Arquivos da etiqueta: A Previa

A Previa: CD San Román – Mondoñedo FC

Tan so lle quedan ao Mondoñedo 4 partidos para rematar a liga regular na 3ª regional, 4 finais, a pesar de ser líder ou colíder dende a 1ª xornada o Mondoñedo ainda non ten asegurado o ascenso directo.

CD San Román – Mondoñedo FC

Domingo 7 de abril de 2.013 as 17:00 h

Campo: “A Cha” San Román (se queres saber como chegar fai click aquí)

Colexiado: Adrián Álvarez Ignacio

O Mondoñedo con un total de 56 puntos de 72 desputados polo momento, como deciamos, non ten asuguro o seu ascenso directo, da fe, este dato, da igualdade que se vive na parte alta da táboa, co Pol no 2º posto empatado a puntos co Mondoñedo pero co gol average xeral en contra (recordemos que na ida entre estos dous equipos o Pol venceu por 3-0 ao Mondoñedo, en caso de empate a puntos o final da liga o Mondoñedo debería remontar este gol average particular para estar por enriba do Pol), 3º é precisamente o San Román con 55 puntos a tan so un do Mondoñedo e 4º está o Abadín con 50 puntos a 6 dos mindonienses.

O Rival do Mondoñedo nesta xornada, o San Román, a pesar de estar a tan so un punto, non se pode permitir un tropezo de ningún tipo, xa que so lle restan tres partidos por xogar, ainda debe descansar e farao na próxima xornada, co cal para o Mondoñedo colleitar algún punto en San Román sería moi importante de cara ao ascenso directo. Vexamos as estatísticas do rival desta xornada.

55 puntos, 17 partidos gañados, 4 empatados e outros tantos perdidos, 52 goles a favor sendo así o 3º equipo máis goleador da categoría por detrás do Mondoñedo (58) e do Abadín (56) e seguido polo Barreiros (49) e 27 en contra, son os números do San Román o que vai de Liga; estos números como local quedan así: 9 victorias, ningún empate e 2 derrotas.

As súas victorias na casa foron fronte o Pol (2-1), Codesido (3-1), Folgueiro (6-0), San Antonio (5-0), Goiriz (1-0), Momán (2-0), Celta Barreiros (2-1), Roupar (3-1) e Cazás (4-1); non conta con ningún empate como local e caeu en dous partidos, foi fronte o Galdo (1-2) e o Abadín (2-3).

Destacar destes datos como local as súas victorias fronte o Pol 2º clasificado ou o Celta Barreiros 5º actualmente. A derrota recibida fronte o Galdo, significou a 1º en Liga e chegaria na 5ª xornada, pola súa parte a recibida fronte o Abadín foi na 9ª xornada; dende aquela o San Román gañou todos os partidos que desputou no seu feudo, un total de 6 facendo así 18 puntos como local nestes partidos. Ademáis outro importante dato, é que o San Román, actualmente, leva unha bagaxe de 27 puntos sobre 30 posibles nas últimas xornadas, perdendo os 3 restantes fronte o Abadín, no feudo deste último, fai tres xornadas por un marcador de 4-1.

Será unha dura pedra de toque para os homes de Hermelino, de cara as súas aspiracións ao ascenso directo, ainda que calquera resultado que se puidera dar, non sería definitivo, xa que o San Román debe descansar a próxima xornada, pero voltar con algún punto podería ser un paso vital ao final. Deste partido, como en todas as xornadas, Hermelino deunos a súa oponión e tamén nos facilitou a lista de homes dispoñibles e convocados para o choque.

En canto ao partido, o preparador mindoniense, considerao de “vital importancia para ambos equipos, un partido no que ninguén querera caer derrotado polo que unha derrota poría supor para o seu futuro”. Hermelino dinos que os seus homes “están con gañas e mentalizados, polo que son optimista e espero acadar un resultado positivo, ainda recoñecendo a dificultado do partido”.

Será pois, como adiantabamos, un partido de poder a poder, entre duas escadras que buscan subir unha categoría de cara a próxima tempada.

Para este duro enfrentamento, Hermelino ten tres baixas sensibles, Alberto por sanción e Jacobo e Fabián por sendas lesións; o míster deixou fora da lista a Lucas por decisión técnica. Polo tanto os homes que viaixan a San Román para este importante partido son os seguintes:

Adrián – Rosendo – Miguel – Campovello – Pepe – Álvaro – Genito – Carro – Noly – Felipe – Jesús – Juan – Dani – Portela – Ramallal e Manuel.

