Arquivos da etiqueta: Fútbol Sala

VII Torneo de Fútbol Sala “O Pasatempo”

Chega unha das citas deportivas mariñas máis consolidada no calendario nos últimos anos, falamos do Torneo de Fútbol Sala “O Pasatempo” que por oitavo ano consecutivo se celebrará no pavillón de deportes Viñas da Veiga de Mondoñedo, será os días 10, 11 e 12 do próximo mes de xuño. 

received_10156898300300574
VII Torneo de fútbol sala “O Pasatempo”

Escadras galegas, asturianas e leonesas chegarán a cidade episcopal para pelexar polo título, onde se darán cita xogadores de 1ª ou 2ª división nacional deste deporte.

O torneo que se celebra no formato marathon conta con numerosa afluencia de público sobre todo nas noites do venres e sábado, e por suposto nas finais do domingo, este ano de seguro que a tónica continuará.

Para esta edición os premios son os seguintes:

– 1° clasificado 1700€ + trofeo
– 2° clasificado 700€ + trofeo
– 3° e 4° clasificados 250€ + trofeo
– Mellor equipo local 150€ + trofeo
– Último clasificado: tarta de Mondoñedo (novidade este ano)
– Trofeo ó mellor xogador, máximo goleador e mellor porteiro (todos os trofeos son artesanais) e premio tamén para o MVP da final, elexido polo público asistente.

A inscripción ao torneo ten un custo de 120 €, todos os equipos inscritos contarán con descontos para o aloxamento nos locais da cidade mindoniense.

O torneo contará para todos os partidos con árbitros da Federación Española.

Para anotarse podedes facelo nos seguintes teléfonos: 630314749 e 651958770 (tamén por whatsapp).

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.016

VI Marathon de Fútbol Sala “O Pasatempo”

Seis anos seguidos!!! Unha cita xa consilidada no almanaque deportivo da Mariña. Por sexto ano consecutivo, ahí queda iso, a Asociación Cultural o Pasatempo, organizado o Marathon de fútbol sala o Pasatempo, a celebrar en Mondoñedo os próximos días 20-21-22 de xuño.

A inscripción de cada equipo ten un prezo de 110 €. O torneo contará con árbitros federados e ademáis os equipos poden beneficiarse de descontos en aloxamentos na nosa cidade, para este evento.

E por suposto premios!

1º clasificado 1.500 € e trofeo // 2º clasificado 600 € e trofeo // 3º e 4º clasificados 220 € e trofeos // mellor equipo local 120 € e trofeo // ademáis de trofeo o mellor xogador, máximo goleador e mellor porteiro.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Fútbol sala e …. pedras esta fin de semana en Mondoñedo

Ainda que o título pode resultar un pouco extraño, a Asoc. Cultural o Pasatempo, proponnos esa mezcla para esa fin de semana en Mondoñedo.

Dunha parte o xa coñecido maratón de fútbol sala, do que xa demos conta aquí, e que dará comezo maña venres no pavillón da cidade de Mondoñedo. A continuación reproducimos o cadro do torneo que terá a gran final o domingo as 19:00 h (facendo click podedes velo en grande).

Pero ademáis do fútbol sala, a asociación Pasatempo, proponnos unha exposición sobre arte en pedra. O autor é o artesan Fernando Vilariño, mindoniense de adopción, que realizada incribles obras en pedra talladas a man. A exposición poderá visitarse os días do maratón nas inmediacións do pavillón de deportes, xuntado así deporte e cultura. A continuación duas das súas pezas (podedes ver as imaxes en grande facendo click nelas).

©Marcos_Candia

V Maratón de fútbol Sala “O Pasatempo”

Un ano máis a Asociación Cultural “O Pasatempo” organiza unha maratón de fútbol sala na cidade de Mondoñedo, que chega xa a V edición. Este ano será os días 6, 7 e 8 do vindeiro mes de xuño.

