Arquivos da etiqueta: Andrés García Doural

PRETEMPORADA DEPORTIVISTA EN MONDOÑEDO

O 24 de xullo de ano 1.985, os compoñentes do Dépor daquela época, comezaban o seu segundo “stage” de pretempada nas instalacións do Hotel Mirador de Mondoñedo, hoxe en ruínas.

Daban así comezo ao programa marcado polo técnico Jesús “TxuTxi” Aranguren Merino, en colaboración co preparador físico daquel entón, Gilabert, para a posta a punto do equipo con vistas a nova tempada.

DÉPOR EN MONDOÑEDO
Escadra deportivista da tempada 79/80, co laurentino Rego Rey.

Era a segunda vez na historia que o conxunto herculino preparaba a tempada nas instalacións do citado hotel mindoniense. A primeira, foi a correspondente a tempada 79/80, na que participaría Rego Rey, que xogou varios encontros na segunda división co cadro coruñés, e que co paso dos anos xogaría de forma moi destacada, en varios equipos da nosa provincia, na Terceira División. Destacaban nas formacións daquel Dépor, Paco Buyo, Pardo, o arxentino Piris, Cantudo, Alfonso Castro, Ballesta, Traba, José Luís Vara, Piña, Gallego, Pousada ou Albino. O máximo goleador do cadro naquela tempada, fora o dianteiro centro Traba, con 14 dianas. Fatídica tempada para o Dépor, e Celta de Vigo, na cal ambos cadros caerían a 2ª división B.

Pero centrámonos no ano 1.985, naquel entón o Dépor contaba con xogadores como Traba, Montes, Silvi, Agulló, Verón, Jorge, Donowa, Vicente Celeiro ou José Luís Vara. Ao remate desta tempada na 2ª división o Dépor acadaría a 6ª praza sendo o máximo artilleiro o chairego Vicente Celeiro con 11 tantos.

Os compoñentes daquel Dépor, durante a súa estadía en terras mindonienses, realizaban a parte táctica no municipal “Viñas da Veiga”, onde ademais xogaban encontros amigables coa S.D. Mindoniense dende o ano 1.972; a parte física era levada a cabo polos frondosos montes que rodean Tronceda e Estelo e a veira dos seus pastizais.

Aproveitando a pretempada, o cadro coruñes, tamén aproveitou para desputar o XVII Trofeo “Conde de Fontao” de Foz, sería o 28 de xullo, as seis e media da tarde, onde se enfrontarían o Dépor e o Sevilla, adestrada naquel entón por Manolo Cardo, que tamén se atopaba preparando a tempada en Galicia, concretamente en Ordes. A victoria do partido, sería para o cadro galego, por tres tanto a un, tantos de Camuel, Alfredo e Durán e o gol sevillista sería para Francisco. O árbitro daquela contenda, un famoso galego García de Loza.

Coa colaboración especial de Andrés García Doural

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

O Orfeón Veiga

No ano 1.912, constituíuse en Mondoñedo, unha Comisión, con obxeto de recibir os restos mortais do insigne músico mindoniense D. Pascual Veiga. A citada Comisión, para aumentar as solemnidades preparadas en Mondoñedo, xuzgou, moi oportunamente, fundar un Orfeón.  

Reuníronse para elo, no mes de agosto do ano 1.912, uns cantos mozos, baixo a batuta de D. José Castañeda Jurado, e o 17 de setembro, xa agrupados co nome de “Orfeón Veiga”, presentáronse ao público, cantando a “Alborada” do gran compositor mindoniense, Pascual Veiga.

O Orfeón, deu no mes de decembro, un concerto no casino e en marzo do ano 1.913, disolveríase. A comezos do mes de abril do ano 1.913, os señores D. José Castañeda Jurado, D. Andrés Pérez-Balsa Rodríguez e D. Alfredo Martínez Martínez, propuxéronse refacer a sociedade coral. Estes tres, máis 25 mozos, crearon, o 20 de marzo de 1.913, o novo “Orfeón Veiga”.

Xa no ano 1.916, era o seu Presidente, D. José Castañeda Jurado; Vicepresidente, D. José María Basanta Llanderrozos; Depositario, D. Valentín Baamonde Rodríguez; Vocal, D. Manuel López Sánchez; Secretario, D. Andrés Pérez-Balsa Rodríguez.