©Marcos_Candia

A Previa: Mondoñedo FC – SDC San Antonio

Este sábado o Mondoñedo FC ten outro importante partido de cara a súa pelexa por ascender a segunda rexional. Con este quédanlle tan so 5 partidos por xogar, e o segundo en liza na táboa, o Pol, está a tan so 3 puntos de distancia.

Mondoñedo FC – SDC San Antonio

Sábado 16 de marzo as 16:30 h

Árbitro: D. Abraham Vázquez Alemparte

Campo de fútbol: Viñas da Veiga, Mondoñedo

O Mondoñedo afronta o partido deste sábado xusto antes de desfrutar da súa xornada de descanso nesta segunda volta. A victoria faise moi importante para os homes de Hermelino, xa que o Pol, 2º clasificado, está a tan so 3 puntos, e de gañar esta fin de semana e a próxima, igualaría o Mondoñedo na clasificación en caso de gañar este partido.

O San Antonio rival deste sábado, marcha 10º na táboa, analizamos os seus datos na nosa estatística.

O San Antonio, como decíamos marcha 10º na liga, tras 22 partidos, con 24 puntos colleitados en 7 victorias e 3 empates, pola contra sufríu 12 derrotas. Ten 30 goles ao seu favor por 49 en contra.

Analizamos os seus datos como visitante nesta liga, onde gañou 3 partidos, empatou outros 3 e perdou 5. As súas victorias foron en Roupar (1-3), Goiriz (2-3) e Novas Raíces de Galdo (0-1), todas pola mínima e contra equipos da parte media-baixa da táboa. Sacou tamén tres empates en Momán e Barreiros ambos por 1-1 e en Folgueiro por 2-2; destacar aquí o seu empate no campo do Celta Barreiros, terreo que ata a pasada xornada permanecía imbatido, no último partido o Pol rachou esa xeira dos barreirenses no seu feudo, impoñéndose por 0-1.E por últimos as derrotas do San Antonio como visitante en: Cazás (2-0), San Román (5-0), Ourol (3-2), Codesido (3-0) e Abadín 4-0. Ademáis o San Antonio chega fresco a este partido, tras descansar a pasada xornada. No partido da primeira volta, o Mondoñedo impuxérase en Lugo por 1-5.

Pola súa parte o Mondoñedo despois deste partido terá duas semanas sen fútbol, a xornada de descanso xa comentada, e a Semana Santa, na cal a competición na 3ª rexional sofre un parón. Dada esta xornada de descanso, e como xa indicamos, os tres puntos deste partido serían moi importantes para manter a distancia co Pol, e que como moito, que na próxima xornada igualen a puntos cos de Hermelino. Tamén cabe destacar, que en Semana Santa, a pesar do parón na 3ª rexional, haberá un partido, o San Román – Goiriz, aprazado no seu día polo temporal. De gañar os seus partidos o San Román, quedaría a un so punto tamén do Mondoñedo. Precisamente este, será o proximo rival do Mondoñedo na volta a competición en abril.

Falamos con Hermelino sobre este partido, do cal nos comentou a importancia do mesmo, no que non se poden permitir ningún erro, tentarán levarse a victoria sempre desde o respeto o rival e sabedores do bo fútbol que desenrolan. Tamén o míster facilitounos a convocatoria para este choque que é a seguinte:


Adrián – Álvaro – Fabián – Campovello – Miguel – Alberto – Genito – Juan – Lucas – Felipe – Carro – Noly – Ramallal – Portela – Jacobo e Manuel

©Marcos_Candia

A Previa: SD Cazás – Mondoñedo FC

Importante partido o que terá este domingo o Mondoñedo na súa visita a Terra Cha. En fronte esterá o Cazás, colista do grupo con 11 puntos. Partido clave nas aspiracións polo ascenso directo do Mondoñedo que non pode fallar, e máis nunha xornada que se presenta con dous duelos directos entre equipos da zona alta da táboa.