Dende a Asocación fannos chegar unha nota de prensa con toda a información deste evento:

V Marathon de fútbol sala O Pasatempo
Despois de catro anos organizando este torneo, a Asoc. Cultural O Pasatempo convoca unha nova edición para a primeira fin de semana do mes de xuño. Os días 7, 8 e 9 o pavillón de Mondoñedo acollerá de novo a equipos da comarca e outras provincias.
Nesta edición os premios serán os seguintes:
– 1º clasificado 1.500 € + trofeo
– 2º clasificado 600 € + trofeo
– 3º e 4º clasificado 200 € +trofeo
– Mellor equipo local 100 € +trofeo
Haberá ademais trofeos para o mellor xogador, o mellor porteiro e o máximo goleador. Tódolos trofeos son artesanais e orixinais, realizados por artesáns mindonienses e da comarca.
A data límite para inscribirse será o 5 de xuño, con un máximo de 24 equipos participantes. O sorteo de grupos e horarios realizarase esa mesma semana. O prezo de inscrición por equipo é de 100 €, a mesma contía que nos anos anteriores.
Tódolos partidos contarán con árbitros federados e para os equipos que o precisen haberá descontos no aloxamento durante a fin de semana. Tamén se habilitará unha zona de acampada para aqueles que o prefiran.
Para máis información e inscricións, os equipos interesados poden dirixirse ós seguintes números de teléfono: 630314749 – 651958770 (tamén por whatsapp).”

Asique xa sabedes, non existe escusa para non achegarvos e participar neste torneo que xa se consolida no calendario de maratóns de Galicia.

©Marcos_Candia

Sangue Laranxa

O Burela FS recibiu onte a visita do Rei de Copas, o Inter Movistar, partidazo no Vista Alegre, cheo ata a bandeira, cun resultado final de 1-2.

O conxunto burelés, é o único do territorio nacional que ten ambas escadras na máxima competición (masculino e feminino), no partido de onte soubemos quen ten parte dese mérito, nin máis nin menos que a incrible aficción laranxa.

O Vista Alegre, cheo a rebentar, viu como pola súa pista pasaba un dos equipos máis potentes deste deporte, non so en España se non a nivel mundial, como é o Inter Movistar, da capital española. O partido a priorí parecía que sería un coser e cantar para os visitantes, pero logo dos 40 min de xogo, a realidade foi outra ven distinta. Desde o primeiro segundo de partido a aficción animou sen cesar aos homes de Xulio Delgado que saíron a súa cancha sen complexos diante dun rival de altura. No min 5 de xogo o gran Betao marcou o 1º tanto do encontro e puxo en franca vantaxe o cadro visitante, 0-1. Pero o Burela soubo refacerse deste gol inicial e antes de chegar ao descanso o taboleiro reflectia táboas no marcador 1-1.

No segundo período o partido seguiu un derroteiros similares, o Inter buscaba a porta do Iago e o Burela a contra despuxo de varias ocasións para poñerse por diante no marcador, mercé o seu gran traballo defensivo, a súa velocidade e o empuxe, inestimable, da grada burelá. Pero a fortuna foille esquiva, ata tres dobres penaltis tivo o cadro local e ningún rematou na rede; nos últimos minutos e en vista do empate a 1-1 que seguia no marcador, os visitantes optaron por poñer o denominado porteiro-xogador e con esa estrataxema, Betao, de novo, cun gran disparo puxo o definitivo 1-2 no marcador. Pero Xulio, adestrador burelés, despuxo tamén a partir deste intre o seu porteiro-xogador, ainda que a fortuna de novo, foille esquiva os burelaos.

Ata aquí o partido, derrota do Burela, ante un equipo pragado de estrelas nacionais e internacionais; pero onte en Burela, coma sempre, xogouse outro partido, este gañado por goleada, o partido da aficción. O Vista Alegre, leva anos demostrando a toda a Mariña, como se vive o deporte de élite, o sentimento laranxa, abandeirado pola incansable “Pataca Laranxa”, inunda cada día de partido o pavillón e fai vibrar aos xogadores, ata me atrevo a decir visitantes, onte sen ir máis lonxe, ao remate do partido os homes do Inter recibiron o aplauso do Vista Alegre, algo habitual, e que fai máis grande se cabe esta aficción.

Tralo partido de onte, e como xa comentaba Xulio, queda unha sensación agridoce, o Burela tivoo ahí pero o final foiselle todo un Rei de Copas cos tres puntos, pero a liña a seguir xa esta debuxada, e o Burela non se pode render, deben loitar partido tras partido, e de seguro que os resultados chegarán. Unha vez máis a aficción estará ahí, e visto o de onte, nin pola cabeza se lles pasa renderse.

Mención neste punto, a sección feminina do clube, que segue entre as mellores da élite deste deporte a nivel nacional, codeándose sempre coa primeira praza da táboa clasificatoria e deixando un moi bo sabor de boca por todos os campos por onde pasa.

Dende aquí, queremos animar ao Burela a seguir loitando e demostrando que un humilde tamén pode ser un grande. Oxala este SENTIMENTO LARANXA perdure por moito tempo entre os mellores do futsal nacional. En hora boa Burela.

©Marcos Candia