedo con estos antecedentes fora do seu feudo esta tempada: 2 victorias (en Momán 2-3 e en Cazás tamén por 2-3), 1 empate (en Folgueiro 3-3) e 9 derrotas (Pol 3-2, Codesido 1-0, Galdo 3-1, Abadín 6-0, San Antonio 3-1, Ourol 4-2, Goiriz 5-0, Barreiros 6-1 e Roupar 3-1).

A pesar destos datos, e insistindo na xuventude, gañas e actitude do Praia de Covas, seguro que non llo pon nada fácil ao Mondoñedo e que virá a por todas ao Viñas da Veiga.

Falamos co míster do Mondoñedo, Hermelino, que ademáis de facilitarnos a convocatoria, deunos tamén as súas impresións de cara a este importante partido. “Tivemos unha boa semana de adestramentos, con moito ánimo e mentalización para non despreciar ao rival, polo que agardo que a euforia que se vive na xente, se note o menos posible no campo, agardo que todo discorra con normalidade”. O míster, precavido coma sempre nas súas palabras, deixa entrever a mentalización dos seus homes. En canto a lista de convocados, cáense da mesma Lucas e Juan por decisión técnica, Jacobo por lesión e Alberto que segue sancionado. Deste xeito os 16 xogadores que estarán maña dispoñibles son:

Adrián – Álvaro – Pepe – Miguel – Genito – Noly – Ramallal – Jesús – Carro – Portela – Manuel – Fabián – Rosendo – Felipe – Campovello e Dani

©Marcos_Candia