Arquivos da etiqueta: Festa

Cumprimos o ritual, “San Cosme da Montaña, 2.013”

28 de setembro de 2.013, 9:30 AM, Fonte Vella, Mondoñedo. Esa era a hora e as coordenadas, ahí arracou o reto. Pesa a ameaza de chuvia, a nubosidade abudante e o intenso chaparrón do día anterior (o propio do San Cosme), un intrépido e afouto grupo de amigos e amigas decidimos marchar camiñando ata o Santuario de San Cosme da Montaña, parroquia de San Martín de Galgao, Abadín.

Comezamos o trazado polo rúa Febrero, Leiras Pulpeiro e a Avda. de San Lucas, ata o Santuario de Nosa Señora dos Remedios, onde aproveitamos para deixar constancia do noso reto cunha fermosa instantánea. Collemos o trazado da estrada que por Rego de Cas e Cesuras ascende ata Tronceda, deixando atrás San Cristobo, Zoñán e Estelo. Tras pasar a antiga taberna de Cesuras, comezamos o ascenso polo antigo e empinado camiño da Infesta. Facélomo moi frescos físicamente e con mochilas repletas de desexos e gañas de conseguir o reto, sobre todo a de Belén, que despois da dura subida, repúxose e demostrou forza e orgullo. Ascendemos pola “Revolada”, parte inferior das antigas “Pedreiras”, “Fonte de Don Luís” e o lonxe divisamos o “Marco da Infesta”, tamén coñecido como “Marco da Fervenza”. Neste punto de bifurcación do camino, e tras un laborioso e duro ascenso aproveitamos para coller forzas e deixar unha nova imaxe de recordo e amizade.

Proseguimos subindo pola ladeira do empinado monte, deixando a nosa esquerda a “Pena da Roca”, e a nosa dereita uns elevados muros de pedra que fechan algunhas parcelas de terreo; a fonte da “Espadaña”, que da orixe ao río Pelourín e o que queda da antiga “Niveira”. Unha vez no cumio dos montes de Cesuras, aproveitamos a proximidade, para desviarnos uns metros e ver a fermosa “Charca da Cabrita” xa que algún dos membros da expedición non estiveran alí nunca. Unha vez no lugar, a desulisión pola escasa auga, veuse respondida polas espectaculares vistas, e caras de satisfacción dos membros da camiñata. A partir deste punto a roupa de abrigo fíxose precisa, xa que o frío se facía notar nestas altas montañas do noso fermoso Mondoñedo.

Sorteamos o aramio de pinchos que separa os montes de Cesuras e Sasdónigas, e escomezamos o descenso dos mesmos, por unha das pistas de concentración parcelaria. Transitamos por “A Granda das Cortellas”, por “O Lombo do Medio” e o lonxe xa divisamos as vivendas de Galgao, de A Xesta e o Santuario de San Cosme, a nosa meta da maña. O descenso final, largo e moi pronunciado, fainos camiñar con precaución, xa que os nosos xeonllos empezaban a queixarse. Atravesamos a estrada nacional 634, e aos poucos metros estamos xa no campo da festa do San Cosme da Montaña, a primeira parte do trazado foi todo un éxito; tanto, que chegamos con case unha hora de adianto sobre as previsións dos nosos guias, Suso da Imprenta e Andrés Doural, que debían pensar que non eramos tan habilidosos no arte de camiñar.

Despois duns cortos minutos de descanso, aproveitamos o bar de Cuba Fernández, para tomarlle uns cacharros antes da misa, a cal acudimos, uns na parte baixa, e outros no coro da igrexa. Despois do evento relixioso aproveitamos para participar da Procesión e unha vez pasada esta facemos a foto oficial co Santo no seu Santuario, aquí, varios membros do grupo non puideron estar, xa que tiveron que partir a vila de Abadín para poder xantar, pola falta de pulpería na festa. Sirvan estas liñas para recordalos e que pese a non estar na igrexa eles tamén forma parte da foto. ¿E que pasou despois desto? Pois que ia pasar, aproveitamos para comer, os que tiñamos, uns xeitosos e saborosos bocadillos, namentras esperábamos pola volta dos que ian en Abadín. Despois de repoñer forzas, tomamos un café e deleitamos os nosos oídos co grupo “Lecer” que amenizaba a sesión matinal, con grandes temas como o seu movido “Paketón, Paketón”.

