Arquivos da etiqueta: Tapeo

IX CONCURSO DE TAPAS, “CIDADE DE MONDOÑEDO”

Os locais de hostalaría de Mondoñedo, un ano máis, deleitan aos seus clientes con manxares en forma de tapa, na que será a IX edición do concurso de tapas “Cidade de Mondoñedo”, e que terá lugar os días 27, 28 e 29 deste mesmo mes.

Nesta ocasión serán nove os locais que participan desta iniciativa, que no pasado ano fora todo un éxito, e que neste 2.015 aspira a mellorar, tanto en número de visitantes, como na calidade das tapas, que nada máis ver o cartaz, semellan do máis variado.

Tapas Mondoñedo 2.015
IX Concurso de Tapas (clica na imaxe para vela en grande)
Tapas Mondoñedo 2.015 2
IX Concurso de Tapas (clica na imaxe para vela en grande)

 

 

 

 

 

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

VIII Concurso de tapas de Mondoñedo

Por oitavo ano, a ACIA de Mondoñedo, organiza o concurso de tapas da nosa cidade, que este ano será os días 28,29 e 30 deste mes de novembro.

Como de costume as tapas terán o prezo de 1,00 € cada unha, cun total de 24 tapas repartidas en 12 locais.

Ademáis a ACIA ofrécenos o “Pasaporte do Gran Tapeador”, o cal podemos selar en cada establecemento coloborador con este evento, e unha vez conqueridos 10 selos, o noso pasaporte entrará no sorteo de 3 lotes de viño agasallo da distribuidora “Perlora”.

E non so aberá tapas, tamén fútbol, todo un derbi, Mondoñedo-Lourenzá, o sábado 29 as 16:15 h; teatro, o mesmo día as 19:00 h e música, concerto de Lucía Pérez, o domingo as 19:00 h (entradas a 5,00 €).

Tedes toda a info nas imaxes seguintes (podedes velas a maior tamaño facendo click enriba delas)image-1

image-2

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Lourenzá tamén tapea neste nadal

Se fai uns días era a Cidade de Mondoñedo a que presentaba o seu VII Concurso de Tapas e o Mercado Extraordinario, que tivo como gañador a o Bar Mini na tapa creativa por Pectum Maximus Mini Hibiscus Surprise, e o Bar Castro na tapa tradicional e de elección do público ambos por Carrilleira de Tenreira ao Viño Tinto; agora é o turno de Lourenzá que os vindeiros días 14 e 15, achéganos un perfecto cartel para pasar un fin de semana cos veciños laurentinos que sempre nos reciben cos brazos abertos.

Para este fin de semana, ademáis do roteiro de tapas, achegannos unha pulpada e churros, xogos populares e obradoiro de xoguetes ademáis do sorte de 500 € en vales de compra nos locais da ACIA laurentina.

Ao pe destas liñas achegamos o cartaz do evento para que anotedes nas vosas axendas esta saborosa cita na Vila veciña.

Marcos_Candia

Cultura e Ocio © 2.013

De tapas por Mondoñedo

Un ano mais, os locais de Hostalaría de Mondoñedo achegannos os máis xeitosos manxares nunha nova entrega do Concurso de Tapas, que neste 2.013 chega a súa VII edición. Será os días 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro.

 

Un total de 12 locais faran as delicias dos paladares máis esixentes coas súas artes nas cociñas. Ademáis, para completar a oferta, a ACIA de Mondoñedo, promove o “1º Mercado Extraordinario“, que se desenrolara os días 30 de novembro e 1 de decembro no pavillón polideportivo Viñas da Veiga. 

Toda a información de ambos eventos, locais participantes, prezo das tapas, premios e horarios, téndelos nas imaxes ao pe destas liñas, que podedes ver a maior tamaño se facedes click enriba delas. 

Marcos_Candia

Cultura e Ocio © 2.013

Tapeando en Mondoñedo

A ACIAM mindoniense preséntanos a “VI Edición do Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo”

Os vindeiros días 23, 24 e 25 deste mesmo mes de novembro, os locais de hostalaría da cidade das mil primaveras, deleitararan aos seus clientes con deliciosos manxares, como xa ven sendo costume en todas as edicións deste concurso.

Na edición deste ano participaran 14 establecementos da cidade, con 2 tapas cada un ao prezo de 1,00 € por tapa. Haberá premios para a tapa máis tradicional, a máis creativa e a máis votada polo público.

Para exercer ese voto, cada local participante contará cunhas papeletas, a disposición dos seus clientes, para que podan escoller a tapa máis gustosa para eles. Unha vez cumprimentada, a papeleta deberá ser depositada na urna habilitada para tal efecto en cada local participante. Será de obrigado cumprimento selar a papeleta en 10 establecementos participantes, para que esta sexa válida. Entre todas as papeletas debidamente cumplimentas, con datos persoais, votos, e selos dos locais, a ACIAM sorteará un vale de 100,00 € para gastar en calquera dos locais asociados.

O horario de tapeo, para esta nova edición será das 20:00 as 23:00 h o venres e de 12:00 a 15:00 h pola maña e 20:00 a 23:00 h pola tarde o fin de semana. 

©Marcos Candia