Arquivos da etiqueta: Andrés García Doural

As vivendas de “A Fraga Vella” e algúns dos seus habitantes

Nos terreos coñecidos como A Fraga Vella, que se atopa situado ao Oeste da poboación de Mondoñedo, a distancia duns catorce quilómetros e cunha altitude sobre o nivel do mar duns 600 metros. Comprende este fermoso paraxe unha extensión de 697 hectáreas, das que 397 pertencen ao concello de Abadín (parroquias de Labrada e Romariz) e as 300 restantes a Mondoñedo. Linda este terreo, ao Norte co lugas das Vigas e co dos Agros (Labrada) e a parroquia de San Martiño de Figueiras. Ao Sur, co barrio de Estelo, montes da Toxiza de Tronceda e Coto do Cal de Labrada. Polo este cos montes da Toxiza e Braña de Estelo e Tronceda e co rego da Fraga Vella, parroquia de Figueiras. Polo oeste temos o Tremoal de Labrada.

No ano 1.257, o Mosteiro de San Salvador de Lourenzá, outorgou foro de poboación a un grupo de dez campesinos para poboar Gontán e Romarir (1). As vivendas que se levantaron no se momento no precioso paraxe de A Fraga Vella, estaban situadas no territorio da parroquia de San Xoan de Romariz, a veira dun pouco caudaloso curso de auga, coñecido como rego do curro de Bispo, moi ben resgardadas dos ventos por un vellos loureiros e uns grandes castaños; eran como outras calqueras do medio rural galego. Posteriormente foron levantadas outras edificacións e unas grandes naves para usar como establos e para gardar os alimentos para o numeroso gando, que acostumaba pastar libremente polas extensas parcelas de terreo.

No ano 1.752, unha das edificacións era propiedade de Antonio de Candia, era de planta terrea, tiña de fronte dez varas, de fondo seis e lindaba pola esquerda con outra de Cayetano Anello, veciño de San Simón da Costa. Tiña o seu propietario, nunha das inmediacións a edificación, as seguintes parcelas de terreo: un cuarto de ferrado de hortalizas, seis ferrados de cortiña, dous ferrados de sementeira de terceira calidade, outros dous ferrados de sementeira tamen de terceira e dous ferrados de prado. Tamén era propietario das seguintes cabezas de gando: dez vacas, cinco tenreiros dese ano, unha porca de cría, catro porcos dese ano, oito ovelllas, dous cordeiros dese ano e tres cabalos.

A outra edificación de A Fraga Vella, como xa dixemos, era propiedade de Cayetano Anello, veciño da parroquia de San Simón da Costa. As dimensións da súa vivenda era dez varas de fronte e seis de fondo. Xunto a edificación poseía as seguintes parcelas de terreo: medio ferrado de hortalizas, seis ferrados de cortiña, dous ferrados de sementeira de terceira calidade, catro ferrados de monte fechado de primeira calidade, un ferrado de sementeira de teceira calidade e un ferrado de prado de primeira calidade (2).

Fai uns vintecinco anos, a última vivenda que se achaba en pe, foi ocupada, ampliada e mellorada considerablemente por un xaponés que se adicou a cría de gandos e o cultivo de setas, e do cal xa falamos aquí. Dende fai uns anos atópase totalmente abandoada e as súas ventas e porta de entrada foi necesario tapialas ante os numerosos actos vandálicos que realizaban persoas descoñecidas.

A veira do antes nomeado Rego de Curro do Bispo, que descende lentamente pola ladeira do monte e que discorre moi preto das vivendas sinaladas anteriormente, foi construido con cachotes de cantería un pequeño muiño fariñento. Actualmente, podese asegurar que este muiño deixou de existir, ao desaparecer prácticamente a súa edificación e ocupar a mesma unha densa vexetación. Según o catastro do Marqués de la Ensanada no ano 1.752 era propiedade de Antonio de Candia e consortes e acostumaba moer catro meses en inverno e regulaba trinta reais de vellón ao ano. A escasez de caudal de auga nas outras estacións do ano era o motivo do moer tan pouco.

A primeira nova que coñecemos a través dos libros parroquiais da existencia de moradores nas vivendas do terreo de A Fraga Vella data de mediados dos sigro XVII. O 7 de setembro de 1.696 faleceu María Fernández Paredeiro, muller de Juan de Cartas, moradores en A Fraga Vella que recibiu cristiá sepultura no cemiterio parroquial de San Martiño de Figueiras (3).

O 3 de maio de 1.700 foi soterrada no mesmo cemiterio nomeado anteriomente, María Fernández, solteira e neta de Juan de Cartas, vecinos de San Xoan de Romariz, moradores no lugar de A Fraga Vella. O seu abó ofrendou no momento do seu falecemento tres pans, una perna de carneiro e un pichel de viño.

Según o Catastro do Marqués de la Ensenada, Antonio de Candia, Domingo da Barreira e Luís da Barreira, ademáis da súa labranza, tiñan ao seu cargo o coidado de gardar os gandos que pastaban nos montes do térnimo e por este oficio pagabaselles a cada un trescentos reais de vellón ao ano.

