Arquivos da etiqueta: Seminario

A ESTATUA DE SANTA CATALINA DE MONDOÑEDO

O prelado mindoniense D. José María de Cos y Macho (1.886-1.890), axiña comprendeu que o edificio do Seminario Sta. Catalina se facía pequeno para o alto número de alumnos que asistían as súas clases e vivían alí internos. A ampliación que lle pareceu máis viable foi a de construír un segundo piso (D. Enrique Cal Pardo, Episcologio Mindoniense, páxina 990).

O prelado, celoso protector dos artistas do país, encomendou ao arquitecto provincial D. Nemesio Cobreros Cuevillas o proxecto das novas obras que se levarían a cabo no Seminario (2º piso) e a construcción dunha nova estatua da súa patroa Sta. Catalina, que había de coronar o corpo apilastrado e frontispicio da súa fachada.

IMG_1721
Foto cedida por Andrés García Doural

A estatua de Sta. Catalina, foi encomendada ao artista D. Ramón Martínez Insua, habilitado do clero mindoniense (abo paterno do noso veciño “Paco Fanego”). O modelo, pero en menor escala, nun comezo foi feito en barro e exposto no escaparate da farmacia do Sr. Ferreiro na rúa Progreso para “censura de los contertulios”.

Tratábase dunha obra de relativa importancia, non so para o autor, se non tamén para o propio pobo. Cando o Sr. Cobreros, inspeccionou as obras do Seminario, mostrouse compracido coa escultura do Sr. Martínez de Insua. O artista, acompañado dos seus operarios, traballou con intensidade.

Ramón, que xa había demostrado que manexaba con gran destreza a gubia ou o formón, tamén fixo arte das súas mañas co punteiro e o cincel. A nova estatua de Sta. Calatina, que coroa o edificio do Seminario mindoniense, é de granito, da mesma clase que o empregado no corpo apilastrado e que popularmente denominan de “Toxoso” (Abadín). A estatua ten tres varas de alto aproximadamente, ou o que é o mesmo sobre dous metros e medio (“El Eco de Galicia”, núm. 815, 22/01/1.889).

Como a maioría das cousas que se fan en Mondoñedo, tampouco faltaron detractores a obra de D. Ramón Martínez.

No ano 1.895, tamén baixo a dirección de D. Nemesio Cobreros foron colocados pararraios nas torres da catedral, Santuario dos Remedios, Hospital de S. Pablo e Seminario Conciliar.

Coa colaboración especial de Andrés García Doural

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

Cunqueiro e a Real Academia Galega

O salón de actos do Real Seminario Conciliar Santa Catalina de Mondoñedo, foi testigo, o 21 de abril do ano 1.963, dun dos actos máis importantes para a historia das letras en Mondoñedo, o acto de ingreso de D. Álvaro Cunqueiro Mora, como membro numerario da Real Academia Galega.

No mesmo, o ilustre escritor mindoniense leu o seu discurso de ingreso, co título “Algunhas imaxinacións sober tesouros”, ao que daría resposta, nese mesmo acto o laurentino D. Francisco Fernández del Riego.

Agora, cincuenta e dous anos despois, a Real Academia Galega, recupera para o noso desfrute, o texto íntegro de dito acto, tanto o discurso de recepción na Academia de D. Álvaro Cunqueiro Mora, como o discurso de resposta de D. Francisco Fernández del Riego.

Como non podía ser doutro xeito, esta casa, deixa aquí o .pdf, que edita a nomeada Academia, facéndose tamén partícipe de tan fermoso documento histórico, que podes leer, cliclando no seguinte enlace:

Cunqueiro. Real Academia Galega

Ademáis, podes leer o texto integro desta nova, na web da Real Academia Galega, facendo click aquí.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

Noraboa. Amencer xa ten 3 décadas

A revista “Amencer” editada polo seminario mindoniense, ven de cumprir 30 anos de vida, presentando con tal motivo o seu núm. 217 (do que se achega a portada), un núm con duas partes ben diferenciadas; a primeira que pretender ser un núm normal cos contidos de sempre, ainda que marcados polas “Letras Galegas” e unha segunda parte na que si podemos atopar este especial 30 anos.

Dende “Cultura e Ocio” recomendamos a lectura deste novo núm que esta cheo de interesantes contidos nas suas 72 páxinas.podedes atopalo aquí.

©Marcos Candia


30 anos de vida, revista “Amencer”

Coincidindo co comezo deste 2.012, o Real Seminario Conciliar Sta. Catalina de Mondoñedo e a Asoc. De Amigos “Amencer”, editaron o núm. 215 da súa revista, “Amencer” que este ano, a finais deste mesmo mes cumpre a súa terceira década de vida, fai xa 30 anos que saiu o seu núm. 0.

 Dende este blog, non queríamos deixar pasar a oportunidad de felicitar a todos os que traballan, traballaran, ou traballaron algún día na redacción desta revista, que demostra que con moi pouco se pode facer moito.

Como xa nos prometen dende a introducción a este núm. 215, nos derradeiros días deste mes de abril tentarán sacar a luz un número especial, conmemorativo deste evento, no que pretenden contar coa colaboración de varios inteluctuais galegos que reciben a revista.

Agardamos pois con impaciencia xa, este vindeiro número de “Amencer” que de seguro será moi especial, como xa nos adiantan.

A modo informativo comentarvos que podedes consultar os últimos números da revista, (incluído o actual, núm. 215 xaneiro – febreiro) na web da diócese Mindoniense-Ferrolá.

©Marcos Candia