Arquivos da etiqueta: David Amor

San Lucas 2.014, o directo de Cultura e Ocio

As San Lucas, na súa edición 858, xa son unha realidade. Dende onte, Mondoñedo vive as festas máis antergas de Galicia e das máis de Europa, das cales se agarada, como de costume, sexan un éxito.

Este blog, no seu empeño de dar a coñecer a nosa cidade, a máis e máis xente, tentará ofrecer imaxes e vídeos en directo, dos mellores momentos destas Feiras e Festas, sempre que nos sexa posible.

Para seguir o directo, tan so tendes que acceder a Facebook e seguir a páxina desta rede social adicada a este blog.

Vive o 858 aniversario das San Lucas con Cultura e Ocio. Síguenos en Facebook.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

858 anos despois, San Lucas 2.014

Un anos máis, dende 1.156, a Cidade de Mondoñedo, celebra as Feiras e Festas de San Lucas.

Cartel Orquestas San Lucas 2014 OK-page-001

Chega a edición núm. 858 da festa máis tradicional da nosa cidade e das máis importes de Galicia. As San Lucas 2.014 presentan un gran cartel con actos que comezaran o próximo día 16 e que se prolongaran ata o día 20.Cartel Gando San Lucas 2014 OK-page-001

O xoves 16 como é tradicción as festas comezaran co pregón que este ano correrá a cargo de Antonio J. Meilán García. Durante os días festivos en Mondoñedo haberá varios platos fortes, sendo o máis importante a feira cabalar do día 18, sábado, pero tamén o concerto de Kepa Junquera, o mesmo día na Praza da Catedral, a actuación de Eme Music – Radio Líder, na mesma praza o venres 17, o concerto de Pablo López, o domingo 19 no auditorio (entradas en entradas.abanca.com) ou a gala musical Voces da Paula, o luns 20, unha gala feita por mindonienses e que se ofrecerá na Alameda dos Remedios.

Triptico As San Lucas 2014-page-001

Triptico As San Lucas 2014-page-002

Todo isto, e moito máis, é o que as San Lucas 2.014 ofrecen a mindonienses e tamén aos milleiros de visitantes que se agardan para esos días, no que se espera, unha ateigada cidade mindoniense.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014