Arquivos da etiqueta: Jacque Stunt

A Invernal de Galicia chega a súa XXIV edición

A Invernal de Galicia, así é coñecida a xa famosa concentración moteira da cidade de Mondoñedo, que este ano, unha vez máis tera lugar neste mes de marzo, será os días 9 e 10. 

Sábado día 9:

12:00 h: Apertura de incripcións con cervexa e pincho de benvida

18:30 h: Exhibición acrobática a cargo de Jacque Stunt e Nelson Pina, na Avda. de Bos Aires coa animación de Disco Movil Eventec

20:30 h: Desfile de antorchas polas rúas de Mondoñedo, en memoria dos moteir@s falecidos nas estradas

21:30 h: Cea no pavillón municipal de deportes

00:30 h: Queimada na Praza do Concello

02:00 h: Striptease en Disco Pub “A Sala”

“Durante todo este día haberá espicha de sidra en “Bar Mini”, Praza da Catedral”

Domingo día 10:

09:00 a 10:00 h: almorzo

11:00 h: Ruta turística, visitando os concellos de O Valadouro e Alfoz con saída dende a Praza do Concello

14:00 h: xantar de despedida e entrega de premios

NOTA: – todolos inscritos na concentración moteira, poderán facer uso das instalacións polideportivas para dormir, sitas no “Complexo Deportivo Viñas da Veiga”

Ademáis todo aquel que queira colaborar con esta concentración pode facelo mercando a camisola conmemorativa da mesma, por un módico prezo de 6,00 €. Está a venda no Bar Mini, Bar Castro, Bar O Porriño, A Sala, e tamén por medio dos membros da organización.

©Marcos_Candia