Arquivos da etiqueta: A Previa

A Previa: Mondoñedo FC – UD Folgueiro

Novo partido para o Mondoñedo FC, logo de duas xornadas nas que os do Viñas da Veiga, sumaron un punto de seis posibles, faise máis que importante colleitar esta victoria, para non perder a renda cos perseguidores directos, en fronte estará a UD Folgueiro

Mondoñedo FC – UD Folgueiro

Sábado 16 de febreiro as 16:15 h

Campo de fútbol: Viñas da Veiga, Mondoñedo

O Mondoñedo ven de perder no Cascabeiro diante do Celta Barreiros por 2-0, un resultado, que sumado aos do resto de rivais directos acurtou a renda do Mondoñedo cos seus perseguidores, o que fai máis importante este partido diante do Folgueiro.

Os do Vicedo chegan a Mondoñedo na 8ª praza da Liga con 24 puntos a 12 dos postos de Play Off, conta con 6 victorias, 6 empates e 6 derrotas.

Nas súas saídas lonxe do seu feudo o Folgueiro foi quen de gañar en 4 campos (San Antonio 2-3, Ourol 1-2, Goiriz 1-3, e Momán 2-3), empatou en 2 (Roupar 1-1 e Pol 2-2) e caeu derrotado en 5 (Abadín 2-1, San Román 6-0, Praia de Covas 3-2, Barreiros 6-0 e Cazás 5-3).

Leva dende o 22 de decembro sen coñecer a victoria (a última foi a xa comentada visita a Momán por 2-3). O precedente deste partido na primeira volta remata con empate a 1-1.

Será un partido difícil no que o Folgueiro vira a Mondoñedo sen temor e a prantar cara ao líder da categoría, un líder que, como comentabamos, precisa volver a sumar e coller confianza. Para este partido o Hermelino deixa fora da convocatoria a: Álvaro por lesión, a Manuel por sanción e a Rosendo e Campovello por motivos persoais. Deste xeito os 16 futbolistas cos que contará Hermelino para este partido son:

Adrián – Pepe – Miguel – Genito – Noly – Ramallal – Jesús – Carro – Jacobo – Portela – Alberto – Fabián – Lucas – Juan – Felipe e Dani

©Marcos_Candia

A Previa: Celta Barreiros – Mondoñedo FC

Importante partido nesta xornada para o Mondoñedo. Os de Hermelino visitan o difícil campo de “O Cascabeiro” en Barreiros, para medirse ao equipo local. Un Celta Barreiros que se afianza na parte alta da táboa. Recta final da liga, quedan 11 xornadas, unha de descanso para o Mondoñedo, polo tanto últimos 10 partidos. O ascenso en xogo. Na primeira volta, a ida deste partido no Viñas da Veiga, rematou empate 2-2, foron os primeiros puntos que cedeu nesta liga o Mondoñedo.

Celta Barreiros – Mondoñedo FC

Domingo 10 de febreiro as 16:15 h

Campo de fútbol: O Cascabeiro, Barreiros. (Se queres animar o Mondoñedo fai click aquí para saber como chegar)

Colexiado: D. Martín Rodríguez Taboada

O Mondoñedo visita un dos campos máis difíciles da liga logo do empate na pasada xornada, no Viñas da Veiga, fronte ao Novas Raíces de Galdo. Pola súa parte o Celta Barreiros chega a este partido tras unha excelente xeira de sete victorias consecutivas. Analizamos os datos do rival mindoniense na estatística:

O Celta Barreiros leva unha clara xeira ascendente nesta liga. Nas seis primeiras xornadas de liga so foran capaces de gañar un partido e empatar tres, caendo derrotados no campo do Roupar e na súa visita a Abadín. Sen embargo, a súa actual racha de sete victorias consecutivas, asusta. Ademáis outro dato importante é que o Celta Barreiros non perdeu ningún partido no seu feudo, sendo así xunto co Mondoñedo, os únicos equipos invictos como locais.

Os de San Cosme aséntanse tras estes bos números na parte alta da táboa, 3º con 36 puntos, a tan so un punto do Abadín, 2º clasificado, e a sete do Mondoñedo, líder. Tras 18 partidos desputados, conta con 11 victorias, 3 empates e 4 derrotas. 36 goles a favor por tan so 15 en contra, outro dato importante este, xa o Celta Barreiros é o equipo menos goleado desta liga, seguido polo Mondoñedo e o San Román con 17 dianas encaixadas.

No Cascabeiro, como local, o Celta Barreiros gañou ao Ourol 2-1, ao Goiriz 3-0, SD Momán por 2-1, UD Folgueiro por 6-0, Roupar por 1-0, Abadín por 3-0 e Cazás por 4-1; e empatou 1-1 co San Antonio e 0-0 co San Román. Ningún dos equipos que pasou polo seu campo foi quen de marcar máis de 1 gol.

A tenor destes datos, o encontro preséntase apaixoante, dous dos equipos máis fortes agora mesmo na liga.

