Achégase unha das datas máis festexadas na Mariña Lucense, o entroido, e as vilas de Mondoñedo e Lourenzá non serán excepción.
Na cidade episcopal o desfile de carnaval terá lugar o sábado día 13, polas principais rúas da cidade e como colofón na Praza da Catedral; onde o xurado determinará os premiados, que nesta ocasión, optan a preto de 5.000 € en premios repartidos en varias categorías.
Pola súa parte a ACIA de Lourenzá organiza o desfile laurentino, para o domingo día 14 de febreiro; un desfile que este ano reparte tamén, preto de 5.000 € entre os seusparticipantes.
Dúas citas que debes marcar no teu almanaque, para non perderte.
Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.016