Arquivos da etiqueta: Procesións

Semana Santa 2.016

Chega un ano máis a Semana Santa a Mondoñedo, que este ano ven marcada pola intención de conquerir para a mesma a catalogación de “Interese Turístico Galego“, para por así en valor as actividades que se levan a cabo durante a mesma na cidade mindoniense.

Deixamos aquí o cartaz da mesma, que comezará co pregón do sábado 19 as 21:00 h na Casa da Xuventude a cargo de D. José María Díaz Fernández, deán emérito da Catedral de Santiago.

As procesións comezarán o Domingo de Ramos as 11:30 h, dende a Igrexa de Santiago a Catedral de Mondoñedo, onde se celebrará a Misa de Paixón do Señor e Bendición de Ramos.

Os actos extenderanse ata o Domingo de Pascua, cando se celebrará as 12:00 h a misa de Resurrección na Catedral.

*Toda a información dos actos podes vela na web da Diócese de Mondoñedo-Ferrol.

Semana Santa, Mondoñedo
Cartel Semana Santa, Mondoñedo 2.016

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.016

Semana Santa Mindoniense, 2.014

Un ano máis a cidade de Mondoñedo vai celebrar a súa tradicional Semana Santa, que sacará as rúas auténticas obras de arte, que recorreran toda a cidade, acompañadas da VOT e de centos de fieis.

Este ano o pregón da Semana Santa, correrá a cargo do Bispo da Diócese Mondoñedo – Ferrol, D. Manuel Sánchez Monge, será o venres día 11 as 20:30 h no Salón de Actos da Casa da Xuventude de Mondoñedo, e estará acompañado dun concerto a cargo do Coro “Mestre Pacheco”.

 

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

 

Semana Santa mindoniense, 2.013

Dende este sábado 23, Mondoñedo vivirá un ano máis a súa tradicional Semana Santa, unha das máis importantes de Galicia e que cada ano conta coa presenza dun gran número de fieis nas rúas, seguindo os numerosos actos relixiosos que teñen lugar na Cidade Episcopal.

O sábado terá lugar o pregón da Semana Santa 2.013 a cargo do Sr. D. Eugenio García Amor, será as 20:30 h na Casa da Xuventude, este acto, será o punto de partida dos actos relixiosos.

Toda a información das misas, e das procesións podedes atopala nas seguintes imaxes. Facendo click nelas abriránse a tamaño completo para facilitar a súa lectura ou impresión.

©Marcos_Candia