Unha semana máis, Hermelino facilitounos a actualidade do Mondoñedo. Un Mondoñedo mentalizado para este difícil partido contra un rival directo polo ascenso. Os do Viñas da Veiga confían no seu fútbol e argumentos para competir e tentar traer algo positivo da súa visita o Cascabeiro. Ademáis o míster mindoniense deunos tamén os datos da convocatoria para este choque, quédanse fora por decisión técnica Fabián Juan e Alberto, sendo así os 16 futbolistas convocados os seguintes:

Convocatoria:

Adrián – Álvaro – Pepe – Miguel – Genito – Noly – Ramallal – Jesús – Carro – Jacobo – Portela – Manuel – Lucas – Rosendo – Felipe e Dani

©Marcos_Candia

A Previa: Mondoñedo FC – Novas Raíces de Galdo

19ª xornada de Liga para o Mondoñedo. Restan 12 para o final da tempada, ainda que nunha delas o Mondoñedo descansará. Polo tanto 11 partidos para conseguir o ansiado ascenso. Nesta xornada visita o Viñas da Veiga o cadro viveirense Novas Raíces de Galdo, na 1ª volta o resultado final foi de 0-1 para o Mondoñedo, con gol de Ramallal.

Mondoñedo FC – Novas Raíces de Galdo

Domingo 3 de febreiro as 16:15 h

Campo de fútbol: Viñas da Veiga, Mondoñedo

Colexiado: D. Adrián Álvarez Ignacio

Despois da victoria do pasado fin de semana en Momán por 0-2, o Mondoñedo recibe novamente, a un equipo da parte media da táboa, o Novas Raíces de Galdo, repasamos a súa tempada ata o momento na estatística:

O Galdo chega a este partido no posto 9º da táboa clasificatoria, con 21 puntos colleitados tras 6 victorias, 3 empates e 8 derrotas. O seu balance de goles está nivelado, 25 tanto a favor como en contra. Cabe destacar que a primeira derrota que sufriu o Galdo nesta tempada, foi precisamente, no seu partido contra o Mondoñedo da primeira volta.

Nos partidos como visitante o Galdo colleitou 3 victorias no que vai de Liga, no campo do San Antonio por 0-2, na súa visita a Cazás por 2-3 e tamén na casa do San Román equipo da parte alta da táboa, onde o Galdo foi quen de gañar por 1-2. Ademáis dos seus partidos a domicilio cabe tamén destacar o empate que sacou na cancha do Abadín, candidato tamén ao ascenso por 3-3, e o empate 1-1 na cancha do Folgueiro equipo que hoxe pelexa xunto co Codesido e o propio Galdo por alcanzar os postos de Play Off. No resto de partidos a domicilio o Galdo colleitou derrotas, un total de tres, en Ourol por 2-1, en Goiriz por 3-1 e en Momán por 2-1.

Ademáis atopamos outro dato curioso nos resultados do Galdo. Foi capaz de marcar en todos os partidos de Liga que desputou ata o momento excepto en tres. E eses tres partidos remataron co mesmo resultado, 0-1; foron as derrotas do Galdo fronte o Abadín o San Antonio e a xa comentada fronte a escadra mindoniense.

Pola súa parte o Mondoñedo, como xa sabedes, chega nunha inmellorable primeira posición con 42 puntos e un balance de 47 goles a favor por tan so 16 en contra, sendo así o equipo máis goleador (o segundo é o Abadín con 37 goles, 10 menos), e o segundo menos goleado so superado polo Celta Barreiros que encaixou tan so 14 goles.

Como sempre comentamos con Hermelino a actualidade do Mondoñedo; o míster fálanos do difícil e competido que agardan este partido; ainda que o rival leva unha xeira de malos resultados, Hermelino considera que pode espertar en calquera momento, e que terán ao seu favor o estado do céspede do Viñas da Veiga, onde o Mondoñedo verá difícil desenrolar o seu xogo habitual. Pero a mentalidade do cadro mindoniense é a de sacar o máximo rendemento posible para este partido.

Ademáis o míster facilitóunos a convocatoria, para a cal causan baixa por decisión técnica Genito, Dani e Pepe; sendo así os xogadores convocados os seguintes:

Adrián – Fabián – Carro – Miguel – Alberto – Felipe – Noly – Manuel – Ramallal – Portela – Jacobo – Rosendo – Álvaro – Juan – Lucas e Jesús. 

©Marcos_Candia

A Previa: SD Momán – Mondoñedo FC

18ª xornada de Liga no grupo 11 da 3ª rexional galega. O Líder, Mondoñedo FC, visita o campo de “A Veiga” para medirse ao 10º clasificado, o SD Momán. No encontro da 1ª volta desputado no Viñas da Veiga, o marcador final fora de 3-1 para os mindonienses. 

SD Momán – Mondoñedo FC

Sábado 26 de xaneiro as 16:00 h

Campo de fútbol: A Veiga, Momán (fai click aquí para saber como chegar a este campo)

Colexiado: D. Eduardo Feijoo Trigo

A Liga chega a súa fase final. Restan 13 xornadas para o remate, e cada partido cobra vital importancia, os equipos da parte alta non afloxan no seu ímpetu por lograr as prazas de ascenso directo a 2ª rexional.

