Arquivos da etiqueta: concerto

Conta atrás en Lourenzá, nunha semana “Conde Santo”

Achégase o fin de agosto, e como cada ano, Lourenzá, virirá as súas festas grandes, o Conde Santo, que un ano máis, trae como prato forte un gran concerto, nesta ocasión, a cargo de Revolver.

Pero non so haberá este concerto, ademáis orquestas da talla de Tekila ou Claxxon, a típica pulpada, o día da bicicleta, os cocos e cabezudos, a IX mostra folclórica, cantos de taberna, exhibición de batuka, fútbol… Todo iso se poderá desfrutar en Lourenzá dende o venres 28 ao luns 31 de agosto.

IMG_1695 IMG_1696Marcos Candia  – Cultura e Ocio © 2.015

 

Concerto de acordeóns en Lourenzá

A Comisión de Festas de Santa Cruz 2.014, está xa a traballar nun novo evento, en colaboración co Concello de Lourenzá, ao que vos invitan a todos. Trátase dun concerto do Grupo de Acordeóns do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, dirixido polo laurentino Lino Rico, e con intérpretes dende os 8 ata os 80 anos; unha nova experiencia tamén para eles.

 

Será o vindeiro domingo día 27, as 20:00 h no Salón de Actos do Concello de Lourenzá.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

XXV edición da Invernal de Galicia

Un ano máis, a terceira fin de semana do mes de marzo, as motos voltan a cidade de Mondoñedo, pero este ano de xeito especial, será os días 15 e 16, e celebrarase a XXV edición da Concentración de Motos Ruta N-634, a denominada Invernal de Galicia.

Contará cunha exibición acrobática a cargo de Emilio Zamora de “Ducati Stunt Team”, ademáis dun concerto na Praza do Concello, do grupo ferrolá “McKuin”.

Ademáis, acompañando esta fin de semana moteira, O Rincón de Mondoñedo, ofrecerá un concerto do grupo “La Dulce María”, será o sábado 15 a partires da 1:00 h. 

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Arts Ensemble, concerto en Mondoñedo

A “Asociación Cultural o Pasatempo” non descansa e propónnos unha actividade máis que interesante para o vindeiro sábado día 16 as 12:30 h no Auditorio Pascual Veiga; nada máis e nada menos que un concerto do quinteto “Arts Ensemble” formado por xoves músicos entre eles Marcos Cruz Pardeiro de Mondoñedo. Toda a info do evento na nota de prensa da asociación:

“A agrupación Arts Ensemble formouse en setembro de 2010 baixo a tutela do clarinetista Iván García. Está formado por estudantes da especialidade de vento madeira e trompa. A pesar da súa xuventude, teñen unha larga e gran traxectoria recorrida no ámbito musical. Todolos seus compoñentes teñen unha actividade regular xa seña con orquestras xoves, colaborando con orquestras profesionais, de forma solística, ou en agrupacións camerísticas. O seu repertorio abarca dende o Clasicismo ata o S. XXI.

Forman parte de orquestras xoves como a “Orquestra Xove de Galicia”, “Joven Orquesta de Castilla-La Mancha”, “Orquesta Joven de Extremadura”, “Joven Orquesta de la Comunidad de Madrid”, “Maribor International Orchestra”, “Orquesta Joven Iberoamericana JM”… E participan con orquestras profesionais como a “Orquesta Filarmónica de La Mancha”, “Orquesta Sinfónica de Castilla y León”, “Orquesta de Extremadura” e “Orchestra National France”.

Dende a súa formación, non pararon de traballar neste proxecto con ilusión e ganas, que a súa música non só quede restrinxida nas aulas, queréndoa compartir con todos vós. As súas propostas son innovadoras, creativas, orixinais co fin de chegar ó público dunha forma chamativa e directa, facendo que disfruten con eles da arte da música.

Integrantes:

– Víctor Blas Loarces Velasco (Villafranca de los Caballeros -Toledo-)

– Hae Won Oh (Seúl -Corea do Sur-)

– Javier Blanco González (Lalín -Pontevedra-)

– Mª Isabel Bermejo Chicano (Aldaia -Valencia-)

– Marcos Cruz Pardeiro (Mondoñedo -Lugo-)”

A entrada para o concerto terá un custo de 3,00 €

©Marcos_Candia