Arquivos da etiqueta: Festa da Empanada

Feira, festa, empanada, concertos e poesía, As Quendas 2.014

Volven un ano máis as feiras e festas de As Quendas a Mondoñedo, que como de costume, xiran en torno ao primeiro de maio. Neste 2.014 ademáis da típica feira cabalar e da festa da empanada, As Quendas terán tamén o concerto de Paula Rojo, no auditorio Pascual Veiga e tamén un recital músico-poético por toda a cidade culminando no mesmo auditorio. Toda a información das próximas festas de Mondoñedo nos seguintes cartéis (poden verse a maior tamaño facendo click enriba deles).

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

As Quendas 2.012

Un ano máis, coincidindo coa festividade do 1 de maio, Mondoñedo acolle as feiras e festas de “As Quendas”, ademáis este ano da XXIX edición da “Festa da Empanada”. Este ano As Quendas, contarán con 5 días de festa:

27 de abril:

-Pregón das festas as 20:30 h no Auditorio “Pascual Veiga”

-Degustación de empanada nos locais hosteleiros da cidade, e noite do polbo

28 de abril:

-Ruta a cabalo

-A partir das 13:00 h, degustación de carne de poltro (Alameda dos Remedios)

-Festa verbena, na Alameda coas orquestras: Ritmo Joven e Passarela

29 de abril:

-Mercado de productos do campo galego, na praza da Catedral a partires das 10:00 h.

-Festa verbena, na Alameda coa orquestra: Trebol

30 de abril:

-Festas verbena, na Alameda coas orquestras: Compostela e Suavecito 

1 de maio: DÍA GRANDE

-XXIX festa da empanada

-Feira de Gando (inclué demostración de ferrado de cabalos)

-Festa verbena, na Alameda coas orquestras: Principal e Satélites

 

Ademáis de todo o anterior, durante estas festas poderase desfrutar de:

Banda de música – Grupo de gaitas “Os Reichos” – Coro “Mestre Pacheco” – concentración de autocaravanas – ruta de senderismo – festa infantil – xogos populares – ruta a cabalo – teatro “Xoldra”

 

Deixamos aquí o cartel para completar a información

©Marcos Candia