Arquivos da etiqueta: O Porriño

Eventos da hostalaría local de Mondoñedo

“O Rincón de Mondoñedo”, e o bar “O Porriño”, ofrécenos diversos eventos durante este mes de febreiro para as nosas noites na cidade das 1.000 primaveiras. 

Comezamos o venres día 14, San Valentín, no que “O Rincón de Mondoñedo”, invita as 10 primeiras parellas que reserven mesa para cear, a un SPA.

Despois do Rincón, chegará o turno do bar “O Porriño”, que o venres día 21, nos ofrece unha noite de teatro, co grupo Trípode Teatro e a súa obra Xuízo Anticorrupción, a partires das 23:00 h. 

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Samaín en Mondoñedo

Na noite do próximo xoves 31 de outubro a ˝Asociación Cultural O Pasatempo” promove a celebración, un ano máis, da noite do Samaín. 

Pero os actos comezarán máis cedo, a iso das 18:00 h na casa da Cultura con actividades para os máis pequenos; as 19:30 reparto de castañas e percorrido polas rúas de “Truco ou Trato”. Ao remate o Bar Porriño sumase a festa, co reparto de castañas, viño e co son da boa música. 

Xa pola noite as 0:00 h, a maxia do samaín inunda Mondoñedo cunha queimada popular e un concurso de cabazas para adultos con premio! 

Marcos_Candia 

Cultura e Ocio © 2.013

Noite máxica de Samaín en Mondoñedo

Dende a Asoc. Cultural o Pasatempo, dannos conta das súas actividades para a festa do Samaín (noite do 31 de outubro ao 1 de novembro) en Mondoñedo.

Nota de prensa:

“A Asociación Cultural O Pasatempo de Mondoñedo e o Bar O Porriño organizan o vindeiro mércores 31 unha noite máxica de Samaín. Na noite onde tradición e celebración se mesturan nas brumas do outono todos aqueles que o desexen poden disfrutar dun magosto popular, queimada e concurso de decoración de cabazas, todo na Praza do Concello.

A Asociación Cultural O Pasatempo de Mondoñedo comezará na tarde do 31 de outubro a partir das 20:30 coa preparación dun magosto popular na Praza do Concello. Todos e todas os que se acheguen ata alí poderán degustar castañas asadas á maneira tradicional.

Ademais haberá concurso de decoración de cabazas no que poden participar nenos, nenas e persoas de tódalas idades. Aquelas máis traballadas e mellor decoradas levarán premio e todas se poderán ver na mesma Praza do Concello durante a noite.

Para recibir ó mes de novembro á sombra da medianoite haberá queimada e actuación musical a cargo do Bar O Porriño.

O Samain é unha festividade de orixe celta que na noite do 31 de outubro ó 1 de novembro celebra a fin da tempada de colleitas e o comezo da chamada ‘estación escura’, é unha festa de transición e de apertura a outro mundo. Unha festividade que co paso dos anos se foi popularizando en moitas sociedades.

Vén celebrar a noite do Samaín con nós!”

Organizan: “Asoc. Cultural O Pasatempo” e “Bar Porriño”

©Marcos Candia