Arquivos da etiqueta: orquestas

Álbume fotográfico: San Lucas 2.014

As Feiras e Festas de San Lucas 2.014 veñen de rematar.

Foron 5 días espectaculares nun Mondoñedo ateigado de xente que desfrutou, sen parar, das feiras máis antigas de Galicia.

Foto 18-10-14 14 22 50Este blog estivo presente nunha boa parte dos eventos, ofrecendo imaxes e vídeos en directo a través da rede social Facebook (facebook.com/culturaeocio); vídeos que tiveron un amplo seguemento, e que contabilizan a esta hora, máis de 4.500 vistas, na rede social.

Como resumo as festas, engadimos un álbume ao noso Flickr, con todas as imaxes captadas nas Feiras, e que podes ver facendo click aquí, ou na seguinte presentación:

Dar as gracias a todos os que apostades por este Blog e a súa web en Facebook, para seguir a actualidade da cidade de Mondoñedo.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Festas do Conde Santo

Un ano máis, os nosos veciños laurentinos, celebrán as súas festas patronais do Conde Santo, que desta volta serán esta fin de semana os días 29, 30 e 31 de agosto e o 1 de setembro. O plato forte será xa o primeiro día, no que contarán coa actuación do mítico grupo Celtas Cortos que de seguro encherá a vila Laurentina. Pero iso non será todo, haberá orquestas todolos días da festa, o Día da Bicicleta, presentación do libro “Xoguetes Naturais. Argalladas dos pícaros”, exhibición de batuka, o trofeo futbolístico 3×1 do Conde Santo, e tamén a VIII Mostra Folclórica de Lourenzá o sábado 30.

Conde Santo

Folleto

Folclore

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014