Arquivos da etiqueta: Pretemporada

Victoria do Mondoñedo FC

Novo amistoso do Mondoñedo FC e volta a senda da victoria.

3º partido preparatorio deste pretemporada para o Mondoñedo FC e novamente no Viñas da Veiga; logo dunha victoria e unha derrota, destal volta tocou de novo saborear o triunfo.

O rival nesta ocasión foi a AD Catro Roldas, que a pasada tempada militou xunto co equipo mindoniense en 3ª rexional, pero tras acabar no primeiro posto ascendeu unha categoría, co cal este amistoso, segue a liña da pretemporada, na que todos os rivais do Mondoñedo FC, ata o momento, son de superior categoría.

Este encontro, que rematou co 1-0 para o equipo da nosa cidade, foi outra boa pedra de toque, na que os homes de Hermelino dominaron durante os 90 min, sen dar opcións ao rival. O gol mindoniense, foi obra de Manuel Rodríguez, logo dun centro medido de Diego Carro, cun tiro coa perna esquerda, sen deixar caer o balón, colocado a cepa do pao.

A nota negativa deste partido puxoa Noli, que se resentiu das molestias nos abductores, e tan so puido xogar 5 min.

Segue pois a preparación dos mindonienses de cara a nova tempada, na que lles desexamos toda a sorte do mundo.


Agradecemento a “Diego García Carro” pola información facilitada

©Marcos Candia


Novo amigable do Mondoñedo FC

O Mondoñedo FC desputou este sábado 11 un novo encontro preparatorio de cara a nova tempada, desta volta fronte ao Meira, equipo que xogará unha categoría por enriba en 2ª rexional e que a pasada tempada rematou a mesma con opcións de ascenso que ao final non culminou.

Neste encontro o Mondoñedo, non foi capaz de sumar unha nova victoria (recordemos que no seu 1º amigable ante o Muimenta tamén de 2ª gañara 4-3), e caeu derrotado por 0-2.

Logo dunha primeira parte igualada, na segunda, o amplo número de baixas dos locais e un baixón físico debido a que estamos no inicio dos adestramentos provocaron esta derrota. De todos xeitos e quedándonos coa 1ª parte as forzas estiveron moi igualadas, recordamos cun equipo de superior categoria.

No Mondoñedo debutou, novamente, un xogador de categorias inferiores, foi desta volta Jacobo Chao.

O próximo amigable para os homes de Hermelino, será o vindeiro mércores, tamén no Viñas da Veiga, en fronte estará a AD Catro Roldas.


Agradecemento a “Diego García Carro” pola información facilitada

©Marcos Candia


Amigable de pretemporada do Mondoñedo FC

Onte domingo o Mondoñedo FC, que este ano competirá na 3ª rexional, desputou no Viñas da Veiga un test de pretemporada, en fronte o Muimenta equipo de 2ª rexional.

Ainda que nestes partidos o menos importante é o resultado, xa que os adestradores usanos para ir facendo probaturas de cara a competición, o Mondoñedo foi capaz de imporse ao Muimenta, equipo de superior categoría, por un axustado 4-3, con goles para os locais de “Rud Van”, “Portela”, Campovello” e un gol en propia porta do Muimenta.

Deste encontro, ademáis, cabe destacar a oportunidade que Hermelino, adestrador mindoniense, lle deu a Hamza e Luis Rego, que fixeron o seu debut co Mondoñedo senior, cando ainda se atopan na categoría cadete.

Veremos como segue a progresión do Mondoñedo de cara a nova tempada, e tentaremos traervos algunha galería fotográfica.


Agradecemento a “Diego García Carro” pola información facilitada

©Marcos Candia