Arquivos da etiqueta: Presentación

Mondoñedo Literario, o libro dos mindonienses

Maña xoves 2 de xullo, será un día importante para a escrita mindoniense, pois terá lugar a presentación do libro “Mondoñedo Literario”, un traballo de Armando Requeixo, outro mindoniense que recolle neste libro estudos sobre os autor@s que deu e segue a dar a nosa cidade. Amais diso, as imaxes da cuberta, autoría do mindoniense Xose Vizoso, ou a imaxe da lapela, do tamén mindoniense Marcos Candia, fan que este volume sexa o libro dos mindonienses.

A presentación, será as 20:00 h, no salón multiusos do Centro Comarcal de Mondoñedo (Antigo Cuartel da Garda Civil), e contará coas intervencións de Elena Candia, presidenta da Deputación Provincial e Alcaldesa de Mondoñedo, Claudio Rodríguez Fer, escritor e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, e Armando Requeixo, autor do traballo e actual investigador e secretario no Centro Ramón Piñeiro para a investigación de Humanidades.

IMG_0998

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

Roteiro Turístico – Literario “Leiras Pulpeiro”

Este sábado, día 8 de novembro, terá lugar en Mondoñedo, a presentación do Roteiro Turístico – Literario “Leiras Pulpeiro”.

Dende as 20 h e ata as 21:30 h, varios persoeiros daranse cita no Auditorio de Mondoñedo, para falar sobre este roteiro, nunha cita de marcado carácter cultural, e que ensalzará a figura do “Médico dos pobres”.

Tendes toda a info do acto nas imaxes seguintes.

1390493_722581177819182_5995363645259411954_n

10487298_723373067739993_8666386501495488491_nMarcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

O Grupo Literario Leiras Pulpeiro chega a Lugo

Trala súa presentación en Mondoñedo, o pasado 28 de febreiro, o “Grupo Literario Leiras Pulpeiro”, presentarase na capital de provincia o próximo venres 14; o acto terá lugar no Refectorio do Museo Provincial de Lugo as 20:00 h. 

Tendes toda a información do mesmo na seguinte imaxe cortesía do grupo.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Presentación do “Grupo Literario Leiras Pulpeiro”

O vindeiro venres día 28 as 20:00 h, no salón de actos, sito na Casa da Xuventude de Mondoñedo, terá lugar a presentación en sociedade do “Grupo Literario Leiras Pulpeiro”. 

Intervirá na mesma Xusto Fernández Haro, Concellal de de Cultura do Concello de Mondoñedo, ademáis de Julia María Labrador Ben e Fran Bouso, coordinadores do grupo literario. Falará tamén Ramón Reimunde Noreña, biógrafo de Leiras Pulpeiro. Por último o acto, contará coas actuacións musicais de César Morán (voz e guitarra) con Rebeca Maseda (violín) que tocarán os poemas musicados de Leiras por César Morán, e finalmente será a Coral Mestre Pacheco a que ofrecerá ao público os poemas de Leiras musicados por Xan Carballal.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Criticalia cumpre dous anos

O blog “Criticalia” é xa unha referencia das bitácoras galegas; editado por un mindoniense, Armando Requeixo, recibiu dende xaneiro de 2.011 máis de noventa mil visitantes.

“Criticalia” é sinónimo de estudo, lectura, información, paixón pola nosa lingua, e por suposto, críticas literarias.

Armando puxo na rede o 31 de xaneiro de 2.011, está interesante iniciativa, que ademáis, hoxe en día, está avalada por unha obra en papel co mesmo título (e da que xa falamos aquí), que saíu a luz o 17 de febreiro do pasado ano, case coincidindo co primeiro aniversario da súa “versión” web.

No blog podemos atopar recensións do máis variado da literatura galega, coas que aprender sobre os escritores de noso e tamén, como non, decidirnos por algún libro para cultivar o noso apetito cultural.

Ademais de todo isto, Armando tráenos tamén, outras seccións a súa bitácora, entre as que destacaremos dúas, o “Parlamento das Letras” e a “Tabela dos Libros”.

O parlamento é un lugar dentro do seu blog onde nos presenta escritores en lingua galega a traveso dunha interesante entrevista; pola súa parte a “Tabela dos Libros” (podedes ver a Tabela de xaneiro, na imaxe da dereita, facendo click nela abrirase en grande) comezou ala por outubro do pasado ano, Armando xunto con Manuel Rodríguez Alonso, Inmaculada Otero Varela, Montse Pena Presas, Héitor Mera Herbello e Francisco Martínez Bouzas, ofrécennos recomendacións mensuais sobre os libros que ao seu parecer son os máis estimados de entre as publicacións máis recentes na nosa lingua mai.

Dende logo “Criticalia” gañou a pulso o seu éxito e por ende o gran número de visitas que recibiu nestes dous anos de vida; dous anos aos que “Cultura e Ocio” se quere sumar, dándolle dende xa a en hora boa a Armando pola súa iniciativa e polo seu éxito.

©Marcos_Candia