Unha vez voltarón os da comilona en Abadín, e co grupo formado de novo, tomamos a decisión de cambiar a ruta de volta, e vir para a cidade das mil privameras por varias das súas aldeas e recunchos máis fermosos, xusto polo costado contrario a onde subimos. Así pois ascendemos ata o alto de Galgao, polo “Campo da Randea”, deixamos a estrada de Pastoriza  e tomamos unha pista, típica galega, de terra que parte a nosa esquerda ata o “Rego de Muras”, aquí xiramos de novo a esquerda xusto por debaixo da futura autovía do Cantábrico, que tanto “beneficio” vai dar a Mondoñedo, e comezamos o descenso ata as vivendas do lugar de Samordás. Deixamos a un lado as ruinas do antigo santuario de San Cosme e a cova de “Os Santos” tamén coñecida como “Da Meiga”, e a nosa dereita o extenso prado de “O Oidor”, todo isto co ritmo do “Paketon, Paketon” que causou furor entre os camiñantes, e era inevitable recordar a canción.

Estamos xa preto das vivendas de Vicos de Abaixo, xiramos a dereita, por un fermoso e ancho camiño, pasamos o rego “Do Penido” e chegamos a un novo grupo de casas, a “Valiña”, lugar natal de dous membros do grupo, Andrés e Miguel, camiñantes sen fronteira e con Mondoñedo sempre por bandeira. Proseguimos logo deste verso, e pasamos o “Rego da Valiña”, vivendas de “A Pradela”, “Penido de Xastoso”, “Rego da Cal” e comezamos o empinado e duro ascenso de “Os Espiñeiros” donde o conserxe máis famoso de Mondoñedo, o noso amigo Rafa, levaba a dianteira, por certo, xa que o nomeamos aquí, felicidades por esos grandes e fermosos 34 anos, ti xa sabes. Ao rematar a subida chegamos as vivendas de “Pausalido”. Logo deste barrio vamos ata “Orxal” e baixamos pola parte inferior da famosa cova do “Rei Cintolo” ata o barrio de “Supena”. Neste punto aproveitamos unha excepcional fonte pública para repoñer folgos beber un bo grolo da mellor auga de Galicia, e tomar unha nova foto, seguimos camiñando.

Prosegue o descenso a un lado do barrio de “Supena”, collemos unha pista de terra que nos leva por “Caldodubio”, “Pena Aguda”, “Louseiras de Lavapés” e terreos de “As Bouzas”; en nada estamos xa na traza da estrada que leva a Argomoso. Transitamos pola mesma en dirección ao famoso e fermoso a vez, barrio de “Os Muiños de Arriba”, deixando a nosa dereita o manantial de “A Naranxeira” e a vivenda de “O Escouridal”, a nosa esquerda as vivendas de “As Casas Blancas” e “O Pacio” e xunto as de “Os Limpeiros”, entramos xa no citado barrio. Aquí poñemos punto e final a un día especial e espectacular, entre amigos, que culminamos na casa doutro amigo, Pepe, na súa famosa “Taberna do Valeco”, tomándolle unha e recodando o evento. De hoxe nun ano compañeiros.

Formamos parte da cita: Hermelino, Andrés, Miguel, Suso Robles, Rafa, Suso Rico, Mari, Belén e un servidor, Marcos. Grazas a todos pola xornada, aparte das fotos que ilustran estas liñas, ao pe das mesmas deixamos un álbume do evento. Saúdos.


Texto de Andrés García Doural e Marcos Candia

Imaxes de Jesús Emilio, Andrés García Doural e Marcos Candia

©Marcos_Candia