Arquivos da etiqueta: Feira Cabalar

858 anos despois, San Lucas 2.014

Un anos máis, dende 1.156, a Cidade de Mondoñedo, celebra as Feiras e Festas de San Lucas.

Cartel Orquestas San Lucas 2014 OK-page-001

Chega a edición núm. 858 da festa máis tradicional da nosa cidade e das máis importes de Galicia. As San Lucas 2.014 presentan un gran cartel con actos que comezaran o próximo día 16 e que se prolongaran ata o día 20.Cartel Gando San Lucas 2014 OK-page-001

O xoves 16 como é tradicción as festas comezaran co pregón que este ano correrá a cargo de Antonio J. Meilán García. Durante os días festivos en Mondoñedo haberá varios platos fortes, sendo o máis importante a feira cabalar do día 18, sábado, pero tamén o concerto de Kepa Junquera, o mesmo día na Praza da Catedral, a actuación de Eme Music – Radio Líder, na mesma praza o venres 17, o concerto de Pablo López, o domingo 19 no auditorio (entradas en entradas.abanca.com) ou a gala musical Voces da Paula, o luns 20, unha gala feita por mindonienses e que se ofrecerá na Alameda dos Remedios.

Triptico As San Lucas 2014-page-001

Triptico As San Lucas 2014-page-002

Todo isto, e moito máis, é o que as San Lucas 2.014 ofrecen a mindonienses e tamén aos milleiros de visitantes que se agardan para esos días, no que se espera, unha ateigada cidade mindoniense.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Feira, festa, empanada, concertos e poesía, As Quendas 2.014

Volven un ano máis as feiras e festas de As Quendas a Mondoñedo, que como de costume, xiran en torno ao primeiro de maio. Neste 2.014 ademáis da típica feira cabalar e da festa da empanada, As Quendas terán tamén o concerto de Paula Rojo, no auditorio Pascual Veiga e tamén un recital músico-poético por toda a cidade culminando no mesmo auditorio. Toda a información das próximas festas de Mondoñedo nos seguintes cartéis (poden verse a maior tamaño facendo click enriba deles).

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

As San Lucas 2.013, a feira máis antiga de Galiza chega con forza

Un ano máis, a feira máis antiga de Galicia chega a cidade de Mondoñedo. Sera a súa semana grande de festexos coincidindo, o día máis espectacular o venres 18, propio do San Lucas, no que se espera, xunto co fin de semana, unha invasión de visitantes a nosa cidade. 

Xa están ao noso dispor todos os cartaz do evento, que se centra, como é habitual, na feira de cabalos, pero sen deixar de lado os concertos que este ano volven a Praza da Catedral. Músicos da talla de Budiño ou o grupo Di Elas no que aparece o premiado Luis Tosar, farán as delicias de mindonienses e visitantes. Ademáis no Auditorio terá lugar outro evento musical, desta volta Andrés Suarez dará un concerto neste recinto.

Todo isto e moito máis, é o que nos ofrecen este ano as San Lucas; podedes atopar todos os horarios dos eventos nas imaxes seguintes.  

Marcos_Candia

Cultura e Ocio © 2.013

Álbume Fotográfico: As San Lucas, 2.012

Mondoñedo celebrou a pasada semana, un ano máis as súas tradicionais Feiras e Festas de San Lucas.

Miles de persoas visitaron a cidade para ver en primeira persoa os variados espectáculos preparados, que na súa maioría versaron sobre a imaxe do cabalo, gran protagonista desta secular cita festiva galega. 

Este blog traevos unha pequena galería fotográfica, con 41 fotos nas que podedes ver imaxes da feira cabalar do día grande, a súa entrega de premios e tamén imaxes do concurso de Andadura Galega celebrado o mesmo día no recinto da granxa. 

Tamén vos recomendamos a visita as nosas web´s amigas Mondonedo.net e Mindonium.es, que contan cadansua co seu respectivo álbume das festas.

Se saes nalgunha foto, ou estás interesado nalgunha en concreto, podes poñerte en contacto con nos a través dos comentarios nesta mesma nova (deixanos o teu enderezo electrónico), ou tamén na nosa dirección de correo electrónico: culturaeocio@hotmail.es.

Podedes ver a galería fotográfica das festas facendo click aquí: “Álbume fotográfico As San Lucas 2.012”

Ademáis deixámosvos unha presentación das imaxes mediante Flickr

©Marcos Candia