Arquivos da etiqueta: Cantos de Taberna

Conta atrás en Lourenzá, nunha semana “Conde Santo”

Achégase o fin de agosto, e como cada ano, Lourenzá, virirá as súas festas grandes, o Conde Santo, que un ano máis, trae como prato forte un gran concerto, nesta ocasión, a cargo de Revolver.

Pero non so haberá este concerto, ademáis orquestas da talla de Tekila ou Claxxon, a típica pulpada, o día da bicicleta, os cocos e cabezudos, a IX mostra folclórica, cantos de taberna, exhibición de batuka, fútbol… Todo iso se poderá desfrutar en Lourenzá dende o venres 28 ao luns 31 de agosto.

IMG_1695 IMG_1696Marcos Candia  – Cultura e Ocio © 2.015

 

Festas de Os Remedios 2.014

Os días 12, 13, 14 e 15 deste mes, Mondoñedo vive, un ano máis, a festas de Os Remedios, patroa da nosa Cidade.

Serán pois catro días cheos de actividades e vida en Mondoñedo, que terán como colofón a ofrenda a Virxe dos Remedios, que este ano corre a cargo do Excmo. Concello de Ribadeo.

6 orquestas, a Banda de Música de Ribadeo, a Coral Polifónica da mesa vila, cantos de taberna, carreira popular, teatro, fútbol de 2ª rexional e a primera edición do torneo de baloncesto de base; todo isto é o que nos ofrece Mondoñedo para unha fin de semana diferente na nosa Cidade.

Tendes toda a info nos seguintes carteis anunciadores.

Os Remedios 2.014

IV Cantos de Tabrna

Carreira popular

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Álbume fotográfico: Os Remedios 2.013

Os Remedios 2.013 chegaron, este pasado luns, ao seu fin.

Unha fin de semana cargada de eventos de varios tipos nos que non aburrirse nin un intre.

Cultura e Ocio, ofrécevos un pequeno álbume fotográfico, con imaxes do partido de fútbol que enfrontou a dous históricos equipos da Mariña, e que rematou Mondoñedo 3 – 0 Foz; tamén vos achegamos imaxes dos clásicos na Praza da Catedral, da procecesión dos Remedios e da carreira popular. Gran parte das imaxes son autoría do noso amigo e colaborador Andrés García Doural.

Podes ver as fotos facendo click aquí, ou na seguinte presentación

©Marcos_Candia

Os Remedios 2.013

Xa están a volta da esquina as festas dos Remedios para este 2.013. A próxima fin de semana Mondoñedo énchese de eventos, para festexar a Patrona da nosa cidade.

Este ano a ofrenda corre a cargo do Concello de Ortigueira, e dende alí chegará tamén a súa banda de música. Ademáis nos Remedios 2.013 contaremos coa presenza das orquestras: Nova Imperial, Samba, Jerusalen, Tequila e Nueva Generación. Eventos paraleos como o Ralli de Clásicos, unha nova edición dos Cantos de Taberna ou un partido de fútbol con tintes históricos. O sábado no Viñas da Veiga enfróntanse Mondoñedo e Foz, dous equipos inmersos na loita da 2ª rexional, dous equipos que forman parte da historia do fútbol na Mariña Lucense.

©Marcos_Candia