Arquivos da etiqueta: Pena do Vento

Fotos Cedidas: “A Pena do Vento”

Ala por xullo do pasado ano, este blog, publicaba un artigo referente a curiosa “Pena do Vento“; unha rocha situada nos montes da Toxiza ven preto de Tronceda.

Pois ben, un dos nosos lectores, Xusto, pediunos información de como chegar exactamente ao lugar, e agora tras visitala os pasados días, coincidindio coa súa estancia en Mondoñedo, fainos chegar unhas fermosas imaxes da rocha e do lugar que a arrodea.

Moitas gracias a Xusto, por seguir este blog e por colaborar tamén co mesmo, a través de imaxes (podedes velas a tamaño completo facendo click enriba delas). Se ti queres colaborar con este medio tamén podes facelo, so tes que contactar connosco no seguinte mail: culturaeocio@hotmail.es.

©Marcos_Candia

A “Pena do Vento”

Seguimos adiante coa nosa sección “Historia“, e desta vez vamos falar novamente dunha formación rochosa, canto menos curiosa.

Se o pasado luns falabamos do “Mosqueiro das Porras“, hoxe é o turno doutra rocha, tamén sita nos montes da Toxiza en Tronceda, que quizais non resalte tanto polo seu tamaño, pero si pola súa formación e situación.

A “Pena do Vento”,  podemos vela entre a Fraga do Armadoiro e o Rego do Paso, no lugar ao que a mesma rocha da nome, como deciamos nos montes da Toxiza.

É unha rocha granítica de forma ovalada, cunhas medidas de 5,20 m de diámetro e 1,70 m de altura. Atópase asentada enriba doutra “rocha morta”, sobre a cal se apoia nunha superficie duns 50 cm2.

 Fai uns anos xentes descoñecidas tentaron botar abaixo esta rocha sen éxito, poñendo ademáis en perigo a vida dos animais, persoas e incluso vehículos que por alí pasan. Amigos unha vez máis a naturaza demóstranos o forte e fermosa que é, con esta obra de arte.

Ademáis desta rocha, nos montes da Toxiza, podemos atopar outras curiosas, como o xa comentado “Mosqueiro das Porras” ou a Pena Abaladoira, da que non a moito tardar daremos boa conta aquí mesmo.

Deixovos unha imaxe máis desta fermosa “Pena do Vento”.

 ©Marcos Candia