Arquivos da etiqueta: Baloncesto

As escolas “Molou” ao poder

As Escolas Deportivas de Mondoñedo e Lourenzá están de en hora boa.

Esta pasada fin de semana, as mozas dos equipos de baloncesto foron quen de lograr 2 títulos para as escolas “Mondoñedo – Lourenzá”.

Dende este blog, queremos dar as grazas a Raúl, por toda a información que nos facilitou, e que reproducimos a continuación, así como dar a en hora boa as escolas polos exitos colleitados, e porque seguro, colleitarn moitos no futuro, dende logo as bases son máis que sólidas.

“Esta fin de semana as “Escolas Deportivas de baloncesto Mondoñedo – Lourenzá” (MO LOU), participaron nas competicións de copa nas categorías benxamín, alevín e infantil.

As benxamíns, fixérono por primeira vez, participando nun partido fronte o Ribadeo. A pesar da derrota, deron o primeiro paso para medrar como equipo.

En canto as alevíns, pasaron por enriba do Viveiro na final , gañando por unha marxe superior os 50 puntos. Contamos cunha gran xeración de rapazas, capitaneadas por catro xogadoras de sexto que pasan o vindeiro curso a categoría infantil, e que de seguro daran moito de que falar.

A competión máis complexa foi a de infantil. Onde as xogadoras de MO LOU se enfrontaban nun formato triángular ao campeón de liga, o Martínez Otero de Foz, e a o Burela. Os dous primeiros do triángular volvían a xogar a gran final. No primeiro partido, despois de ir gañando por máis de 10 puntos, deixamos escapar esa vantaxe, para acabar perdendo de 1 no último cuarto do partido. Pecamos de novatos e non soubemos fechar ben o encontro despois de facer un bo xogo. O segundo choque, caracterizouse por unha grandísima defensa de todo o cadro, deixando ao rival con tan so 2 puntos na primeira metade. No ataque, volveu a salir o mellor do equipo, capitaneadas por as duas bases, Melani e Carla; acompañadas por unha aleiro, reconvertida a pivot para este campionato, Claudia. No derradeiro encontro, MO LOU, chegou de novo a ter unha vantaxe de máis de 10 puntos no marcador. Atacamos como nunca o sistema en zona, que se nos atascara no primeiro partido, e cando o rival cambiou a defensa individual, tamén se atacou con moita cabeza. Acompañounos tamén unha grandísima actitude defensiva de todo o cadro.  Nos tres encontros cabe destacar a labor das máis habituais. Así pois, a impresionante defensa de Jeny, os puntos en momentos difíciles de Cris, Iria e Nadia e o descaro da pequena Ana, con bloqueos, ou entradas a canasta, fixeron que non se escapara a final.

Destacar tamén a lesionada Paula. Incluso coa lesión, xogou uns minutos, e axudou moitísimo ao equipo. Foi a encargada de recoller a copa en infantís.

Así pois un pequeno premio, para unha gran xeración de xogadoras, pero do que facemos partícipe a todas as categorías e a todos os voluntarios que acompañan as escolas”.

De novo grazas a Raúl pola súa colaboración.

©Marcos_Candia