Formaron parte desta masa coral, durante a súa corta vida: José María Basanta Llanderrozos, Andrés Pérez-Balsa Rodríguez, Alfredo Martínez, Graciano Fraga, Luís Fernández Paz, Ricardo Veiga González, José Cendán, José Murias, Jesús Pernas, Ricardo López, José Grandio, Enrique Iglesias, Antonio Díaz, Félix Pérez-Balsa, Feliciano Marful, José R. Fernández, Jesús Díaz, Alfredo Romero, Aladino González, Antonio Díaz Núñez, Aquilino Barreira, Dositeo Ferreiro, Manuel López, Juan Rico, Antonio D. Rubiños, Antonio Novo, Manuel Santamarina, Baldomero García, Antonio Ferreiro, Alfonso Martínez, Vicente Legaspi, Antonio González e Wenceslao López.

Coa Colaboración especial de Andrés García Doural

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Imaxes cedidas: Mondoñedo FC

Voltamos coa sección “Imaxes Cedidas”, onde unha vez máis, Andrés García Doural, nos agasalla coas súas instantáneas. Desta volta as fotos, corresponden aos partidos de fútbol que o Mondoñedo xogou fronte ao Foz, no Martínez Otero e fronte ao Riotorto no Viñas da Veiga. (Podedes ver as imaxes a maior tamaño clicando enriba delas).

Imaxes de Andrés García Doural

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Imaxes cedidas: “Os Pacheco”

No ano 1.907, na nosa cidade, formáronse dous excelentes cuartetos típicos do país, “Os Veiga” e “Os Pacheco”. A imaxen do cuarteto “Os Pacheco” de Mondoñedo, que acompaña estas liñas, na súa segunda etapa, foi captada polo fotógrafo mindoniense D. Rodolfo Gacio. (Podes ver a imaxe a maior tamaña facendo click enriba dela).

Na imaxe podemos recoñecer a: D. José Castañeda Jurado, director (1), a D. Baldomero García Río, clarinete (2), a D. Enrique Iglesias Díaz “das Danielas”, gaita (3), a D. Elias Alfredo Romero Rivas, Caixa (4), e a D. Ricardo Veiga González, bombo (5).

(1). D. José Castañeda Jurado, naceu en Mahón (Menorca). Fillo dun oficial de carabineiros, natural de Cartaxena. A idade de catro anos, a súa familia fixo a súa residencia en Mondoñedo. Con 17 anos de idade, dirixe unha banda de música en Ferreira do Valadouro. Foi o fundador do Orfeón Veiga. Dirixe varias comparsas e rondallas. Chegou a traballar na imprenta Mancebo e máis tarde na de Acción Social. Sorpréndeo a norte con 43 anos de idade no seu domicilio da rúa Rigueira de Mondoñedo.

(2). D. Baldomero García Río, naceu o 15 de decembro de 1.886. Era fillo de José García Maseda, natural de Pausalido e de Antonio Río Amezega, natural do Coto de Otero. Tocou a trompa na capela de música da Catedral de Mondoñedo, entre os anos 1.904 e 1.913. Casou o 1 de abril de 1.911, con Ramona Losada Fernández.

(3). D. Enrique Iglesias Díaz, foi neno de coro da Catedral de Mondoñedo entre os anos 1.900 e 1.908; tocou na capela de música da catedral o violín, entre 1.900 e 1.920; ocupou o posto de contraalto, entre 1.911 e 1.929, e o de tenor en 1.920. Tocou durante moitos anos o clarinete na Banda Municipal de música. No ano 1.934, xunto con “O Gaspar” fundou a rondalla “Os Veiga”. Falece en Mondoñedo o 30 de maio de 1.941, aos 52 anos de idade.

(4). D. Elías Alfredo Romero Rivas, naceu o 26 de novembro de 1.892. Era fillo de D. Camilo Romero Domínguez, tenente retirado, natura de Rivas de Louro (Pontevedra) e de Dna. Josefa Rivas García, natural do barrio dos Muiños de Arriba. Casou no Santuario dos Remedios o 3 de xullo de 1.920 con Asunción Polo Basanta.

(5). D. Ricardo Veiga González, tamén coñecido polo álcume de “O Bodego”, naceu o 15 de setembro de 1.893. Era fillo de José Antonio Veiga, caixista e encargado da imprenta Candia da rúa Febrero de Mondoñedo e de Severina González Bolaño, vecinos do Barrio das Casas Novas. Casou o 10 de novembro de 1.917 con María Paz Otero.

