Arquivos da etiqueta: Rapa das Bestas

Rapa das bestas de “Campo do Oso”

Un ano máis Mondoñedo celebra a xa tradicional “Rapa das Bestas de Campo do Oso” que tera lugar o vindeiro domingo día 30 no monte do mesmo nome.

20130623-152030.jpg

Este ano haberá, ademáis da rapa, xogos a cabalo, recinto para comer o tradicional polbo a feira e degustar de balde a carne de poltro e festa amenizada pola discoteca móvil “MM Ribadeo” e “Duo Límite XX2”.

©Marcos_Candia

44 anos de historia: “Rapa das Bestas de Campo do Oso”

A Rapa das Bestas en Galicia existe dende fai séculos e é sobre todo un día de festa; os cabalos qeu se baixan ata o curro son todos cabalos galegos de monte, raza autóctona que conserva case intacta unha gran parte da súa pureza. Sen ser de cor castaño ou negro, cunha musculatura potente, de pouca alzada e dotados dunha gran enerxía.

Dende o ano 1.968, cada cuardo domingo do mes de xuño, celébrase unha destas rapas nos montes do “Campo do Oso”, na que se reunen centos de cabezas de gando cabalar, que durante todo o ano pastan libremente arredor do curro do citado lugar; a primeira rapa que se celebrou neste curro estivo amenizada polo cuarteto musical “Brisas del Masma”. Co paso dos anos o espectáculo vai en aumento chegando xa os grupos e as orquestras.

O curro de “Campo do Oso” atópase situado nas ladeiras do monte de Carracedo, próximo á estrada comarcal que comunica a poboación de Mondoñedo coa parroquia de Sta. María de Bretoña, pertencente ao concello de A Pastoriza. Seguir lendo 44 anos de historia: “Rapa das Bestas de Campo do Oso”