Antonio de Candia atopábase casado con Eulaia Fernández González e residían no lugar de A Fraga Vella. Eulia faleceu o 2 de marzo do ano 1.744 e recibiu cristiá sepultura no cemiterio parroquia de San Martiño de Figueiras. No momento do seu falecemento ofrendou tres cestos de pan, un carneiro, outro vivo e doce cuartillas de viño. Antonio faleceu no lugar de O Leboreiro da parroquia de San Mamede das Oiras o 23 de marzo do ano 1.771. Do seu matrimonio quedaba soamente un fillo, chamado Francisco, que era veciño de san Estebo de Oirán (5). O 4 de maio do ano 1.738 falecía a súa filla María Fernández de Candia, xa viuda de Domingo López. Hipotecou o que lle tocara no lugar de A Fraga Vella, na celebración dunhas misas en San Martiño de Figueiras.

O 6 de febrero de 1.776 recibiu cristiá sepultura en San Xoan de Romaríz, Luís da Barreira, morador tamén de A Fraga Vella. Manda que o día do seu enterro se dixesen sete misas, incluso a cantada, coa sua vixilia e responso. Ofrenda dous cestos con pan e carne, un carneiro vivo e oito cuartillas de viño e para gasto da casa duas fogazas de pan, tres potas de viño e un xato de dous anos. Deixa oito fillas casadas e duas solteiras.

Os libros de anotacións parroquiais de San Xoan de Romariz, a que pertencen territorialmente as antigas vivendas, comezan no terceiro decenio do sigro XVIII, por este motivo, é imposible facilitar datos máis antigos dos primeiros moradores que ficaron en A Fraga Vella.

———

(1)- Pegerto Saavedra. Economía, política y sociedad en Galicia: La Provincia de Mondoñedo, 1480-1830, páxina 24. 

(2)- Arquivo Histórico provincial de Lugo, Real de Legos de San Juan de Romariz.

(3)- Arquivo Diocesano de Mondoñedo, parroquia de San Martín de Figueiras, libro primero de defuncións (1678-1803), folio 8.                                            

(4)- Arquivo Diocesano de Mondoñedo, parroquia de San Martín de Figueiras, libro 1 de defuncións, folio 42 vuelto.                                                                          

(5)- Arquivo Diocesano de Mondoñedo, parroquia de San Mamed de las Oiras, libro 1 de defuncións, folio 42 vuelto.

Coa colaboración de Andrés García Doural

Marcos Candia

Cultura e Ocio © 2.014

Imaxes cedidas: A Fonte de San Xoan nos anos 50

A imaxe corresponde a segunda edificación da Fonte de San Xoan  de Mondoñedo, construída durante a Presidencia da alcaldía por parte do abogado D. Alejo Barja Prieto.

Na parte frontal, posan para o fotógrafo, tres mestres da escola da Alcántara, de esquerda a dereita, D. Mauricio Lado de Pomiano, D. Ricardo Bouso e D. Pedro Carreiras.

Ao fondo, obsérvase tamén, a antiga escalinata, construída con grandes e grosas lastras e cos seus descansos, para ascender ata as dependencias do antigo convento da Alcántara, a igrexa da V.O.T. e a Residencia dos Pais Pasionistas.

A dereita da imaxen, obsérvase unha parte dos altos e grosos árbores que poblablan o Campo da Alcántara.

Imaxe cedida por Andrés García Doural

Marcos Candia

Cultura e Ocio © 2.013

Imaxes Cedidas: Merendeiro do Canal

A sección “Imaxes Cedidas” desta casa, non deixa de medrar. De novo o noso amigo e colaborador, Andrés García Doural, achéganos unha imaxe, histórica, de Mondoñedo. Data do ano 1.911, e nela podemos observar o merendeiro do Canal de Tronceda, coa súa mesa e sillas, sillas que a día de hoxe xa desapareceron, víctimas das inclemencias metereolóxicas e os actos vandálicos. No lugar, queda a mesa e uns restos de cemento. Neste punto, anos atrás, as xentes da nosa cidade desfrutaban de merendas e baños na poza cercana a estas rochas, onde comeza a espectacular caída de auga do Canal de Tronceda. Podedes ver a imaxe a maior tamaño facendo click enriba dela.

Marcos_Candia

Cultura e Ocio © 2.013

Fotos Cedidas: SD Mindoniense

Voltamos cunha nova imaxe que un dos nosos amigos nos envía para o desfruto de todos e cada un de vos.

Mondoñedo e o deporte sempre estiveron unidos, e hoxe, grazas a Andrés García Doural, traémos unha imaxe histórica da formación da SD Mindoniense, nun dos seus encontros na 3ª división do fútbol español.

Forman na imaxe de esquerda a dereite e de arriba a abaixo: Sandamil, Torrado, Néstor, Rubén, Noly, Kike, Castro, Picoaga, Buján, Álex e Pollán. Podedes ver a imaxe a maior tamaño facendo click enriba dela.

Xa sabedes que se queredes aportar as vosas imaxes, relacionadas con calquera aspecto de Mondoñedo, xa sexa actual ou histórico, so tendes que mandarnos un mail a culturaeocio@hotmail.es

©Marcos_Candia