O rival mindoniense desta xornada e o SD Momán, 10º clasificado con 15 puntos no que vai de Liga, colleitados tras 4 victorias, 3 empates e 9 derrotas; con 21 goles a favor e 28 en contra. Os seus datos, máis polo miudo na estatística:

O Momán so conta con catro victorias no que vai de Liga, e no seu feudo, “A Veiga”, tan so foi capaz de sumar os tres puntos nunha ocasión, fronte o Novas Raíces de Galdo, na 11ª xornada por 2-1. Tres empates tamén como local: 1-1 fronte o San Antonio, 2-2 co CD Goiriz e 1-1 fronte o Cazás. O resto dos partidos como local do Momán cóntanse por derrotas, un total de 4, 1-2 co San Román, 0-2 coa SD Ourol, 2-3 co Folgueiro e 0-2 co Abadín.

As outras tres victorias que colleitou o Momán, no que vai de Liga, correspóndense coas súas visitas a:  Cazás (1-4), Praia de Covas (2-3) e Roupar (1-2).

A pesar de ser un equipo da parte baixa da táboa, observamos como ningún equipo foi quen de conseguir máis de 2 goles no campo de “A Veiga”, agás o Folgueiro, que marcou tres pero rematou cun axustado 2-3 no marcador.

Será unha nova pedra de toque para o Líder. Un Mondoñedo que chega a este partido logo de gañar a pasada semana por 2-0 fronte o Codesido. Para Hermelino este será un partido complicado e importante. Pero o equipo esta mentalizado para volver con algo positivo da súa visita a Momán. 

Para o choque de hoxe, Hermelino facilitounos a convocatoria do Mondoñedo, composta polos seguintes xogadores:

Adrián – Rosendo – Álvaro – Miguel – Carro – Alberto – Fabián – Felipe – Noly – Ramallal – Portela – Dani – Manuel – Jesús – Juan e Jacobo.

@Candia_Marcos

A Previa: Mondoñedo FC – CD Codesido

Volta o fútbol ao Viñas da Veiga. Será o primeiro partido do Mondoñedo no seu feudo neste 2.013. Logo da victoria na última xornada no campo do Goiriz por 1-6, visita o estadio mindoniense un equipo que vai de menos a máis. O CD Codesido, que está moi preto dos postos de PlayOff a 2ª rexional, como precedente na primeira volta, o Mondoñedo gañou por 0-2 en Codesido.

Mondoñedo FC – CD Codesido

Domingo 20 de xaneiro as 16:00 h

Campo de fútbol: Viñas da Veiga

Colexiado: D. Abraham Vázquez Alemparte

O CD Codesido marcha séptimo na liga, a tan so un punto da 6ª praza, primeira con acceso ao PlayOff de ascenso a 2ª rexional. No seu último partido, o Codesido, venceu no seu feudo por 3-0 ao San Antonio, equipo da parte baixa da táboa.

Vemos que o rival do Mondoñedo foi capaz durante a 1ª volta de gañarlle ao Pol, 3º, e de empatar no feudo do Abadín, segundo da liga. Os números completos do Codesido podemos velos na seguinte gráfica e pasamos tamén a detallalos máis adiante:

Os números do Codesido son: 26 puntos en 16 xornadas (unha de descanso), con 8 victorias, 2 empates e 5 derrotas.

Como local o Codesido desputou xa 8 partidos, e vemos un curioso dato, gañou 7 e tan so perder un no seu feudo, precisamente, como xa decíamos, foi o Mondoñedo, o único equipo capaz de gañar no campo do Codesido.

Como visitantes xogou 7 partidos, con números case contrapostos os seus partidos como local; tan so unha victoria na 1ª xornada, no campo do San Antonio en Lugo por 1-3. Dous empates, 1-1 en Galdo e 0-0 o xa indicado en Abadín. As catro derrotas colleitounas en San Román (3-1), Ourol (5-0), Goiriz (2-0) e Folgueiro (2-0).

Será pois un partido difícil, diante dun equipo que precisa os tres puntos para afianzarse na zona alta e non perder o pulso cos postos de PlayOff. Como importante, é tamén, o partido para o Mondoñedo, os rivais seguen apretando, o Abadín 2º está a tan so 3 puntos, e o Pol 3º fica a 4 puntos do Mondoñedo.

Como sempre Hermelino facilitounos os datos da convocatoria do Mondoñedo así como das baixas para este importante partido fronte o Codesido.

Non entran na convocatoria por lesión Rosendo e Pepe, e por motivos persoais: Campovello, Juan e Jesús. Deste xeito os homes dispoñibles para este partido e que convoca Hermelino son os seguintes:

Adrián – Fabián – Álvaro – Carro – Miguel – Genito – Alberto – Felipe – Noly – Manuel – Ramallal – Portela – Jacobo – Lucas e Genito

@Candia_Marcos