Arquivos da etiqueta: Fútbol

Fútbol solidario

Este próximo domingo, día 20, o Viñas da Veiga acollerá unha nova xornada de fútbol, para o equipo da cidade, o Mondoñedo FC enfróntase como local ao CD Xermade a partir das 16 h.

Nadal
Fútbol Solidario en Mondoñedo

Como xa é habitual a directiva do clube mindoniense organiza a súa tradicional “Xornada Solidaria“, que consiste no troque de alimentos non perecedoiros por entradas para este choque; así todos os afeccionados ao fútbol que desexen animar ao seu equipo no Viñas da Veiga, tan so terán que doar algún alimento destas características a cambio do acceso ao recinto deportivo. Todos os alimentos que o clube consiga recaudar serán doados a Cáritas Mondoñedo, que ano tras ano colabora neste bonita iniciativa.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

IX CONCURSO DE TAPAS, “CIDADE DE MONDOÑEDO”

Os locais de hostalaría de Mondoñedo, un ano máis, deleitan aos seus clientes con manxares en forma de tapa, na que será a IX edición do concurso de tapas “Cidade de Mondoñedo”, e que terá lugar os días 27, 28 e 29 deste mesmo mes.

Nesta ocasión serán nove os locais que participan desta iniciativa, que no pasado ano fora todo un éxito, e que neste 2.015 aspira a mellorar, tanto en número de visitantes, como na calidade das tapas, que nada máis ver o cartaz, semellan do máis variado.

Tapas Mondoñedo 2.015
IX Concurso de Tapas (clica na imaxe para vela en grande)
Tapas Mondoñedo 2.015 2
IX Concurso de Tapas (clica na imaxe para vela en grande)

 

 

 

 

 

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

PRIMERA EDICIÓN DO MEMORIAL “RAMÓN ESPANTOSO”

O pasado domingo 30 de agosto, os aficcionados ao fútbol mindoniense e os xogadores do Mondoñedo FC, rendíronlle un merecido homenaxe ao recordado Ramón Espantoso Losada, tristemente falecido fai uns anos.

¿Qué seguidor deste deporte no recorda a Ramón? ¿Qué xogador dos anos setenta e comezos dos oitenta non desfrutou da súa amizade? ¿Qué xogador da súa etapa pode decir algo negativo da súa persoa? Ramón comezou as súas andanzas deportivas no antigo Campo da Feira, e cando se fundou a S.D. Mindoniense, no ano 1.971, foi cando Ramón aportou unha valiosísima labor entorno ao cadro mindoniense. Facía de adestrador, delegado de equipo, de encargado da vestimenta deportiva, era quen se encargaba de segar o campo, de márcalo, de abrir e fechar os vestiarios, de subir manualmente a auga para o depósito… Ademáis de ser unha gran persoa, sempre trataba con gran agarimo aos xogadores, con algún dos cales chegou a desfrutar dunha gran amizade.

Nunha expléndida tarde para a práctica do deporte, con bastante afluencia de púbico e sobre un bo terreo de xogo, tivo lugar o encontró que enfrontou ao C.D. Alfoz e o Mondoñedo F.C. Aproveitouse a ocasión para estrear, o equipo mindoniense, unha nova equipación, unha vez máis, doada por D. José Bouso, propietario de “A Taberna do Valeco” de Mondoñedo.

alfoz 32
Entrega do trofeo
alfoz 18
Lances do xogo
alfoz 27
Lances do xogo
alfoz 5
Entrada ao campo
30 agosto 3
Mondoñedo FC
30 agosto 4
Placa entregada polo Mondoñedo FC

Asistiron o encontró a filla de Ramón, Remedios e os dous netos do mesmo, realizando o saque de honra un deles. Despóis dun desputado encontro, durante o que se realizaron numerosos cambios, finalizou o tempo reglamentarios co resultado de empate a dous goles. Anotou os dous locais Jacobo Cancela, ambos de falta directa desde o borde do área grande. Na tanda de penaltis, o cadro do Val do Ouro foi máis eficaz dende a distancia dos nove metros, levándose así este primeiro memorial “Ramón Espantonso”. Entregou o trofeo, ao capitán do cadro vencedor, Valea, a filla e os netos de Ramón.