SD Cazás – Mondoñedo FC

Domingo 10 de marzo as 16:30 h

Árbitro: D. Jesús Adán Gallego

Campo: Catro Ventos en Cazás. (Se queres animar o Mondoñedo fai click aquí para saber como chegar)

Logo da victoria na pasada xornada do Mondoñedo FC fronte o Abadín por 1-0, nun interesantísimo partido, nesta xornada os mindonienses renden visita ao colista da táboa a SD Cazás. Un partido que se presenta vital, no que non se pode fallar, para facer boa a victoria fronte o Abadín. Ademáis nesta xornada terán lugar dous partidos entre rivais directos do Mondoñedo na loita polo ascenso, por un lado maña sábado no Cascabeiro xogarase o Barreiros – Pol, e o domingo, compartindo horario co partido do Mondoñedo, xogarán no municipal de Abadín, o equipo local fronte o San Román. De gañar o seu duelo o Mondoñedo, e sexa cal sexa os resultados dos outros partidos, terá dado un importante paso cara a meta final do ascenso.

En canto o rival, e coma sempre, mostrámosvos unha gráfica comparando os seus partidos como local e visitante na que se pode ver as súas victorias, empates e derrotas.

Trala desputa de 21 partidos o Cazás marcha no posto 15º da Liga, colista, con 11 puntos, tras 3 victorias (todas como local), 2 empates e 16 derrotas. Marcou 27 goles e encaixou un total de 59 a cifra máis alta da categoría. No partido da primeira volta entre ambos equipos, no Viñas da Veiga, o resultado final fora de 6-0, sendo así a maior derrota sufrida polo Cazás no que vai de tempada.

Analizamos máis polo miúdo os datos do Cazás como local. No seu feudo conseguiu as tres victorias que ten na clasificación, e foron fronte o San Antonio (2-0), SD Goiriz (2-1) e Folgueiro (5-3). No seu campo non sumou ningún empate e o resto dos partidos (7) foron derrotas fronte: Momán (1-4), Barreiros (2-3), Roupar (1-2), San Román (2-3), SD Ourol (0-2), Galdo (2-3), Abadín (1-2). Destas derrotas na súa cancha cabe destacar os partidos cos equipos da zona alta, como se observa, excepto o Ourol (0-2), todos gañaron pola mínima, Abadín 1-2, e Barreiros e San Román por 2-3 ambos. Agarda pois ao Mondoñedo un difícil partido, nun campo, quizais o máis pequeno da categoría e ante un rival que nada ten que perder.

Falamos como en todas as xornadas, co míster do Mondoñedo, Hermelino. O preparador mindoniense fálamos da “obriga de gañar este partido para facer bos os tres puntos colleitados diante do Abadín. Visitamos Cazás con ánimos renovados e coa intención, ainda recoñecendo as dificultades que entraña o partido e con todolos respectos para o rival, de acadar un resultado positivo. O equipo está motivado e concienciado da importancia destes últimos encontros e saben que teñen que dar un “plus” máis”.

Do mesmo xeito Hermelino facilitounos a lista de xogadores que viaxan a Cazás, na que non están Genito, Lucas e Felipe por motivos persoais. Deste xeito, Hermelino leva un total de 17 futbolistas, dado que algún esta con molestias, a espera de descartar a un, para a convocatoria final de 16 xogadores.

Adrián – Álvaro – Pepe – Miguel – Ramallal – Jesús – Carro – Jacobo – Portela – Alberto – Manuel – Fabián – Juan – Rosendo – Dani – Campovello e Noly

©Marcos_Candia

A Previa: Mondoñedo FC – Abadín CF

Interesante partido o desta xornada para o Mondoñedo FC. Logo de sumar 5 puntos dos últimos 12 posibles, os do Viñas da Veiga reciben a un sempre difícil Abadín, claro candidato ao ascenso, e que chega a este partido a tan so catro puntos do Mondoñedo.

Mondoñedo FC – Abadín CF

Domingo 03 de marzo as 16:30 h

Árbitro: D. José Luis Hernández Mouzo

Campo: Viñas da Veiga, Mondoñedo

Mondoñedo e Abadín mediran forzas nun duelo de máxima rivalidade. 1º contra 3º cunha diferenza de tan so 4 puntos entre eles, e co Abadín que xa descansou nesta segunda volta. No primeiro terzo da liga este mesmo partido rematou 3-4, sendo así, ata o momento, a única derrota do Abadín no seu campo.

Terceiros clasificados con 43 puntos, tras 20 partidos repartidos en 13 gañados, 4 empatados e 3 derrotas; 47 goles a favor e 22 en contra. Repasamos os datos, do rival mindoniense desta xornada na nosa estatística.

