Arquivos da etiqueta: Presentación

“Que non calen os eidos!” Ciclo Cultural

O vindeiro 9 de novembro, cumpriranse 100 anos dun día marcado na historia de Mondoñedo e Galicia, 100 anos do pasamento de D. Manuel Leiras Pulpeiro (Mondoñedo 25/10/1.854 – 09/11/1.912), creador da famosa obra Cantares Gallegos (1.911), unha obra que ainda hoxe e texto de estudo.

Galicia recordou a Pulpeiro outorgándolle o día das Letras Galegas ala polo ano 1.983, e ahora é a súa cidade Mondoñedo, a que honrará, durante este ano, a súa histórica figura.

Como comezo destes actos, ven de presentarse por parte do Concello mindoniense, un ciclo cultural que baixo o nome Que non calen os eidos! tentará levar a maxia do teatro a todas e cada unha das parroquias da vila, en cada un dos locais sociais ou antigas escolas.

Estas escenificacións correran a cargo dos seguintes grupos:

  • O Bordelo (Cervo)
  • Ardora (San Cibrao)
  • O Batán (Cangas)
  • Raiolas(Alfoz)
  • A Adala (Fazouro)

Todas elas intrepetarán o espectáculo “As verbas do ramo” como xa deciamos, polas distintas parroquias de Mondoñedo; pero a 1ª actuación traera unha novidade, correra a cargo do grupo O Bordelo, e será en Oirán, o próximo 10 de xuño, alí a interpretación que se poderá ver será sobre a obra “R.I.P. Marandaina“, ao igual que o 28 de outubro en Curros; todas as restantes ata a final o día 9 de decembro en Estelo, serán da obra “As verbas do ramo”. Seguir lendo “Que non calen os eidos!” Ciclo Cultural

“Mondoñedo unido”

Co nome de “Mondoñedo Unido”, nace unha plataforma de Asociacións, que xuntas reivindican a entrada na comarca de Mondoñedo de novas industrias que xeren novos postos de traballo, tan precisos nestes tempos, onde o habitual, que non positivo, é o peche de empresas.

Maña venres 4 de maio, a plataforma “Mondoñedo Unido” entregara a corporación municipal do concello mindoniense, todalas firmas que conseguiron recoller durante estos días, sinaturas que pretenden ser o recoñcemento do pobo a necesidade imperiosa de traer a esta terra novos postos de traballo, para que deste xeito as nosas familias non se vexan obrigadas a emigrar, e por conseguinte ir desaparecendo aos poucos a nosa comarca. Seguir lendo “Mondoñedo unido”

Nace “Cultura e Ocio”

Hoxe, 23 de febreiro de 2.012, nace un novo proxecto na rede, “Cultura e Ocio”.

Este blog, aloxado na rede de “Blogaliza”, fórxase en Mondoñedo, terra unida históricamente a cultura, co seu principal expoñente D. Álvaro Cunqueiro Mora, e o ocio, xa que famosas son as festas da cidade, as S. Lucas, as Quendas, Mercado Medieval…

Sen ánimo de lucro, e co único de fin de informar dende a rede, de eventos, lóxicamente culturais é de ocio, ainda que con cabida a información de todo tipo, que se celebren ou teñan que ver con Mondoñedo e cos concellos do seu entorno; este é o fin do blog que estades a ver.

Dende este momento deixo inaugurado o blog, espero que os contidos que vaian chegando sexan do voso agrado. Do mesmo xeito e nesta liña, se queredes colaborar co blog, tan so tendes que decilo, se tes algunha información que consideres que pode encaixar nesta páxina (eventos culturais como: exposicións, presentacións de libros, charlas, coloquios, difusións culturais, ou eventos de ocio tales como: festas e demáis) manda un e-mail a: culturaeocio@hotmail.es, con todos os datos que teñas, tras ser revisado o contido será colgado na web.

©Marcos Candia