Arquivos da etiqueta: Orquestras

A Tilleira (Lourenzá) en festas

Esta vindeira fin de semana o lugar de  A Tilleira, en Lourenzá, celebrará as súas festas de Santa Cruz 2.014.

A continuación reproducimos o cartaz das mesmas, facilitado pola Comisión, e no que observamos que as festas de Sta. Cruz contarán con importantes actuacións como a do humorista Pepo Suevos ou a cantante laurentina Patri da Silva. Estades todos invitados a acudir.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Álbume fotográfico: As Quendas 2.014

Durante a pasada fin de semana, Mondoñedo transformouse na capital da festa. As Quendas 2.014, dende o mércores e ata o sábado, trouxeron miles de visitantes a nosa cidade. 

Feira de gando cabalar, postos nas rúas, elaboración de empanadas, festa, polbo, saltos a cabalo, basket, carreira popular, concerto de Paula Rojo, Poesía, teatro… As Quendas deron moito de sí. 

Como de costume esta casa, ofrécevos un álbume fotográfico, que nesta ocasión conta con máis de 60 imaxes, que pretende resumir o que foron estas festas en Mondoñedo. Podedes ver o álbume facendo click aquí, ou na seguinte presentación.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Feira, festa, empanada, concertos e poesía, As Quendas 2.014

Volven un ano máis as feiras e festas de As Quendas a Mondoñedo, que como de costume, xiran en torno ao primeiro de maio. Neste 2.014 ademáis da típica feira cabalar e da festa da empanada, As Quendas terán tamén o concerto de Paula Rojo, no auditorio Pascual Veiga e tamén un recital músico-poético por toda a cidade culminando no mesmo auditorio. Toda a información das próximas festas de Mondoñedo nos seguintes cartéis (poden verse a maior tamaño facendo click enriba deles).

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

As San Lucas 2.013, a feira máis antiga de Galiza chega con forza

Un ano máis, a feira máis antiga de Galicia chega a cidade de Mondoñedo. Sera a súa semana grande de festexos coincidindo, o día máis espectacular o venres 18, propio do San Lucas, no que se espera, xunto co fin de semana, unha invasión de visitantes a nosa cidade. 

Xa están ao noso dispor todos os cartaz do evento, que se centra, como é habitual, na feira de cabalos, pero sen deixar de lado os concertos que este ano volven a Praza da Catedral. Músicos da talla de Budiño ou o grupo Di Elas no que aparece o premiado Luis Tosar, farán as delicias de mindonienses e visitantes. Ademáis no Auditorio terá lugar outro evento musical, desta volta Andrés Suarez dará un concerto neste recinto.

Todo isto e moito máis, é o que nos ofrecen este ano as San Lucas; podedes atopar todos os horarios dos eventos nas imaxes seguintes.  

Marcos_Candia

Cultura e Ocio © 2.013