 Na primeira etapa, deste famoso cuarteto mindoniense, tamén formou parte dunha forma moi destacada D. Augusto Insua Amieiro, coa súa preciosa gaita de prata.

Coa colaboración especial de Andrés García Doural

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

O tío carlista de Noriega Varela

Ao morrer no ano 1.833 o rei Fernando VII, o seu irmán D. Carlos María Isidro, non aceptou que lle sucederá no trono a súa filla Isabel. Para que esto non ocorrese foi preciso derogar a Lei Sálica de 1.713 que prohibía reinar as mulleres. D. Carlos é obrigado a exiliarse a Portugal. O país divídise en dúas fraccions: os que defenden a D. Carlos, chamados carlistas e os que defenden a Isabel, os denominados liberáis. Por este motivo houbo tres guerras; a primeira dende 1.833 a 1.840, a segunda dende 1.846 a 1.849 e a terceira entre os anos 1.872 e 1.876. Nos acontecementos desta terceira guerra carlista aparece D. David Cornejo Díaz, tío político do ilustre mestre e poeta D. Antonio Noriega Varela, nacido en Gallegos de Solmirón (Salamanca) o 4 de marzo de 1.836.

D. David Cornejo formou parte como voluntario no Rexemento Príncipe Nº 3 o 7 de novembro de 1.854, por un período de seis anos. Ascendeu a cabo 2º no nadal de 1.855, a cabo 1º no outono de 1.856, a sarxento 2º en agosto de 1.859 e a sarxento 1º no nadal dese mesmo ano.

Fixo a campaña militar nas terras africás. Co grao de sarxento 2º saíu coa súa unidade en dirección a Málaga, embarcou no porto de Alxeciras o 24 de novembro de 1.859, en dirección a Ceuta. Participou nas acción bélicas do 30 de novembro, 12, 17 e 22 de decembro, pero na deste último día foi ferido por disparo de arma de fogo na perna dereita, e en recompensa foi agraciado co ascenso a sarxento 1º, antes indicado.

No ano 1.860, D. David Cornejo cumpriu o seu compromiso co exercito e asinou outro por oito anos máis, que cumpriría en 1.868, pero ao ser considerado inútil para o servizo das armas, a consecuencia da ferida recibida en África, retírase a Mondoñedo no ano 1.862. Ao ser declarado inútil en Campaña, D. David percibía a estimable pensión de cen reais ao mes e por un Diploma de premio de Constancia, trintra reais máis.

No mes de abril do ano 1.870 incorporouse as filas carlistas, co emprego de tenente. Foi feito prisioneiro en 1.872 e en marzo do ano 1.873 foi embarcado desde o presidio de San Antón na Coruña, para Cuba. Regresou a España a finais do mesmo ano e continuou a campaña da terceira guerra carlista nas Vascongadas e Navarra, sendo ferido de novo en Montejurra e logrou alcanzar, por méritos de guerra, o emprego de tenente coronel.

Obrigado a emigrar a Francia o 28 de febreiro do ano 1.875, como outros moitos carlistas, presentouse a indulto e prestou xuramento de fidelidade a S.M. o Rey Alfonso XII no mes de setembro do mesmo ano ante o cónsul de España en Bayona. O 27 de febreiro do ano 1.876, por Gracia General, alcanza o emprego de coronel.

O 30 de agosto do ano 1.863 D. David casou na parroquia de Santiago de Mondoñedo con Dª Ramona Fernández Noriega Varela. Dª Ramona, era filla lexítima do 2º Comandante do Corpo de Estado Maior da Praza de Mondoñedo, D. Juan José Fernández Noriega, natural da vila de Ferrol, pero veciño de Mondoñedo e de Dª Antonio Varela de la Torre, natural de Mondoñedo.

Dª Ramona, polo feito de ser esposa do xefe da partida carlista mindoniense de 1.872, pese a alegar no seu momento ser filla dun comandante liberal, sonlle incautados os seus bens e é desterrada ao Reino de Portugal. D. David falece en Mondoñedo no ano 1.900, sendo oficial do Rexistro da Propiedade de Mondoñedo e anteriomente fora conserxe do Círculo de Recreo, do que tivo que dimitir por motivos políticos. Do seu matrimonio non quedou descendencia algunha.

Coa colaboración de Andrés García Doural

Marcos Candia 

Cultura e Ocio © 2.014