O Abadín como visitante conta cuns números que poden asustar a calquera con 7 victorias, 2 empates e outras 2 derrotas. As súas victorias colleitounas en Roupar (0-2), San Antonio (1-3), San Román (2-3), Goiriz (1-3), Momán (0-2), Galdo (0-1) e Cazás (1-2); os empates foron fronte o Ourol e o Folgueiro ambos por 1-1; e as súas derrotas en Pol por 2-1 e en Barreiros por 3-0, ambas fronte a  equipos da parte alta da táboa, que pelexan polo ascenso. 

Pola súa parte o Mondoñedo chega a esta xornada como líder, pero con tan so 3 puntos de renda sobre o segundo clasificado, o Pol, que ademáis xa desfrutou da súa xornada de descanso nesta segunda volta ao igual que, como xa comentamos, o Abadín. O Mondoñedo descansará dentro de 3 xornadas, logo deste partido co Abadín deberá visitar Cazás e recibir o San Antonio antes do descanso.

Hermelino, unha semana máis falounos da actualidade do Mondoñedo. Un equipo mindoniense que marca este partido como moi importante, tanto pola clasificación como pola entidade do rival, un equipo sumamente difícil e competitivo ao que trataran de responder con ilusión e fútbol para tentar conquerir a victoria. Ademáis o míster facilitounos a lista de convocados para este partido da que se caen Álvaro por lesión e Genito, Lucas e Dani por decisión técnica. Pola contra volta a convocatoria Pepe, trala súa sanción, e Campovello, por segunda xornada, tras un mes apartado do equipo por motivos persoais. Deste xeito os xogadores convocados para este encontro son:

Adrián – Rosendo – Fabián – Miguel – Pepe – Campovello – Alberto – Carro – Felipe – Noly – Juan – Ramallal – Manuel – Portela – Jesús e Jacobo

©Marcos_Candia

A Previa: SDC Roupar – Mondoñedo FC

Trala victoria na pasada xornada fronte o Folgueiro por 2-0, o Mondoñedo volveu a sumar os tres puntos tras duas xornadas nas que un empate co Galdo e a derrota fronte o Barreiros foran os protagonistas. Nesta xornada os de Hermelino visitan o campo da SDC Roupar, 12º clasificado. Na 1ª volta este partido reflectira un claro 4-1 para o Mondoñedo no Viñas da Veiga.

SDC Roupar – Mondoñedo FC

Sábado 23 de febreiro as 16:15 h

Árbitro: D. Jorge Fernández Iglesias

Campo: “Novo de Roupar” (se queres animar ao Mondoñedo, mira aquí como chegar)

Os da Terra Cha, chegan a este partido 12º clasificados con 15 puntos tras 19 partidos. Colleitados en 4 victorias, 3 empates e 12 derrotas. Cunha bagaxe de 15 goles a favor por 29 na contra.

No seu feudo o Roupar xogou un total de 7 partidos no que vai de Liga. 2 victorias (1-0 fronte o Celta Barreiros e polo mesmo resultado fronte o Cazás), 3 empates (1-1 fronte o Folgueiro, mesmo resultado fronte o Ourol e 0-0 co Goiriz) e 4 derrotas (0-2 co Abadín, 1-3 co San Antonio, 0-1 co San Román e 1-2 co Momán).

Destos resultados debemos facer especial fincapé na victoria do Roupar fronte o Celta Barreiros, o seu empate co Ourol ou nas súas derrotas co Abadín e San Román, equipos todos estes da parte alta da táboa.

Así pois o Mondoñedo ten un difícil choque, que secadra pode verse condicionado pola climatoloxía adversa que se prevé para o encontro.

Hermelino, unha semana máis, deunos conta das últimas novidades do Mondoñedo e das súas impresións de cara a este partido, que considera importante para manter a renda cos perseguidores directos na táboa.

En canto a convocatoria o míster mindoniense non pode contar con Álvaro e Felipe, lesionados, Lucas por motivos persoais e Pepe, sancionado con un partido trala súa expulsión na última xornada. Deste xeito os homes que viaxan a Roupar son os seguintes:

Adrián – Fabián – Rosendo – Miguel – Campovello – Genito – Alberto – Carro – Noly – Juan – Ramallal – Manuel – Portela – Jesús – Dani e Jacobo

©Marcos_Candia