Polo Mondoñedo F.C., xogaron: Vázquez, Noceda, Marcos, Adrián, Iván, Genito, Celeiro, Jacobo Cancela, José, Liqui, Fabián, Raimunde, Miguel, Jacobo Chao, Denis, Rosendo, Carro, Cristián e Aadil.

Coa colaboración especial de Andrés García Doural

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

PRETEMPORADA DEPORTIVISTA EN MONDOÑEDO

O 24 de xullo de ano 1.985, os compoñentes do Dépor daquela época, comezaban o seu segundo “stage” de pretempada nas instalacións do Hotel Mirador de Mondoñedo, hoxe en ruínas.

Daban así comezo ao programa marcado polo técnico Jesús “TxuTxi” Aranguren Merino, en colaboración co preparador físico daquel entón, Gilabert, para a posta a punto do equipo con vistas a nova tempada.

DÉPOR EN MONDOÑEDO
Escadra deportivista da tempada 79/80, co laurentino Rego Rey.

Era a segunda vez na historia que o conxunto herculino preparaba a tempada nas instalacións do citado hotel mindoniense. A primeira, foi a correspondente a tempada 79/80, na que participaría Rego Rey, que xogou varios encontros na segunda división co cadro coruñés, e que co paso dos anos xogaría de forma moi destacada, en varios equipos da nosa provincia, na Terceira División. Destacaban nas formacións daquel Dépor, Paco Buyo, Pardo, o arxentino Piris, Cantudo, Alfonso Castro, Ballesta, Traba, José Luís Vara, Piña, Gallego, Pousada ou Albino. O máximo goleador do cadro naquela tempada, fora o dianteiro centro Traba, con 14 dianas. Fatídica tempada para o Dépor, e Celta de Vigo, na cal ambos cadros caerían a 2ª división B.

Pero centrámonos no ano 1.985, naquel entón o Dépor contaba con xogadores como Traba, Montes, Silvi, Agulló, Verón, Jorge, Donowa, Vicente Celeiro ou José Luís Vara. Ao remate desta tempada na 2ª división o Dépor acadaría a 6ª praza sendo o máximo artilleiro o chairego Vicente Celeiro con 11 tantos.

Os compoñentes daquel Dépor, durante a súa estadía en terras mindonienses, realizaban a parte táctica no municipal “Viñas da Veiga”, onde ademais xogaban encontros amigables coa S.D. Mindoniense dende o ano 1.972; a parte física era levada a cabo polos frondosos montes que rodean Tronceda e Estelo e a veira dos seus pastizais.

Aproveitando a pretempada, o cadro coruñes, tamén aproveitou para desputar o XVII Trofeo “Conde de Fontao” de Foz, sería o 28 de xullo, as seis e media da tarde, onde se enfrontarían o Dépor e o Sevilla, adestrada naquel entón por Manolo Cardo, que tamén se atopaba preparando a tempada en Galicia, concretamente en Ordes. A victoria do partido, sería para o cadro galego, por tres tanto a un, tantos de Camuel, Alfredo e Durán e o gol sevillista sería para Francisco. O árbitro daquela contenda, un famoso galego García de Loza.

Coa colaboración especial de Andrés García Doural

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

Conta atrás en Lourenzá, nunha semana “Conde Santo”

Achégase o fin de agosto, e como cada ano, Lourenzá, virirá as súas festas grandes, o Conde Santo, que un ano máis, trae como prato forte un gran concerto, nesta ocasión, a cargo de Revolver.

Pero non so haberá este concerto, ademáis orquestas da talla de Tekila ou Claxxon, a típica pulpada, o día da bicicleta, os cocos e cabezudos, a IX mostra folclórica, cantos de taberna, exhibición de batuka, fútbol… Todo iso se poderá desfrutar en Lourenzá dende o venres 28 ao luns 31 de agosto.

IMG_1695 IMG_1696Marcos Candia  – Cultura e Ocio © 2.015