Arquivos da etiqueta: Carreira

AS QUENDAS 2.016, MELLORANDO ANO A ANO

Achégase a última fin de semana de abril, e con ela, como ven sendo tradicción, atopamos marcada no almanaque, unha das festas mindonienses, falamos, como non, de “As Quendas”.

Cartaz As Quendas, 2.016

Para este 2.016, a “Asocación as San Lucas”, organizadora deste evento, preséntanos un cartaz de luxo, co cal pretenden subir un pouco máis o listón deste evento. Como sempre os cabalos e a feira do día 1, son o alicerce, pero non podemos esquecer as actuacións das orquestras na Alameda dos Remedios, o o concerto no auditorio, que este ano correrá a cargo de Mikel Erentxun. Ademáis “Mondoñedo é Poesía”, a XXXIII Festa da Empanada, a III Ruta a Cabalo, a II Toxiza Clasicc Extreme (carreira de montaña), entre outros eventos, encherán o programa festivo para os días 29 e 30 de abril e o 1 de maio.

Concerto Mikel Erentxun
III Ruta a Cabalo

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.016

XXV Festa da Faba de Lourenzá

Os días 2, 3 e 4 de outubro, Lourenzá vivirá a XXV da súa tradicional Festa da Faba, declarada de Interese Turístico Galego.

Cartel faba
Cartel da XXV Festa da Faba de Lourenzá. Fai click para ampliar a imaxe

Exposición, degustación e venda do producto por excelencia do Val de Lourenzá, a faba, pero ademáis diso terá lugar XIX edición do concurso fotográfico da festa da faba, ou a VI carreira popular “Val das Fabas”, tamén a I Vespafaba, concentración de vespas, motos e vehículos clásicos, o V trofeo “Faba de Lourenzá”, nas categorías cadete e amateur de fútbol, e tamén de basket feminino; xuntanza folclórica e tamén festa, o S. Marcial que se celebra de xeito paralelo a esta festa da faba.

Toda a info dos distintos eventos nos carteis a continuación.

S. Marcial
Festa do S. Marcial. Fai click para agrandar a imaxe
Faba 1
Díptico Festa da Faba. Fai click para agrandar a imaxe
Faba 2
Toda a info da XXV Festa da Faba de Lourenzá. Fai click para agrandar a imaxe

Marcos Candia – Cultura e Ocio  © 2.015

As Quendas 2.015, a tradicción continua

Un ano máis, como de costume, remata abril e comeza maio coas Feiras e Festas de As Quendas na Cidade de Mondoñedo. 

Unhas Quendas que este ano presentan un gran cartel cheo de eventos.  Como non a tradicional feira cabalar, as orquestras, un concerto, as exhibicións hípicas, degustación de carne de poldro, festa da empanada, Mondoñedo é Poesía, e este ano tamén, carreira polos montes da Toxiza.

Cartaz Quendas
As Quendas 2.015
Cartaz feira
Feira de Gando
11174909_10203051165754717_1518228218105600828_n
Sketchcrawl Galicia, en Mondoñedo
11156413_10203051194795443_1733940537557423526_n
Mondoñedo é poesía
Kiko-Sara
Concerto de Kiko y Shara
Toxiza Classic Extreme
Toxiza Classic Xtreme
IMG_0090.JPG
Programa completo
IMG_0091.JPG
Toda a info das Quendas 2.015

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

Álbume fotográfico: As Quendas 2.014

Durante a pasada fin de semana, Mondoñedo transformouse na capital da festa. As Quendas 2.014, dende o mércores e ata o sábado, trouxeron miles de visitantes a nosa cidade. 

Feira de gando cabalar, postos nas rúas, elaboración de empanadas, festa, polbo, saltos a cabalo, basket, carreira popular, concerto de Paula Rojo, Poesía, teatro… As Quendas deron moito de sí. 

Como de costume esta casa, ofrécevos un álbume fotográfico, que nesta ocasión conta con máis de 60 imaxes, que pretende resumir o que foron estas festas en Mondoñedo. Podedes ver o álbume facendo click aquí, ou na seguinte presentación.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014