Arquivos da etiqueta: Xornadas

Leiras Pulpeiro, 100 anos despois

Esta pasada fin de semana celebráronse en Mondoñedo as “Xornadas Arredor de Leiras Pulpeiro“, como conmemoración ao 100 aniversario do seu pasamento.

Foron moitos os persoeiros da vida cultural galega os que se deron cita para honrar a memoria do “Médico dos Pobres” (sobrenome co que era coñecido Leiras Pulpeiro) en Mondoñedo.

Dende “Cultura e Ocio” queremos facernos eco da excepcional crónica sobre as xornadas que nos achega Armando Requeixo no seu blog.

©Marcos Candia

Xornadas arredor de Leiras Pulpeiro

Como xa adiantavamos cando falamos da entrega de premios do “I Concurso de Poesía Leiras Pulpeiro”, a cidade de Mondoñedo acollerá unhas xornadas sobre a figura do médico e poeta, Leiras, os días 9, 10 e 11 deste mesmo mes.

Ditas xornadas terán lugar na Casa da Xuventude do concello de Mondoñedo, e nelas participarán importantes persoeiros das letras e a cultura galega. Para poder participar nesta xornadas e preciso anotarse no Concello de Mondoñedo, xa sexa mediante o seu número de teléfono (982 524 003) ou enviando un mail a concellodemondonedo@yahoo.es, a matrícula e completamente gratuíta.

Nas seguintes imaxes tendes o cartel das xornadas, así como un díptico con todos os horarios e participantes de cada un dos actos, facendo click veredes as imaxes con maior tamaño.

©Marcos Candia