Arquivos da etiqueta: Celtas Cortos

Festas do Conde Santo

Un ano máis, os nosos veciños laurentinos, celebrán as súas festas patronais do Conde Santo, que desta volta serán esta fin de semana os días 29, 30 e 31 de agosto e o 1 de setembro. O plato forte será xa o primeiro día, no que contarán coa actuación do mítico grupo Celtas Cortos que de seguro encherá a vila Laurentina. Pero iso non será todo, haberá orquestas todolos días da festa, o Día da Bicicleta, presentación do libro “Xoguetes Naturais. Argalladas dos pícaros”, exhibición de batuka, o trofeo futbolístico 3×1 do Conde Santo, e tamén a VIII Mostra Folclórica de Lourenzá o sábado 30.

Conde Santo

Folleto

Folclore

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014