Arquivos da etiqueta: Cetrería

XXIV Mercado Medieval de Mondoñedo

Mondoñedo volta ao medievo, un ano máis, para deleitar a veciños e visitantes da cidade. Este ano será os días 7, 8 e 9, desta mesma semana, comenzando o venres 6 as 23:00 h coa xa tradicional xuntanza das Mesnadas Mindonienses e Soldados do Mundo Cristiano, na praza da Catedral, que este ano, ademáis, contará cun aquelarre de bruxas.

CARTEL MEDIEVAL

Como de costume, o sábado, será o día do turista, cun amplo abano de actividades dende as 11:30 h da maña, coa saída da comitiva, dende o Concello a Praza da Catedral, epicentro de todos os actos.

Cetrería, malabares, xogos populares e tradicionais, pasarruas, Cabaleiro Medieval, Cea Medieval, actuación dos Festicultores… son os complementos perfectos a estas xornadas de troula e volta  o pasado que vivirá a cidade de Mondoñedo. 

A continuación tedes o programa completo, cos horarios de todos os eventos para estas xornadas: image-0001image-0002

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

Mondoñedo volta o medievo os días 9 e 10 de agosto

Un ano máis a cidade mindoniense, voltará a vestir as súas mellores galas medievais para celebrar a XXIII edición do seu, xa tradicional e multitudinario Mercado Medieval. Este ano será os días 9 e 10, coincidindo como de costume, coa segunda fin de semana de agosto.

MERCADO MEDIEVAL 2014 CARTEL.FH11

Como xa é tradición o Mercado Medieval de Mondoñedo, contará, como de costume, coas Mesnadas Mindonienses, exibicións de productos típicos da época, postos na rúa, animación, malabares, cetrería e por suposto a cea medieval do sábado as 21 h no epicentro do mercado, a Praza da Catedral.

MERCADO MEDIEVAL PROGRAMA 2014.FH11MERCADO MEDIEVAL PROGRAMA 2014.FH11

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Álbume fotográfico: XXII Mercado Medieval de Mondoñedo

Fai unhas horas chegou ao seu fin a XXII edición do Mercado Medieval de Mondoñedo. Foron miles os turistas que se achegaron a cidade mindoniense, dende o vernes, para revivir a época medieval nun marco incomparable.

Este blog quere ofrecervos unha pequena galería fotográfica con algúns dos momentos máis destacados da celebración. Grazas a todos por colaborar nas imaxes, que agora quedan aquí reflectivas. Podedes ver o álbume completo entrando neste enlace: “XXII Edición do Mercado Medieval, Mondoñedo 2.013” ou tamén na seguinte presentación.

©Marcos_Candia

Mercado Medival mindoniense, XXII edición

Un ano máis e xa van 22, Mondoñedo celebra unha das súas festas máis importantes e tradicionais, que dada as datas e interese, suma un importante regueiro de turistas a nosa cidade. Falamos do Mercado Medival, concretamente da XXII edición, que cumprirá neste 2.013, será os vindeiros días 9, 10 e 11, concentrado o forte dos festixos na fin de semana. A continuación achegamos o cartaz do evento e o tríptico con todos o programa, extenso como todos os anos, para non perder nin un minuto. Podedes ver as imaxes a maior tamaño se facedes click sobre delas.

©Marcos_Candia