Arquivos da etiqueta: Orquestras

Rapa das bestas de “Campo do Oso”

Un ano máis Mondoñedo celebra a xa tradicional “Rapa das Bestas de Campo do Oso” que tera lugar o vindeiro domingo día 30 no monte do mesmo nome.

20130623-152030.jpg

Este ano haberá, ademáis da rapa, xogos a cabalo, recinto para comer o tradicional polbo a feira e degustar de balde a carne de poltro e festa amenizada pola discoteca móvil “MM Ribadeo” e “Duo Límite XX2”.

©Marcos_Candia

Díptico, San Lucas 2.012

Toda a información das San Lucas deste ano reunida nun só díptico.

Hoxe saiu a rúa o díptico informativo da edición 2.012 das festas máis importantes de Mondoñedo, as “San Lucas”, que este ano serán dende o día 17 ata o 21. Sen máis deixamos aquí as imaxes do citado díptico para que teñadas información de todos e cada un dos eventos a desenrolar nestas festas.

Podedes ver as imaxes en grande se facedes click nelas.

©Marcos Candia


Programación S. Lucas 2.012

TEMOS NOVIDADES!

Xa están no noso poder os carteis das orquestas para as S. Lucas deste ano, así como o cartel da feira de gando! Aquí vos deixo as imaxes. Con estas completamos a lista de carteis para este ano, que podedes atopar nesta entrada.

Xa está dispoñible o cartel principal das S. Lucas deste ano 2.012, diseñado por Vizoso. Deixamos aquí o mesmo para o voso desfrute (podedes velo en grande facendo click nel). Ademáis temos xa o nome do que será o pregoneiro das festas o día 17, D. Ramón Villares Paz (antigo alunmo do Seminario Sta. Catalina de Mondoñedo, é Doutor en Historia e Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, ademáis foi director de 16 tesis de doutorado e 20 memorias de licenciatura. Foi Rector da Universidade de Santiago de Compostela entre 1.990 e 1.994).

Recordade que iremos actualización esta entrada según teñamos información sobre estas festas.

Un ano máis achegámonos a outubro, o mes por excelencía da festa en Mondoñedo, un ano máis preto están xa “As San Lucas”.

Este ano serán os días 17, 18, 19, 20 e 21 do vindeiro mes.

Xa temos no noso poder un programa, a modo de adianto, as orquestas que actuarán durante os días da festa, así como tamén, o importe dos premios que se repartirán no concurso de gando cabalar a celebrar no “Campo dos Paxariños” o día grande das feiras, o 18 de outubro.

Deixamos aquí pois, este programa de orquestas e de premios do concurso, do mesmo xeito, en canto teñamos toda a información e programa completo das festas achegaremos os datos e eventos restantes.

©Marcos Candia


As Quendas 2.012

Un ano máis, coincidindo coa festividade do 1 de maio, Mondoñedo acolle as feiras e festas de “As Quendas”, ademáis este ano da XXIX edición da “Festa da Empanada”. Este ano As Quendas, contarán con 5 días de festa:

27 de abril:

-Pregón das festas as 20:30 h no Auditorio “Pascual Veiga”

-Degustación de empanada nos locais hosteleiros da cidade, e noite do polbo

28 de abril:

-Ruta a cabalo

-A partir das 13:00 h, degustación de carne de poltro (Alameda dos Remedios)

-Festa verbena, na Alameda coas orquestras: Ritmo Joven e Passarela

29 de abril:

-Mercado de productos do campo galego, na praza da Catedral a partires das 10:00 h.

-Festa verbena, na Alameda coa orquestra: Trebol

30 de abril:

-Festas verbena, na Alameda coas orquestras: Compostela e Suavecito 

1 de maio: DÍA GRANDE

-XXIX festa da empanada

-Feira de Gando (inclué demostración de ferrado de cabalos)

-Festa verbena, na Alameda coas orquestras: Principal e Satélites

 

Ademáis de todo o anterior, durante estas festas poderase desfrutar de:

Banda de música – Grupo de gaitas “Os Reichos” – Coro “Mestre Pacheco” – concentración de autocaravanas – ruta de senderismo – festa infantil – xogos populares – ruta a cabalo – teatro “Xoldra”

 

Deixamos aquí o cartel para completar a información

©Marcos Candia