Arquivos da etiqueta: Ciclismo

Álbume fotográfico: IV Rota BTT Rei Cintolo, Mondoñedo

Este pasado domingo tivo lugar en Mondoñedo a IV edición da ruta BTT Rei Cintolo, que este ano contou coa presenza de máis de 100 aficcionados a este espectacular deporte, que puideron desfrutar dunha ruta excepcional que os levou por varias das zonas máis fermosas da xeografía mindoniense.

Dende Cultura e Ocio, queremos ofrecervos un álbume fotográfico con máis de 150 imaxes da ruta. Se fuches partícipe da mesma búscate no noso álbume, onde se recollen as fotos da saída dende a Praza do Concello, e o paso dos ciclistas pola baixada anterior o punto de avituallamento. 

Marcos_Candia

Cultura e Ocio © 2.013

III Rota BTT “Rei Cintolo” polos montes de Mondoñedo

Un ano máis, e como reza o título desta entrada, por terceira vez, Mondoñedo vivirá unha xornada de auténtico BTT. Este domingo 17, as montañas mindonienses acolleran a ducias de ciclistas que un ano máis veñen atraidos a cidade, pola fermosura das súas paisaxes, a traballada rota BTT e a agradable compaña. Seguir lendo III Rota BTT “Rei Cintolo” polos montes de Mondoñedo