Arquivos da etiqueta: Camiño de Santiago

VIII Xornadas “Abrindo Camiño”

Os próximos días 10, 11 e 12, terán lugar en Mondoñedo as VII Xornadas “Abrindo Camiño”, organizadas pola Asocación “Abrindo Camiño” de Amigos do Camiño Norte de Santiago; as primeiras xornadas, trala designacción desta vía como Patrimonio da Humanidade.

Contarán con un máis que amplo programa de actos e eventos de todo tipo, que comezarán de xeito oficial o venres as 20:00 h no Centro de Interpretación do Camiño Norte (Antigo Cuartel), coas intevencións de Elena Candia, Alcaldesa de Mondoñedo e Presidenta da Deputación, Rafael Sánchez Barguiela, Director da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, e Luis Fernández Ansedes, Presidente da Asociación Abrindo Camiño.

Ademáis este ano, no marco destas xornadas, terá lugar a I Edición da Feiramostra os Muiños, encadrada no sábado 11 e que conta con máis de 40 expositores de artesanía e agroalimenarios.

11659297_1669349149966236_8648404665970360128_n

11703201_1669349533299531_7653133247943036031_n

11713768_1669349213299563_1036809496433763447_o

11055246_1669349233299561_4305304268039998656_oMarcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

O outro Mondoñedo

Mondoñedo non só e historia e arte, tamén agocha infinitos tesouros naturais de incalculable valor, a par que fermosos recunchos polos que pasear e deixarse levar polo máxico da natureza.

Tres amigos, dous aferrados as varas, e servidor, ao seu caxato, despuxémonos a percorrer unha parte dese Mondoñedo menos coñecido, agora esa ruta chega a “Cultura e Ocio”, pouco máis de 10 km de plena natureza, pero dende logo, quedan ainda moitos.

Sobre as 8 e media da maña saímos dende Pacios de Arriba en Cesuras, nada máis e nada menos que a nosa ruta segue os pasos dos Peregrinos máis ancestros, xa que logo hoxe o discurrir do Camiño Santo en Mondoñedo é outro, ao meu entender, ben menos fermoso ca este do que vos vamos a falar. Un sendeiro impresionante, unha empinada costa que parece non ter fin, saída a pouco máis de 100 m sobre o nivel do mar e arriba no cumio deste camiño por riba dos 600. Xa se fai notar este cambio de altitude na vexetación, abaixo densa e variada, e cada vez máis preto do cume, escasa, tan so xestas, toxos e uces, a par que grandes camposas.

Ao pouco de comezar a camiñata xa atopamos un cruce, coñecido como Cruce da Rebolada,(no mesmo en marzo de 1809 foi asaltado un correo francés e varios soldados pereceron no acto); un pouco máis arriba pasamos a carón da coñecida como Dehesa Nacional de Cesuras. Dende este camiño temos unhas vistas privilexiadas da zona de Zoñán e a Toxiza, dignas de observar con detemento e admiración. Tamén ao paso desta vía atopamos a fonte de Don Luis, ou mellor dito o pouco que hoxe queda dela, xa que logo o seu pio está derrubado e o acceso a mesma faise bastante difícil pola inexistente canalización de auga ao seu arredor.

Seguimos monte arriba, e nunca mellor dito, para atoparnos cun peculiar marco que guía os nosos andares, non é outro que o Marco da Infesta, unha rocha cravada no chan, nunha encrucillada de camiños que nos marca a división dos mesmos, a dereita o camiño a Ferrol, a esquerda o camiño a Santiago de Compostela, parada necesaria neste punto, para afotar a curiosa rocha. Agora a nosa intención lévamos a seguir cara a esquerda. E nada máis subir uns metros dende o marco, atopamos unhas impresionantes vistas dos vales de Mondoñedo, como é habitual coa súa néboa, que os fai secadra máis fermosos ainda, tamén neste punto tomamos unha instantánea do Camiño de Santiago, un verdadeiro pracer visual.

Seguimos pois o noso camiño, buscando outro dos nosos puntos de interese nesta ruta, e moi preto del vemos outra fermosa estampa, Cabana de Vella e o fondo os montes de Toxoso ainda cubertos pola neve caída nestes pasados días, estamos xa nunha zona alta, das máis de Mondoñedo. Aquí a sensación de frío xa se fai notar, ainda así, e a pesar da época, é un frío completamente soportable, ademáis o aire puro anima a seguir adiante.

E así, co noso camiñar, tras facer un pequeno xiro, e uns metros de campo a través atopamos a Charca da Cabrita, un fermoso lugar preto xa do alto da Pena da Roca. A charca, o día da nosa visita, lucía espléndida, rebosante de auga e cor, digna de ver. Dende aquí tamén gozamos dunhas excelentes vistas da cidade episcopal, vales e montañas do arredor.

Deixamos este fermoso lugar e seguimos, de novo campo a través, para atoparnos coa Lengua da Cabrita, pasar ben preto do lugar de Cabana de Vella, e agora volver xa cara Mondoñedo, pero desta volta por un tramo do Camiño de Ferrol, que nos levará de novo ao Marco da Infesta; nestes útimos andares xa para volver sobre os nosos pasos, e pouco antes de chegar ao marco, atopamos outra curiosa estampa, un corremento de terras que deixou unha fonda ferida nun prado do lugar.

Chegamos pois de novo ao marco, agora todo abaixo ata Cesuras, punto de partida e meta, desta fermosa camiñata matinal.


Notas fotográficas:

Todas as imaxes poden verse a un tamaño maior se facedes click nelas.

Foto 1: subida polo Camiño de Santiago ata o Marco da Infesta

Foto 2: vistas de Zoñán e os montes da Toxiza ao fondo

Foto 3: Fonte de Don Luis

Foto 4: Marco da Infesta

Foto 5: vista de Mondoñedo

Foto 6: sendeiro do Camiño de Santiago

Foto 7: Cabana de Vella e montes de Toxoso

Fotos 8 e 9: Charca da Cabrita

Foto 10: vista de Mondoñedo

Foto 11: corrementos de terra


Agradecemento especial a Andrés e Valentín

©Marcos_Candia