Arquivos da etiqueta: Motos

A Invernal de Galicia

23 edicións, un evento completamente consolidado no almanaque de todos os moteiros que se precen, falamos da XXIII edición da Concentración Mototurística Ruta N-634, que este ano aparece sinalada os días 10 e 11 deste mes de marzo.

Como é lóxico e habitual os días da concentración Mondoñedo inúndase de centos de moteiros chegados de toda España, dispostos a desfrutar da festa que lles ofrece esta xuntanza.

No cartel deste 2.012, organizado unha vez máis polo “Motoclube Ruta N-643 Mondoñedo”, e coa colaboración do Concello de Mondoñedo podemos destacar a exhibición de “Dani Carrillo” presentando o seu “Carrillo Stunt Show”. Ademáis como xa é habitual, a recepción dos moteiros será na Praza da Catedral o sábado 10 as 12:00 h, donde serán recibidos cunha cervexa é un pincho de benvida, ademáis de consumicións nos locais da cidade, un pin, unha camiseta e unha pegatina conmemorativos. Tamén na noite do sábado na Disco-Pub a Sala terá lugar o show striptease e na praza do concello a queimada noctura.

Se todo o anterior fora pouco, ademáis os moteiros poderan desfrutar dunha cea o sábado e almorzo o domingo, todo por 25,00 €, importe que dende o Motoclube de Mondoñedo manteñen un ano máis inalterable, ainda que dando a opción de pagar so 18,00 € que incluiría a cea ou a comida e o pin conmemorativo. E por último para os que queirades facer a inscripción anticipada con todo incluído por 23,00 €, para facer está, debedes acceder a web do Motoclube onde facilitan o núm. de conta bancaria para o ingreso. 

Dende “Cultura e Ocio” queremos felicitar ao Motoclube da nosa cidade por seguir un ano máis, a pesares da crise ofrecendo este evento, tan importante para o sector turístico da nosa cidade e comarca.

©Marcos Candia