Arquivos da etiqueta: Xincana de coches

III Rali de Clásicos e motos

Como xa comentabamos, na entrada onde se anuncian as festas dos Remedios, para esta vindeira fin de semán en Mondoñedo, teremos tamén a III edición do Rali de Clásicos e Motos, cidade de Mondoñedo. Para completar a información sobre o mesmo, traémosvos o cartel do evento así como o programa de actos do mesmo a desenrolar o sábado 8.

10:00 h – Comezo de inscripción de vehículos e persoas participantes na Praza da Catedral (é obrigatorio que todos os vehículos teñan toda a súa documentación en regra)

11:00 h – Comezo do rali de regularidade, saída dende a Praza da Catedral

13:00 h – Reunión de novo, de todos os participantes do rali na Praza da Catedral

13:30 h – Ruta barítima

14:45 h – Comida

17:00 h– Xincana na Praza da Catedral. Haberá xogos e obsequios para todos os nenos participantes. Ao remate da xincana tera lugar a entrega de premios e o emprazamento aos participantes para a próxima edición do rali.

©Marcos Candia